![]() |
Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: RELEVO
MAPA 2:RÍOS
Blog do departamento de xeografía e historia do IES Cidade de Antioquía
Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: MAPA FÍSICO EUROPA
MAPA 2: CORDILLEIRAS DE EUROPA
MAPA 3: RÍOS DE EUROPA
Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: RELEVO
MAPA 2: RÍOS DO MUNDO
Para os exipcios, os seres humanos estaban formados por un corpo e unha alma (ka). Crían que cando o corpo morría, o ka accedía á vida de ultratumba no reino de Osiris.
Para ser aceptado no reino dos mortos, o corpo debía permanecer incorrupto. Para iso, o defunto debía ser momificado, seguir un sofisticado ritual e presentarse perante o Tribunal de Osiris, guiado polo deus Anubis.
O estudo do pasado permítenos comprender o presente.
A historia organízase en idades, que son etapas de carácter sucesivo.
ETAPAS DA HISTORIA:
PREHISTORIA: É un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3000 a. C.). Divídese en tres etapas, atendendo ao material co que ditos utensilios foron fabricados: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais
IDADE ANTIGUA (3000 a. C. - 476 d. C.): Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.
IDADE MEDIA (476 d. C. - 1492 d. C.): Tras a caída do Imperio romano de Occidente, Europa fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo.
IDADE MODERNA (1492 d. C. - 1789 d. C.): Comeza co descubrimento de América e o renacemento Italiano, e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta e das monarquías absolutas.
IDADE CONTEMPORÁNEA (1789 d. C. ata a actualidade): Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, esténdense as formas democráticas de goberno e, xa no S: XX, teñen lugar as grandes guerras mundiais.
Podes descargar a presentación presentación que empregamos en clase facendo click AQUÍ
Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: PROVINCIAS
MAPA 2: COMUNIDADES
Para xogar fai click no AQUÍ
Un mapa meteorolóxico é unha representación gráfica do estado da atmosfera nun momento determinado e nunha determinada zona.
A continuación observa o seguinte mapa do tempo e indica:
Un mapa meteorolóxico é unha representación gráfica do estado da atmosfera nun momento determinado e nunha determinada zona.
A continuación observa o seguinte mapa do tempo e indica: