lunes, 13 de abril de 2026

1º ESO - A ARQUEOLOXÍA

Como se estuda a prehistoria?
Marta é unha arqueóloga que traballa cun equipo nunha escavación de tempos do Paleolítico. O seu obxectivo é recuperar os restos que contén o depósito para estudalos polo miúdo e explicar como vivían os seres humanos no pasado.
A arqueoloxía encárgase de rescatar e analizar os vestixios materiais (obxectos e monumentos) do pasado.
É unha ciencia imprescindible para coñecer a Prehistoria, un período no que non existía a escritura e do que, polo tanto, non temos documentos escritos.
O equipo de arqueólogos de Marta traballa nunhas escavacións nas que se atoparon restos dun campamento e dun enterramento, ambos os dous da mesma época do Paleolítico.

Que é un depósito arqueolóxico?
Un xacemento ou depósito arqueolóxico é un lugar que estivo habitado por seres humanos e no que se mantiveron, ata os nosos días, restos materiais das súas actividades.
Estes restos deposítanse en capas ou estratos superpostos, e cada un deles correspóndese cun período de ocupación. Os estratos máis fondos son os máis antigos.
Os seres humanos, a miúdo, habitamos nos mesmos lugares onde o fixeron as xeracións anteriores e construímos edificios sobre as ruínas doutros. No entanto, tamén hai lugares que se abandonan, e neles as edificacións van derrubándose e quedan cubertas de vexetación e terra.


Despois de ler estas liñas bótalle unha ollada ó video do link ( https://www.youtube.com/watch?v=lMxUBVQ68-Y ) e resposta a s sguintes preguntas: 

A) ¿Para que serve a arqueoloxía?

B) ¿En que consiste a labor do arqueologo?
C) ¿Coñeces algún xacemento arqueolóxico próximo á túa localidade? Indica o seu nome e os datos que coñeces a cerca del.  
D) ¿Por que coidas que é importante conservar o patrimonio histórico-artístico? 


1º ESO: ETAPAS DA HISTORIA


A historia é a ciencia encargada do estudo do pasado da humanidade. 

O estudo do pasado permítenos comprender o presente.

A historia organízase en idades, que son  etapas de carácter sucesivo.   

ETAPAS DA HISTORIA: 

PREHISTORIA: É un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3000 a. C.). Divídese en tres etapas, atendendo ao material co que ditos utensilios foron fabricados: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais

IDADE ANTIGUA (3000 a. C. - 476 d. C.):  Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.

IDADE MEDIA (476 d. C. - 1492 d. C.): Tras a caída do Imperio romano de Occidente, Europa fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo.

IDADE MODERNA (1492 d. C. - 1789 d. C.):  Comeza co descubrimento de América e o renacemento Italiano, e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta e das monarquías absolutas.

IDADE CONTEMPORÁNEA (1789 d. C. ata a actualidade):  Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, esténdense as formas democráticas de goberno e, xa no S: XX, teñen lugar as grandes guerras mundiais.

Podes descargar a presentación presentación que empregamos en clase facendo click AQUÍ