martes, 13 de octubre de 2026

1º BACH: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL A TRAVÉS DO CINEMA

Esta semana no blog da aula viaxamos no tempo. Deixamos por uns días os apuntamentos  e poñemos o foco na parantalla, a para aprender a través do cinéma, co visionado de  Daens (1992).

A película desenvólvese na cidade de Aalst (Bélxica) a finais do século XIX, e amosa con dun xeito crudo como se desenvolveu a Revolución Industrial en Alst, unha pequena cidade  industrial de Bélxica.

Máis aló das cifras e dos inventos que estudamos na clase, o filme permítenos ver a cara máis humana (e ás veces máis cruel) dese período histórico: as duras condicións de vida e traballo da clase obreira, a explotación infantil nas fábricas téxtiles, o nacemento dos movementos sindicais, a longa loita polo sufraxio universal, etc. 

Nas vosas mans tendes xa o dossier de traballo. Lembrade que o reto que vos plantexo  non consiste en facer un simple resumo do que pasa na pantalla; o obxectivo é que actuedes como auténticos historiadores e historiadoras. Deberedes coller os conceptos clave que revisamos na aula e usalos para analizar a realidade amosada a través do filme.

Temos a sorte de contar cunha versión moi especial para esta actividade. Queremos expresar o noso agradecemento ao profesor Francisco Ayén por poñer á nosa disposición a película e, sobre todo, por realizar unha excelente selección didáctica das escenas que mellor se adaptan aos contidos que estamos a traballar na aula.

Se precisades ver algunha escena extra podedes volver a ver o vídeo facendo click AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario