Unha enquisa
consiste en aplicar un cuestionario a un grupo de persoas para poder obter
información sobre un tema.
A información difúndese por medio dun reporte que consta de:
Introdución, que
explica para que se fixo a enquisa.
Desenvolvemento, que
representa os resultados mediante táboas e gráficas
Conclusións, que
resume a información obtida.
Unha enquisa realízase facendo unha serie de preguntas. Estas
poden ser:abertas ou pechadas, as preguntas abertas dan a liberdade de dar
calquera resposta. As preguntas pechadas contéstanse a partir de varias
opcións.
Os resultados dunha enquisa pódense presentar en táboas ou
gráficas.
As Táboas axudan a organizar os datos solicitados, as
gráficas permiten representar os datos numéricos mediante liñas ou superficies.
Táboa
Gáfica
Os cuestionarios compóñense de preguntas, que se escriben con
signos de interrogación ao final, nas
preguntas úsanse os pronomes interrogativos que? quen? como? onde? cal? cando?
Para presentar as conclusións dunha enquisa, é necesario explicar,
comparar e demostrar os datos obtidos. As palabras máis, menos, igual, algúns,
outros, tan, que, como e as frases tanto como, mentres que, en cambio, menos
que, igual que, máis que, maior que e menor que se usan en repórtelos de
enquisas para expresar comparación.
As enquisas poden ser
cara a cara, vía telefónica, por correo ou por Internet.
CAL
VAI A SER O NOSO TRABALLO?
Imos a facer unha mini enquisa aos nos@s familiares para
recabar datos sobre a Taxa de
fecundidade e a Idade de maternidade,
para ver como a idade de maternidade cada vez se retrasa máis e tamén ver como
o número de fillos por parellas cada vez é menor.
Recoméndovos
facer a enquisa aos vosos pais, avoas, tías etc. (obviamente via telefónica/correo
electrónico).
A enquisa ven con preguntas abertas, onde cada
persoa responderá o que estime oportuno. Nos non imos a realizar nin gráficos nin táboas xa que para iso teríamos que facer moitísimas enquisas en con máis preguntas.
Debedes extraer e explicar as conclusión que sacades tras a realización das enquisas.
Douvos eu a
plantilla neste link e dous
exemplos de enquisa. Podedes descargala facendo click AQUÍ
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE:
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes día 28. .
No hay comentarios:
Publicar un comentario