Como xa sabedes, un
mapa é a representación da superficie esférica da Terra sobre un plano, a
tamaño reducido e de forma simplificada.
Os mapas son nunha
ferramenta básica para o estudo xeográfico onde é moi habitual atoparnos con mapas
temáticos, representacións dun fenómeno xeográfico concreto: climas
da terra, a poboacón mundial, desenvolvemento urbano, etc...
Á hora de analizar un
mapa temático debemos realizar os seguintes pasos:
A) Identificar o
aspecto xeográfico que representa: Hai que ter en conta o título do mapa
B) Espazo xeográfico ao
que se refire : debemos realizar unha localización espacial (se é preciso coas
diferenciación de áreas e características de cada unha delas)/delas).
C) A forma de
proporcionar a información: Fixarémonos na lenda e nos símbolos e/ou ou
información que se recolle (poden aparecer de diferentes xeitos: puntos, liñas,
cores, tramas, etc.)
A partir aquí habería
que explicar a información que nos traslada, analizando os valores que nos
proporcionan, as diferencias e relacións entre distintas zonas do mapa (establecendo agrupacións por comunidades, por puntos
cardinales, interior-costa...), causas e consecuencias de dita situación, etc.
No seguinte vídeo,
podes ver unha breve explicación de tres minutos:
ACTIVIDADE:
Elabora unha comentario do mapa da distribución española (ano 2017) indicando:
A) Tipo de mapa
B) Localización (espazo xeográfico que abrangue o mapa)
C) Fenómeno xeográfico representado (explicación neste caso da densidade de poboación) D) Características da súa distribución: diferenzas entre áreas máis e menos poboadas, características de cada unha delas, posibles causas
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE:
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).
No hay comentarios:
Publicar un comentario