Como xa se dixo, BERNINI (1598-1680) é a figura culminante do barroco. Arquitecto, ecultor, dramaturgo e escenógrafo da Roma Barroca é o modelo de artista polivalente e triunfador que será recoñecido en vida como artísto do século. Aínda que por decisión papal dirixe todos os proxectos pontificios, el considerouse escultor sobre todo, un oficio que aprendera dende pequeño con seu pai.
Virtuoso do mármore era un artista excepcionalmente dotado. A perfección da súa técnica é extraordinaria conseguindo que o mármore se converta en carne, teas ou vexetais.
Bernini parte do estudo da escultura helenística e dela toma o movemento, a acción, o dramatismo e a violencia expresiva que tan ben cadran co temperamento barroco. A súa arte é capaz de darlle forma a claquera fantasía e de converter o imaxinado en realidade visible. Bernini pon a súa imaxinación ó servicio da retórica e e converte as súas obras en milagres que o espectador pode contemplar, un artificio case máxico que prepretende abraiar ó espectador.
Podes descargar os comentarios de "Apolo e Dafne" e o "éxtase de Santa Tareixa" facendo click no seguinte LINK.
No hay comentarios:
Publicar un comentario