miércoles, 6 de mayo de 2020

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO

EUROPA EN 1949

En Historia usamos constantemente MAPAS HISTÓRICOS pero estes moitas veces son obxectos aos que apenas miramos cando, en realidade, aportan gran cantidade de información.

O obxectivo desta práctica é analizar un mapa histórico e extraer a información contida nel para entender todo aquilo que nos contarno.

Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:

1.- Ler o título da ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa. 
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. 

Hai que ter presente que un mapa pode ben representar feitos que suceden nun
momento determinado (ano, década, século) ou ben ao longo do tempo (anos, décadas,séculos).

O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezan representadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.

En segundo lugar, O TEMPO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.

É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente.

A partir destas indicacións observa o mapa de Europa en 1949 e indica: 

A) Tema representado
B) Espazo xeográfico que representa
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Descripción da distribución xeográfica dos elementos descritos na lenda (podes ampliar o mapa facendo click sobre a imaxe)

E) Revisa a entrada correspodente do blog e os apuntes (AQUÍ) e fai unha breve explicación (comentario) das distintas áreas de influencia de cada bloque durante a guerra fría, tratando os seguintes aspectos: países implicados, alianzas militares, fundamentación ideolóxica, estratexia de disuasión, etc... 

F) Por último, observa o mapa de Europa na actualidade e indica os cambios máis destacables entre ambos (países existentes, fronteiras, etc...). 

EUROPA NA ACTUALIDADE

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes 12 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario