Despois da Segunda Guerra Mundial, a tensión entre EE UU e a URSS era patente. Nada máis rematar o conflito, o bloque capitalista e o comunista enredaronse nunha contenda estratéxica, coñecida como Guerra Fría, na que as dúas potencias nunca se enfrontarían directamente e utilizarían a terceiros nas súas refregas.
Con todo, os
contendentes atoparon na conquista do espazo un campo no que 'combater' de
maneira directa e demostrar que modelo social e político era superior: comezaba
a carreira espacial entre os adaíles do capitalismo e o comunismo.
Todo comezaba o 4 de outubro de 1957 cando a Unión Soviética lanzaba ao espazo o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial da historia. A noticia correu como a pólvora por EE UU e por todo o mundo.Sería o pistoletazo de saída para unha tola carreira que ocuparía os doce anos seguintes.
Os soviéticos tomaron
incicialmente tomaron ventaxe e lograban case todos os fitos espaciais antes
que os seus rivais americanos. A URSS mandou ao primeiro ser vivo ao espazo (a
cadeliña Laika), ao primeiro home (Yuri Gagarin) e á primeira muller (Valentina
Tereshkova).
A competición
converteuse en algo tan vital que os dous países non repararon en utilizar para
os seus proxectos espaciais a dous xenios de historiais turbias. Así mentres os
soviéticos deben gran parte dos seus éxitos a Sergei Pavlovich Korolev, rescatado do Gulag en 1945, os
americanos non chegarían á Lúa sen o traballo de Wernher von Braun, un alemán vinculado ó nazismo que deseñara as
bombas V-2 que bombardearan Londres durante a Segunda Guerra Mundial e que foi
"acollido" nos EEUU tras o conflito.
O presidente John
Fitzgerald Kennedy chegou á Casa Branca nun panorama moi turbulento. EE UU
necesitaba un golpe de efecto despois do deembarco da bahía de cochinos e
Kennedy fixouse nun programa xa iniciado, o Apollo: "Creo que este país
debería comprometerse a alcanzar o obxectivo, antes do final desta década, de
poñer un home sobre a superficie da Lúa e facerlle regresar á Terra san e
salvo", asegurou o presidente norteamericano ante o Congreso.
Para non deixar en
evidencia ao presidente Kennedy e o seu compromiso (que non caeu no
esquecemento tras o seu asasinato en 1963 ) EE UU destinou uns 5.000 millóns de
dólares anuais ao seu programa espacial durante aquela época. En 1967,
calcúlase que unhas 400.000 persoas traballaban para algún aspecto do programa
Apollo, xa fose para a NASA ou en empresas subcontratadas.
A misión Apolo 11
culminou o 20 de xullo de 1969 , cando os EE UU colocaron aos primeiros homes
na lúa: o comandante Neil Armstrong e o piloto Edwin F. Aldrin. Cando o módulo
Eagle alunizou no Mar da Tranquilidade as imaxes en vivo seguíronse en
televisión por uns 600 millóns de persoas. Coma se dunha épica produción
hollywoodiense tratásese, EE UU gañaba por K.O. á URSS no último asalto.
No seguinte vídeo podes
ver unha breve reportaxe da carreira espacial durante a guerra fría.
ACTIVIDADE:
Despois de ler o post e ver o vídeo, imaxina que eres un xornalista da que ten que escribir unha crónica para un xornal da chegada do home a lúa. Documentate e fai unha narración dunhas 15 liñas nas que relates (aportando detalles verídicos) o acontecemento. Podes ver un vídeo que fala do momento facendo click no seguinte LINK
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE:
Enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o luns 18 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario