Ó rematar a Segunda Guerra Mundial, o mundo estivo dividido
en dous bloques antagónicos, que representaban dúas formas opostas de organizar
a sociedade: ou bloque capitalista, liderado polos Estados Unidos, e o bloque
comunista, dirixido pola URSS.
A este período, coprendido entre 1945 e 1990, coñécese co
nomede Guerra Fría. A súa característica principal é a rivalidade entre as dúas
superpotencias que venceron na Segunda Guerra Mundial.
A tensión entre a URSS e os EEUU supuxo unha posibilidade apocalíptica:
si ambas usaban o seu arsenal atómico, a terra faríase inhabitable, sería a
apocalipse, o fin do mundo. Esta situación nunca chegou a facerse efectiva pero
viviuse un estado de tensión permanente con numerosas crises e sí se
enfrontaron indirectamnte en outros pasíses nos denominados conflitos
periféricos como os de Corea, Vietnam, Afganistán, etc...
A
continuación descarga o tema coas actividades correspondentes para traballar
competencias facendo click AQUÍ
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 10 minutos.
TRABALLO DE COMPETENCIAS: ELABORACIÓN DUN GLOSARIO.
Un
glosario é unha recompilación de definicións ou explicacións de palabras que
versan sobre un mesmo tema, ordenados de forma alfabética.
Despois de ler os apuntes elabora un glosario cos seguintes
conceptos, acontecementos e protagonistas da guerra fría. Se é preciso completa
a información en internet a través da páxina https://www.artehistoria.com/
Conceptos: telón de aceiro, OTAN, Pacto de Varsovia, guerras periféricas, disuasión nuclear, CIA, KGB, caza de bruxas, Plan Marshall, Estado do Benestar, perestroica, glásnost, Sputnik, Apolo 11, guerra das galaxias.
Protagonistas: Stalin, Truman, McCarthy, Tito, Yuri Gagarin, Kruschev, Kennedy, Ho Chi Ming, Fidel Castro, Ernesto Che Guevara, Mao Zedong, Ronald Reagan, Gorbachov, Boris Yeltsin.
Acontecementos: Crise dos Misís de Cuba, Guerra de Vietnam, Muro de Berlín (contrucióne caída), Golpe de estado de Chile, Crise da Canle de Suez, Guerra de Afganistán,
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES:
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o mércores 6 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario