martes, 28 de abril de 2026

1º ESO - A ODISEA DA ESPECIE: HISTORIA DA EVOLUCIÓN HUMANA

A Odisea da Especie é unha serie documental que ilustra a evolución humana desde aspectos científicos, a partir das evidencias mostradas polos xacementos arqueolóxicos. É a máis extraordinaria das aventuras: a historia da raza humana, desde os primeiros antropoides, fai 8 millóns de anos, pasando polo Australopithecus, o Homo Ergaster, O Neanderthal, ata o Homo Sapiens da era moderna, fai uns 10.000 anos.



Actividades: 

Despois de ver o vídeo, revisa o libro e elabora un eixo cronolóxico, ordeando os seguintes fitos da evolución humana:


- homo habilis

- control do lume
- australopithecus
- bifaz
- homo sapiens
- pinturas rupestres
- neandertais
- primeiros enterramentos

- homo erectus

1º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS : LIÑA DA EVOLUCIÓN HUMANA



O proceso de hominización é o conxunto de cambios biolóxicos que experimentaron algúns primates primitivos para evolucionar e dar lugar ós homes modernos. Os cambios máis importantes foron: a marcha bípeda, o aumento da capacidade cranial e do cerebro, a diminución da mandíbula e a aparición da linguaxe.

A causa foi a sucesión de mutacións xenéticas debido ós cambio climáticos e medioambientais. Despois dos cambios as especies peor adaptadas ao medio van desaparecendo, a isto chámase selección natural. Esta teoría fori formulada por primeira vez polo científico e naturalista Charles Darwin.

lunes, 13 de abril de 2026

1º ESO - A ARQUEOLOXÍA

Como se estuda a prehistoria?
Marta é unha arqueóloga que traballa cun equipo nunha escavación de tempos do Paleolítico. O seu obxectivo é recuperar os restos que contén o depósito para estudalos polo miúdo e explicar como vivían os seres humanos no pasado.
A arqueoloxía encárgase de rescatar e analizar os vestixios materiais (obxectos e monumentos) do pasado.
É unha ciencia imprescindible para coñecer a Prehistoria, un período no que non existía a escritura e do que, polo tanto, non temos documentos escritos.
O equipo de arqueólogos de Marta traballa nunhas escavacións nas que se atoparon restos dun campamento e dun enterramento, ambos os dous da mesma época do Paleolítico.

Que é un depósito arqueolóxico?
Un xacemento ou depósito arqueolóxico é un lugar que estivo habitado por seres humanos e no que se mantiveron, ata os nosos días, restos materiais das súas actividades.
Estes restos deposítanse en capas ou estratos superpostos, e cada un deles correspóndese cun período de ocupación. Os estratos máis fondos son os máis antigos.
Os seres humanos, a miúdo, habitamos nos mesmos lugares onde o fixeron as xeracións anteriores e construímos edificios sobre as ruínas doutros. No entanto, tamén hai lugares que se abandonan, e neles as edificacións van derrubándose e quedan cubertas de vexetación e terra.


Despois de ler estas liñas bótalle unha ollada ó video do link ( https://www.youtube.com/watch?v=lMxUBVQ68-Y ) e resposta a s sguintes preguntas: 

A) ¿Para que serve a arqueoloxía?

B) ¿En que consiste a labor do arqueologo?
C) ¿Coñeces algún xacemento arqueolóxico próximo á túa localidade? Indica o seu nome e os datos que coñeces a cerca del.  
D) ¿Por que coidas que é importante conservar o patrimonio histórico-artístico? 


1º ESO: ETAPAS DA HISTORIA


A historia é a ciencia encargada do estudo do pasado da humanidade. 

O estudo do pasado permítenos comprender o presente.

A historia organízase en idades, que son  etapas de carácter sucesivo.   

ETAPAS DA HISTORIA: 

PREHISTORIA: É un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3000 a. C.). Divídese en tres etapas, atendendo ao material co que ditos utensilios foron fabricados: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais

IDADE ANTIGUA (3000 a. C. - 476 d. C.):  Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.

IDADE MEDIA (476 d. C. - 1492 d. C.): Tras a caída do Imperio romano de Occidente, Europa fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo.

IDADE MODERNA (1492 d. C. - 1789 d. C.):  Comeza co descubrimento de América e o renacemento Italiano, e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta e das monarquías absolutas.

IDADE CONTEMPORÁNEA (1789 d. C. ata a actualidade):  Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, esténdense as formas democráticas de goberno e, xa no S: XX, teñen lugar as grandes guerras mundiais.

Podes descargar a presentación presentación que empregamos en clase facendo click AQUÍ

jueves, 29 de enero de 2026

1º ESO - COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO (2)

 


Un mapa meteorolóxico é unha representación gráfica do estado da atmosfera nun momento determinado e nunha determinada zona.

A continuación observa o seguinte mapa do tempo e indica: 


-  Principais  centros de acción (anticiclóns e borrascas) e frontes asociadas.

- Predicción do tempo por zonas

1º ESO - COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO

Un mapa meteorolóxico é unha representación gráfica do estado da atmosfera nun momento determinado e nunha determinada zona.

A continuación observa o seguinte mapa do tempo e indica: 


-  Principais  centros de acción (anticiclóns e borrascas) e frontes asociadas.

- Predicción do tempo por zonas


martes, 14 de octubre de 2025

1º ESO. O RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA

Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo de España.  A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: RELEVO

MAPA 2:RÍOS

1º ESO. REPASO: O RELEVO EUROPEO


Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo europeo. A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible... 

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: MAPA FÍSICO EUROPA

MAPA 2: CORDILLEIRAS DE EUROPA

MAPA 3: RÍOS DE EUROPA

1º ESO - O RELEVO DO MUNDO

Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo mundial. A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: RELEVO

MAPA 2: RÍOS DO MUNDO


lunes, 19 de mayo de 2025

1º ESO: AS CRENZAS FUNERARIAS DOS EXPCIOS


Para os exipcios, os seres humanos estaban formados por un corpo e unha alma (ka). Crían que cando o corpo morría, o ka accedía á vida de ultratumba no reino de Osiris.

Para ser aceptado no reino dos mortos, o corpo debía permanecer incorrupto. Para iso, o defunto debía ser momificado, seguir un sofisticado ritual e presentarse perante o Tribunal de Osiris, guiado polo deus Anubis.

Neste tránsito, colocábase na tumba do defunto un exemplar do Libro dos Mortos, que contiña unha serie de regras sobre como se debía comportar perante o Tribunal dos deuses. 

A continuación proponoche adentrarte no muno das crenzas do antigo exipto a través do traballo cun comic.   DESCARGA O COMIC e fai as actividades que veñen na última páxina. 

domingo, 18 de mayo de 2025

1º ESO - AS ORIXES DA ESCRITURA

A aparición da escritura aproximadamente cara ao 3500 a. C. supón o inicio da Historia.

Exipto e Mesopotamia serían as dúas civilizacións pioneiras na utilización da escritura. En principio, foi un instrumento que serviu para asuntos económicos e relixiosos, posteriormente estendeuse a outras utilidades. Chegaría a ser un elemento de distinción fronte a unha maioría social analfabeta.

A escritura en Mesopotamia chamábase cuneiforme, porque os seus signos empregados eran en forma de cuña. Escribíase sobre tablillas de arxila húmida e branda.

Un exemplo magnífico de escritura cuneiforme é o Código Hammurabi conservado no Museo do Louvre. Data do 1750 a. c , é un código de leis, redactado emposto en época de Hammurabi, rei babilonio. Trátase dun código onde se impoñen castigos durísimos.




A escritura en Exipto era a xeroglífica, como base utilizábase o papiro; aínda que tamén é certo que se chegou a utilizar para a decoración dos grazas á de templos e tumbas...




Hoxe día sabemos interpretar a escritura exipcia grazas á famosa Pedra Rosetta estudada por Champollion, conservada no British Museum en Londres. Este achado produciuse no s. XVIII d. c polas tropas de Napoleón. Era un decreto, escrito en tres linguas: grego, xeroglífico e demótico. Como se sabía traducir o grego, directamente empezouse a traducir o xeroglífico que ata ese momento era un enigma.


Estas civilizacións á hora de escribir nun principio utilizarían os chamados pictogramas, é dicir, especie de debuxos de obxectos que equivalían á cada cousa; despois na súa escritura introduciron os ideogramas, é dicir, signos que equivalerían a accións ou ideas abstractas; finalmente para completar a súa escritura utilizarían tamén os fonogramas, é dicir, signos que equivalerían a sons.



Serían os fenicios no S.X a.C. os que crearían unha escritura alfabética como a nosa. Nela, cada signo equivalería a un son.

ACTIVIDADES:

Despois de ler a teoría contesta as seguintes preguntas:
1.- Onde e cando xorde a escritura?
2.- Para que se empregaba orixinalmente a escritura.
3.- Explica as diferencias entre a escritura cuneiforme e a escritura xeroglífica.
4.- Quen e cando inventou a escritura alfabética?
5.- Escribe o teu nome en xeroglífico. Para elo fai click no LINK  e, como se foses un escriba, debuxa a traducción na túa libreta. 

miércoles, 12 de marzo de 2025

3º ESO: COMUNIDADES AUTÓNOMAS E PROVINCIAS DO ESTADO ESPAÑOL


Nos seguintes mapas Iinteractivos podes repasar as comunidades e provincias do estado español.  A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: PROVINCIAS

MAPA 2: COMUNIDADES

3º ESO: OS PAÍSES DE EUROPA


No seguinte mapa interactivo podes repasar os países de Europa e as súas capitais.  A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Para xogar fai click no AQUÍ

viernes, 29 de noviembre de 2024

PELÍCULA-SOCUMENTAL CAMBIO CLIMÁTICO: UNHA VERDADE INCÓMODA (2006)

No seguinte link podes visionar este documental sobre os efectos devastadores do cambio climático. 

O ex-vicepresidente norteamericano Al Gore mostra un contundente e preocupante retrato da situación do planeta, ameazado polo cambio climático derivado do quecemento global provocado polas inxentes emisións de CO2 por parte da acción do home.

Para acceder ó vídeo preme AQUÍ

jueves, 12 de septiembre de 2024

2 BACH. ARTE: diccionario de termos de arte ilustrado (galego)


No seguinte link podes acceder a á un diccionario de termos artísticos ilustrado en galego, adaptado ós novos criterios establecidos para as novas probas de acceso á universidade.   

Podes consultalo e descargalo, facendo click AQUÍ

2 BACH: CIUG ABAU 2025

 




A Comisión interunicersitaria de Galicia acaba de facer públicos, a relación de contidos examinables,  os modelos de examen  e os criterios de avaliación das novas probas de acceso á universidade (PAU). 

Podes comsultalos facendo click nos seguintes enlaces: 



martes, 11 de junio de 2024

2º ESO: PERSÉPOLIS


Persépolis é unha película baseada na novela autobiográfica da artista Marjane Satrapi, que viviu a revolución iraniana desde que era nena. Marji farache rir e ás veces farache chorar. 

Tenta ver a película poñéndote na pel do seu protagonista, empapándote das súas emocións e reflexionando sobre as súas vivencias.  

Unha vez  que remates de ver a película , propoñémosche  facer unhas actividades que che permitan  reflexiónar sobre conceptos como a liberdade, a tolerancia, a igualdade ou  o pensamento crítico. Conceptos dos que nunca deberías desprenderte como cidadán. 

Link para a película

Podes descargar o boletín facendo click AQUÍ

4º ESO: O HOLOCAUSTO


A Segunda Suerra Mundial foi o conflito máis cruento da historia da humanidade. As perdas en vidas humanas foron enormes. En total morreron entre 40 e 50 millóns de persoas. Os países máis afectados foron a Unión Soviética, con entre 17 e 20 millóns de mortos (10% da poboación); Polonia, con 5 millóns (15%) e Alemaña, con outros 5 millóns (6%). Mención a parte merecen as bombas atómicas lanzadas sobre Hiroshima e Nagasaki que mataron a 200.000 persoas, deixando ademáis graves secuelas físicas e psicolóxicas en moitos xaponeses.

Pero sen dúbida un dos feitos máis arrepiantes foi o xenocidio do pobo xudeo que se concretou no exterminio de 6 millóns de vítimas, a metade delas en Polonia.

A persecución e asasinato de xudeos, burocráticamente organizadas e auspiciadas polo estado nazi, denomínase Holocausto.

Que foi o Holocausto?

A ideoloxía nazi, dende a súa formulación no "Mein Kampf" (Adolf Hitler, 1925) tiña un compoñente profundamente antisemitista. Os nazis, crían que os alemáns eran unha “raza superior”, que os xudeus eran “inferiores” e que representaban unha ameaza para a denominada comunidade racial alemana.

Dende a súa chegada ó poder en Alemania en xaneiro de 1933, os nazis comezaron unha persecución sistemática dos xudeos. A segregación definitiva chegou coas Leis de Nuremberg (1935) que limiban os deitos políticos e civis da poboación xudea. Posteriormente, a partir da noite dos cristais rotos (1939) comezou o confinamento de xudeos nos guetos, que en realidade foron, máis ben, un lugar de tránsito cara os campos de concentración de Austria e a Republica Checa (xa ocupadas) nos que os prisioneiros eran explotados laboralmente con traballos forzados.

Co avance da guerra, na Conferencia de Wannsee, celebrada en Berlín en xaneiro de 1942, as SS (a garda elite do estado nazi) e os representantes dos ministerios do goberno alemán deseñaron a denominada “Solución final”, un plan para asasinar os xudeus de Europa que involucraría a 11 millóns de xudeus. Os xudeus alemáns e da Europa ocupada foron trasladados, por medio do ferrocarril, dos campos de traballo ós campos de exterminio situados na Polonia ocupada, onde eran asasinados. Os nazis tentaron disimular as súas intencións e por iso chamaban ás deportacións "reasentamento no leste". Ás vítimas dicíaselles que ían ser trasladadas a novos campos de traballo, pero en realidade era unha camiño cara a morte.

Foron numerosos os campos de concentración e exterminio abertos na europa ocupada pero entre todos destacan pola súa dureza o de Auschwitz, Treblinka, Mathausen e Dacahau, entre outros. No seguinte mapa podes ver a localización dos maís importantes.

Como balance pódese dicir que entre 1941 e 1944, as autoridades alemás nazis deportaron a millóns de xudeus de Alemaña, dos territorios ocupados a campos de exterminio, onde foron asasinados en cámaras de gas deseñadas especialmente para ese fin. As depoirtacións continuaron ata o 7 de maio de 1945, data en que as forzas armadas alemás rendéronse incondicionalmente aos aliados.

Os delitos cometidos durante o Holocausto foron xulgados nos Xuizos de Nuremberg (1946) onde moitos criminais nazis como Herman Goering, Rudolf Hess, entre outros, foron condenados por crímenes contra a humanidade.

SABÍAS QUE...  aproximadamente 9.000 ciidadáns españois exiliados da guerra civil estiveron en campos de concentración nazis? Está constatado que 4.427 deles foron asasinados en Mathaussen. Podes ler a súa historia facendo click na seguinte  NOTICIA.

4º ESO: ANÁLISE HISTÓRICO DUNHA FOTOGRAFÍA

A aparición da fotografía primeiro e, porsteriormente, o cinematógrafo, permitiron un importante cambio na forma de facer historia. Estes medios posibilitaron un achegamento directo á realidade histórica, polo que teñen un gran valor testemuñal e documental.

Así, hoxe en día a fotografía é valorada coma un documento que axuda a ilustrar un momento histórico concreto. É dicir, cando se fai unha foto, conxelamos un instante, capturando desta maneira a realidade , e esta imaxe pode ser un elemento de valor para analizar/entender a realidade histórica do pasado.

ACTIVIDADE: A continuación propoñémosche unha actividade a partir do traballo con fotografías da II guerra Mundial.

1.- Selecciona unha das fotografías.
2.- Describe a imaxe.
3.- Localiza o momento histórico que representa.
4.- Recopila a información e fai unha breve reseña do episodio e a sua relevancia no conflito bélico (8-10 liñas).

IMAXE1
Africa Korps en acción

 IMAXE2
Toma de Iwo Jima

 IMAXE3
Bombardeo de Dresde

IMAXE4
Soldado alzando a bandeira Soviética en Berlín

IMAXE 5
Batalla de Dunquerque

4º ESO: SEGUNDA GUERRA MUNDIAL


A Segunda Guerra Mundial (1939-1945) considérase o conflito bélico máis grande da historia. Ningún outro antes nin despois igualouno en grao de mobilización de recursos (materiais e humanos) nin en número de vítimas.

O inicio da guerra tivo a súa orixe no expansionismo nazi que se viu alentado polas consecuencias derivadas do Tratado de Versalles e a crise do 29, que as democracias occidentais foron incapaces de frear.

Paralelamente, Xapón fora profundizando na súa política imperialista en Asia e no Pacífico, rivalizando con outra gran potencia, EEUU.

Despois de ter analizado as causas da guerra en posts anteriores, podes descargar os apuntes que explican o desenvolvemento do conflito AQUÍ

ACTIVIDADES

1.- Elabora un cadro sinóptico no que analices os seguintes aspectos  da segunda guerra mundial. 

A) Causas.
B) Contendentes (bandos).
C) Fases e episodios importantes.

2.- Define os seguintes termos relacionados coa segunda guerra mundial:

Podes repasar facendo una kahoot. Fai click AQUÍ