O 23 de febreiro de 1917 produciuse unha gran manifestación en Petrogrado (nome eslavo que adoptara San Petersburgo en 1914), seguida dunha folga xeral e de motíns nos cuarteis. Era o inicio da Revolución Rusa.
A revolución Soviética foi, sen lugar a dúbidas un dos acontecementos de maior trascendencia do século XX. O triunfo dos bolcheviques supuxo a instautración da URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) o primeiro estado socialista da historia cuxa existencia se prolongou ata 1991.
Se fas click no seguinte vídeo podes ver un resumo rápido en menos de sete minutos.
1.- Explica os seguintes termos:
- Autocracia
- Soviet
- Bolchevique
- Kerenski
- Lenin
- Colectivización
2.- Despois de ler o texto e o libro de texto responde as seguintes preguntas;
Señor!
Nós, traballadores de San Petersburgo, as nosas mulleres, os nosos fillos e os nosos pais, vellos sen recursos, vimos, oh Tsar!, para solicitarche xustiza e protección. Reducidos á mendicidade, oprimidos, esmagados baixo o peso dun traballo extenuante, atafegados de ultraxes, non somos considerados como seres humanos, senón tratados como escravos que deben sufrir en silencio a súa triste condición, que pacientemente soportamos. Velaquí que agora se nos precipita ao abismo da arbitrariedade e a ignorancia. Asfíxiasenos baixo o peso do despotismo e dun tratamento contrario a toda lei humana.
Oh, Emperador! Somos máis de 300.000 seres humanos, pero só o somos en aparencia, debido a que en realidade non temos ningún dereito humano. Estanos vedado falar, pensar, reunirnos para discutir as nosas necesidades e tomar medidas para mellorar a nosa situación. Calquera de nós que se manifeste en favor da clase obreira pode ser enviado á prisión ou ao exilio. Ter bos sentimentos é considerado un crime, o mesmo que fraternizar cun desgraciado, un abandonado, un caído. (...)
Demandas dos obreiros ao tsar. Domingo Sanguento. 10 de xaneiro de 1905.
A) Cal era a situación das liberdades en Rusia a comezos do século XX?
B) Que demandan os manifestantes? En que contexto situarías tales demandas?
C) Como respondeu o réxime ante tales reivindicacións?
3.- Investiga quen foron os personaxes da fotografía e que papel desenvolveron na revolución Rusa e tempos posteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario