Durante o mes de marzo, co gaio da conmemoración do día da muller, o departamento de xeografía e historia puxo en marcha, no marco do plan de igualdade do centro e da biblioteca escolar, o proxecto "mulleres con historia" co fin de visiblizar o papel das mulleres na historia.
A idea era que as alumnas e alumnos, dende 1º da ESO ata 1º de BACH, se achegasen ás biografías de moitas mulleres e elaborasen, grupalmente, unha manualidade consistente nun televisor de cartón que lle devolvese o protagonismo que, en moitos casos, non se lles da nos libros de historia ás María Patiño, Valentina Tereshkova, Rosa Parks, Nancy Wake, Calpurnia Abana, Clara Campoamor, María Pita, Simone de Beauvioir, Frida Kalho, Lydmica Paulichenko ou Artemisa Ghentilleschi, entre moitas outras.
A súbita aparición da epidemia do COVID-19 impediu a exposición pública destes estupendos traballos pero o resultado foi, tal e como se pode apreciar nas fotografías, espectacular. É por iso que dende aquí queremos trasmitir os nosos máis sinceiros parabéns a todas e todos os participantes.
Á espera de recuperar a normalidade, e poder facer unha exposición pública no instituto, amosámosvos algunhas fotografías e enviámosvos unha aperta enorme a todas e todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario