miércoles, 30 de noviembre de 2022

CONECTA ARTE ANTIOQUÍA: TALLER DE ARTE RUPESTRE

Dende o día hoxe está exposto o traballo que fixeron as alumnas e alumnos de 1º curso de ESO  no Taller de Arte Rupestre celebrado a finais do pasado mes de abril, grazas o cal puideron experimentar, coas súas propias mans, o proceso de creación das primeiras manifestacións artísticas da historia de humanidade con pouco que envidiarlle ás/ós artistas de Altamira ou Lascaux. 

Parabéns polo traballo!

jueves, 24 de noviembre de 2022

25 de NOVEMBRO 2022

 


O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e dende o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres pola única razón de selo.

A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade e  que traspasa fronteiras, estando presente en tódolos países a nivel mundial. Tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre. 

No seguinte vídeo podedes ver distintas mensaxes contra á violencia de xénero e  reivindicacións  realizada polas alumnas e alumnos de segundo e terceiro curso de ESO e de primeiro de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e o traballo realizado.




domingo, 21 de noviembre de 2021

25 N: ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.



O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e desde o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres por razón do seu xénero.

A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade, tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre. 

 No seguinte vídeo podedes ver a actividade contra a violencia de xénero realizada polas alumnas e alumnos de segundo e terceiro curso de ESO e de segundo de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.

Porque educar en igualdade é construir un futuro mellor. 

Grazas a todas e todos pola vosa participación!


sábado, 1 de mayo de 2021

HORTA ESCOLAR: TALLER DE SEMILLEIROS

A principios de marzo, as alumnas e alumnos de 2º de ESO puxeron en marcha a  horta escolar do instituto no marco do programa Voz Natura.

A primeira actividade consistiu nun taller de semilleiros no que contamos coa inestimable axuda coa profesora  do Ciclo de Forestais  Carmen Míguez.

Nos próximos días subiremos un vídeo á páxina web do instituto.



1º ESO: AS ORIXES DA ESCRITURA

A aparición da escritura aproximadamente cara ao 3500 a. C. supón o inicio da Historia.

Exipto e Mesopotamia serían as dúas civilizacións pioneiras na utilización da escritura. En principio, foi un instrumento que serviu para asuntos económicos e relixiosos, posteriormente estendeuse a outras utilidades. Chegaría a ser un elemento de distinción fronte a unha maioría social analfabeta.

A escritura en Mesopotamia chamábase cuneiforme, porque os seus signos empregados eran en forma de cuña. Escribíase sobre tablillas de arxila húmida e branda.


A escritura en Exipto era a xeroglífica, como base utilizábase o papiro; aínda que tamén é certo que se chegou a utilizar para a decoración dos grazas á de templos e tumbas...


Na seguinte páxina podes esctibir o teu nome en xeroglifico. Podes acceder o link facendo click AQUÍ

miércoles, 21 de abril de 2021

CONECTA ARTE ANTIQUÍA: MUSAS E ARTISTAS


As alumnas de Hitoria da Arte do segundo curso de bacharelato, puxeron o seu gran de area para o Conecta Arte Antioquía con once imitacións de cuadros célebres nas que elas mesmas se converteron obras de arte.   O resultado foi sinxelamente espectacular. Parabéns a todas!!!

Podedes ler o reportaxe que publicaron hoxe no diario La Región facendo click neste LINK

A continuación podedes ver as fotos da exposición: 












jueves, 15 de abril de 2021

15 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA ARTE

 

Hoxe día 15 de abril é o Día Mundial da arte, unha conmemoración coa que se pretende poñer en valor a importancia que ten a arte para o ser humano e, sobre todo, o pensamento creativo.

A arte contribúe a desenvolver a creatividade das persoas, favorece a comprensión de novos códigos de expresión e o incide no desenvolvemento de actitudes que fomentan a tolerancia e o respecto cara ao descoñecido.

Por tal motivo, desde o Departamento de Xeografía e Historia do IES Cidade de Antioquía, queremos presentar hoxe un proxecto interniveles chamado "Conecta Arte Antioquía" que pretende achegar a comprensión das manifestacións artísticas e os seus procesos de creación ás alumnas e alumnos.

Nos proximos días daremos a coñecer algunha das propostas que estamos a levar a cabo.

lunes, 8 de marzo de 2021

2º ESO/3º ESO/1º BACH: MURAL DA IGUALDADE


Con motivo da conmemoración do 8 de marzo,  o Departamento de Xeografía e Histoira, levou a cabo, coa colaboración das alumnas e alumnos de 2º e 3º curso de ESO e de 1º de BACHARELATO  de humanidades, este mural que recolle varios lemas en prol da igualdade. 

Parabéns a todas e todos polo gran traballo!!!