Como en calquera relixión o templo exipcio representaba a casa do deus, pero, máis que entendido como simple morada, o templo debía ser indestructible xa que era a residencia de seres inmortais. Así, o templo construíase para albergar a imaxe do deus e como lugar no que os sacerdotes oficiaban os seus ritos.
A diferenza das relixións posteriores non era en absoluto un lugar de culto senón unha zona para albergar ao deus e de feito o pobo non podía acceder máis que a certas dependencias exteriores. O modelo básico estaba constituído por 3 zonas claramente diferenciadas; o patio, a sala hipóstila (de columnas) e as dependencias do deus, ademais da entrada, o pilono.
- Chegábase ao edificio por medio dunha longa avenida de esfinxes, que servía como corredor procesional cando se sacaba a estatua do deus nos días sacros.
- O edificio era rodeado por un sólido muro, que tiña como porta de entrada dúas especies de torres que flanqueaba o acceso, os pilonos. Decorábanse estes con relevos alusivos ao Deus obxecto de culto ou ao faraón que erixía a obra. Os pilonos posuían tamén mastros con bandeiras e estaban antecedidos por dúas obeliscos e talvez polas estatuas sedentes do faraón.
- Atravesando os pilonos accedíase a un gran patio porticado con columnas. Restrinxíase o paso a este espazo á multitude, podendo entrar só os grandes dignatarios e sacerdotes.
- De aquí pasaban á sala hipóstila só os sacerdotes e o faraón. Esta formábana numerosas columnas decoradas con relevos pintados. A penumbra invadía o recinto, posto que a luz só entraba a través de estreitas celosías de pedra.
- En último termo atopábase a residencia do deus, onde só podía acceder o faraón e os altos sacerdotes que atendían o seu culto. Este lugar era un conxunto de dependencias onde se gardaba a estatua, os obxectos de culto e as riquezas do deus.
ACTIVIDADE
A continuación prooñoche traballar a relixión e o templo exipcio a partir do análise dun comic.
No hay comentarios:
Publicar un comentario