miércoles, 6 de mayo de 2020

1º ESO - AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS II: EXIPTO


Exipto é un amplo deserto atravesado por un gran río, o Nilo, que nace nas chuviosas terras do lago Tanganica.

Nas terras de Exipto distínguense dúas rexións: o Baixo Exipto, un extenso val no delta, e o Alto Exipto, unha zona árida onde só é posible a vida na estreita franxa inundada polo río.

Ao longo do V milenio a.C., as tribos que vivían espalladas por todo o territorio concentráronse ás beiras do Nilo. Cara ao ano 3000 a.C., o rei Narmer unificou o Baixo e o Alto Exipto e coroouse faraón de ambos os dous reinos.  A partir daquela, o país estivo gobernado por sucesivas dinastías de faraóns (familias reais), que se mantiveron no poder durante máis de 2500 anos.

A continución descarga o tema coas actividades correspondentes para traballar competencias facendo click AQUÍ

No seguinte vídeo podes ver unha entretida explicación dos aspectos máis relevantes da civilización exipcia: 


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes 12 de maio. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario