lunes, 13 de abril de 2020

2º BACH (ARTE) - O IMPRESIONISMO I



Impresionismo  é o nome co que se designa  a un movemento pictórico  xurdido en  París no último térzo do S. XIX, cando un grupo de artistas inconformistas, cansos de ser rexeitados  polo “salón”, decidiron organizar unha exposición independente no ano 1874. Desa primeira mostra, na que están presentes Monet, Manet, Renoir e Degas, entre outros, acúñase o nome do movemento, curiosamente cando un xornalista o emprega de xeito despectivo para referirse ó aspecto inacabado do cuadro de Monet “Impresión. Amencer”.  

A pintura impresionista nace como unha evolución sen concesións do Realismo e da Escola paisaxística francesa de finais do século XIX.

O  estilo non deixa de plasmar as transformacións sociais e políticas da súa época:

Por unha banda, o florecemento da burguesía  como novo  grupo social emerxente que trae os seus propios usos e costumes: uns afectan o campo, que deixa de ser un lugar de traballo para converterse nun lugar de lecer. Estas son as excursións campestres retratadas por Monet e Renoir. A cidade, pola contra, convértese nun espazo para a nova clase social: aparecen os flanneurs, paseantes ociosos que  asisten a concertos nos boulevards e os xardíns de París. Tamén cobra relevancia a noite e os seus habitantes, os locais nocturnos, as cantantes de cabaret, o ballet, os cafés, etc. É un mundo fascinante, do cal os impresionistas extraen os seus temas, en especial Degas e Toulouse-Lautrec. Porque para eles termináronse os temas grandiosos do pasado. Por último, a industrilización e os seus efectos foi obxecto da obra de Monet en taboas como “ a estación de san lázaro” ou “impresión amencer” na que se amosan as atmósferas vaporosas das estacións de ferrocaril e os portos.

Precisamente as innovacións da industria, proporcionan ós artistas variados pigmentos e clases de pinturas que agora os pintores xa non teñen que preparar no seu estudo e bríndalle posibilidade (grazas a invención do óleo en tubo) de pintar ao aire libre que revela unha nova realidade, unha realidade chea de luz, grazas a cuxa proxección é posible a cor. 

As principais características da súa pintura  pódense resumir do seguinte xeito:

1)Preferencia pola pintura ao aire libre: Se exceptuamos a Degas e a Toulouse-Lautrec, que non pertence propiamente ao movemento, os impresionistas manifestan unha calase paixón pola natureza e pola pintura de plein air (aire libre) aspecto co que coinciden con outros movementos do século XIX (Romanticismo, Escola de Barbizon etc).

 2)Importancia da luz: As investigacións dos impresionistas sobre a cor lévanlles a abandonar o negro -que non existe na natureza- utillizando unha paleta clara e luminosa (rosas, brancos, azuis, rosas...) mesmo para as sombras. Posteriormente chegarán ao convencemento de que a cor non existe como tal senón que o importante é a interacción aire-luz. A súa obsesión é entón captar a luz real, a luz é o verdadeiro tema do cadro e non os obxectos.

3)Renovación temática: fronte á preocupación social dos realistas, o Impresionismo valora o banal, o cotián. Paisaxes, vistas urbanas, bailes, ballets, carreiras de cabalos... son os temas predilectos. En xeral abandónase todo compoñente literario, toda historia. Os cadros impresionistas non contan nada, limítanse a representar "o que está aí"

4)Teoría das cores: Os descubrimentos dos físicos Rood e Chevreul sobre a luz e a cor serán aplicados á pintura polos impresionistas que traballan a base de cores primarias e complementarias pero sen mesturalos na paleta. O pintor dispón sobre o lenzo as pinceladas e deixa que sexa o ollo do espectador o que as mesture e "reconstrúa" a luz.

5)Técnica: A técnica dos impresionistas caracterízase polas súas soltura e lixeireza, converténdose en técnica final o que antes se consideraba bosquexo. Nisto inspíranse na técnica de grandes mestres históricos ( Tizano, Velázquez, Rembrandt, Goya) en cuxas etapas de madurez aparece con frecuencia a factura lixeira e abocetada característica do impresionismo.

Hai con todo diferenzas entre os distintos pintores; desde a pincelada miúda e construtiva de Pisarro ou Monet ata a alongada e llameante de Van Gogh na súa última etapa, hai todo un mostrario de variantes que dan lugar mesmo a subgrupos dentro do impresionismo (como o " puntilllismo" practicado por Seurat ou Signac).

PRINCIPAIS PINTORES IMPRESIONISTAS

Edouard MANET (1832-1883) De formación tradicional ( viaxa a España e coñece a pintura de Velásquez e Goya) é considerado como precursor do impresionismo , aínda que non participase directamente no grupo. Obras claves: Almorzo na Herba e Olimpia.

Claude MONET (1840-1926); presenta todos os trazos ou características do movemento impresionista ao que se manterá fiel. Temas fundamentais : as paisaxes pintadas ao aire libre (rurais e urbanos). En realidade o seu auténtico tema é observar como a luz provoca cambios na cor e as formas que ás veces parecen case disolverse ( desaparecer . Por iso realiza “ series” que responden o desexo de pintar varias veces o mesmo motivo , pero a diferentes horas do día ou con luces distintas Entre as principais “series” atópanse: Estación de San Lázaro, Catedral de Rouen ou os nenúfares. 

Edgar DEGAS (1834- 1917). Mantén a importancia do debuxo. Prefire situar as escenas en interiores e con luz artificial. As súas composicións buscan captar o movemento . Temas bailarinas e carreiras de cabalo.

Auguste RENOIR ( 1841-1919.) Os seus cadros caracterízanse pola visión optimista e alegre da vida, por este motivo a diferenza doutros impresionistas case sempre está presente a figura humana e os efectos da luz sobre ela. Mestre en utilizar amplamente o contraste entre cores cálidas e fríos cunha técnica de toques Destacan as escenas da vida urbana, como “ Moulin da Galette “ ou os Remeiros.


Bertha MORISSOT (1841-1895) Desenvolveu unha carreira artística profesional durante máis de tres décadas. A súa pintura, moi ligada á súa propia vida e á das persoas que a rodeaban, mostra a súa contorna  cunha gran naturalidade. A pesar de que ata finais do século XX, a historia da arte relegara a súa historia e participación a un segundo plano, ambos o seu talento e habilidade, valéronlle o respecto e recoñecemento públicos dos seus colegas homes contemporáneos, sendo considerada“a gran dama da pintura” do século XIX.

A continuación podes ver un vídeo explicativo. 



A principal colección de obras de pintores impresionistas atópase no museo d'Orsay. Podes ver o seu catálogo facenclo click no LINK

2 ESO - MÚSICA E MOVEMENTOS MIGRATORIOS

Moitas veces as cancións inspíranse na realidade próxima. A continuación imos analaizar precisamente como as letras de distintas cancións relatan problemas da sociedade, neste caso, o drama dos movementos migratorios.

A continuación propoñovos duas alternativas: 

   a) Escoitar as duas cancións que figuran abaixo, elexir unha e escribir a letra.  Ó rematar facer un pequeno resumo do problema que trata.
   b) Buscar outra canción diferente que coñezas e/ ou che guste pero trate a mesma temática e escribir a letra. Ó rematar facer un pequeno resumo do problema que trata. 

1. CeltasCortos - El emigrante. 


2.- Chambao - Papeles mojados 



Recordade que o que nos interesa é a mensaxe que se transmite. 

miércoles, 1 de abril de 2020

1º ESO - A AVENTURA DA PREHISTORIA (COMPROBA O QUE SABES)


Benvidos á aventura da prehistoria! Este é un xogo para comprobar o que aprendiches durante estes días. Averigua cal sería o papel que ocuparías na prehistoria dentro da túa tribu en función do número de de respostas acertadas... chamán? guerreiro/a? rastreador? despiezador/a de mamuts? 

Revisa o blog (entradas de 1º ESO) e o libro de texto e responde ás preguntas. Nos próximos días dareivos as respostas correctas e en función do número de acertos averiguaredes cal é o voso roll. 

A que esperas para xogar? Descarga o cuestionario facendo click AQUÍ 


2º BACH - COVID 19: ESTAMOS ANTE UN MOMENTO HISTÓRICO?


Hai acontecementos disruptivos que cambian a historia dunha xeración e, sen dúbida, a pandemia do Coronavirus é xa o catalizador dun xiro no rumbo da Humanidade. Haberá feitos que profundicen e/ou modifiquen eses cambios, pero a pegada do Covid-19 será o comezo dun novo capítulo nos libros de historia que estuden quen naza nestes días.

O artigo que a continuación compartimos  analiza a xestion e impacto nos EEUU desta pandemia que está afectando a todo o planeta e esta supoñendo unha alteración radical da vida cotiá da maior parte da poboacón mundial. Podes lelo facendo click AQUÍ

No seguinte vídeo podedes ver tamén as reflexións de Noah Chomsky (uns dos pensadores máis reputados da actualidade) ó respecto:




2º BACH - GOYA E O NACEMENTO DO ARTE MODERNO


Os grandes xenios son sempre difíciles de clasificar. Habitualmente, eles marcan as pautas dun estilo concreto pero ás veces, e no caso de Goya máis, desvincúlanse do estilo característico do seu tempo. FRANCISCO DE GOYA E LUACES (1746-1828) pode ser considerado o primeiro pintor moderno xa que ademáis de reinterpretrar xenéros tradicionais, inventou un mundo figurativo persoal cunha visión propia e un estilo totalmente orixinal. Na súa obra, poden apreciarse precedentes de moitos dos -ismos contemporáneos: impresionismo na pincelada, expresionismo na distorsión das figuras, surrealismo no mundo oníco das pinturas negras...

Do mesmo xeito, resulta excepcional a súa evolución e versatilidade que o leva a dominar todos os xéneros. Comeza como pintor provinciano de temática relixiosa, triunfa cos seus cartóns para tapices de temáticas cortesáns, convértese en retratista de éxito da aristocracia ilustrada e da propia familia real, aborda o cadro histórico, toca a mitoloxía e inventa un universio visionario e grotesco nos seus caprichos e pinturas negras.

Podes revisar a súa biografía facendo click AQUÍ

Tamén podes ver algúns comentarios das súas obras facendo click nos seguintes links: 

A FAMILIA DE CARLOS IV
FUSILAMENTOS DO 3 DE MAIO
A CARGA DOS MAMELUCOS
PINTURAS NEGRAS

4º ESO - O ASCENSO DO NAZISMO E O FASCISMO ITALIANO


Despois de ler as páxinas do libro de texto correspondentes ó fascismo italiano (pax. 172-173) e o nazismo aleman (pax. 174-177)  e ver un vídeo explicativo facendo click no seguinte LINK, fai as seguintes ACTIVIDADES: 


1.- Quen eran os dous personaxes da fotografía? Explica brevemente a súa relevancia e as ideas que defendían? 


2.- Cómo alcanzou o poder Mussolini? Qué metodos utilizou? Con qué apoios contou para conseguilo? 

3.- Qué consecuencias tivo a crise de 1929 en Alemania? Explica como logrou  facerse co poder Adolf Hitler. 

4.- Define os seguintes termos: 

Partido Nacional Fascista
Antisemitismo Camisas negras
NSDAP Espazo vital Noite dos coitelos longos Noite dos cristais rotos
Reichstag
SS
Totalitarismo 

Xenofobia 


2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA) - O NACIONALISMO GALEGO


No seguinte documental podes ver a evolución do nacionalismo galego, dende as primeiras formulacións, alá pola década de 1840, ata as manifestacións máis recentes do escenario xeopolítico actual. 





2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA) - FRANQUISMO


Tal día como hoxe (1 de abril) de 1939 remataba a Gerra Civil española. O final da contenda deu paso a un período de brutal represión que se estendeu ata o ano 1942 e que  rematou, según estimacións dos historiadores, con 500.000 persoas en campos de concetración e 150.000 executados. Unhas cifras que estremecen por sí soas.  

Nos últimos anos son moitos os historiadores que se teñen centrado no estudo deste período, como Paul Preston (El holocausto español), José Babiano (Verdugos impunes), Carlos Hernández de Miguel (los campos de concentración de Franco) ou en Galicia, o profesor da Universisdade de Vigo, Julio Prada (La España masacrada: la represión franquista duralte la guerra y la posguerra). Os seus estudos tratan de arroxar luz a un dos períodos máis atroces da nosa historia. 

O artigo que compartimos a continuación pon sobre a mesa os  datos máis recentes das últimas investigacións. Podes acceder á súa lectura facendo click AQUí.


A brutal represión propicou que fosen moitos os "maquis" que tras a derrota da república se botasen ó monte para tratar de configurar unha fronte de resistencia antifranquista. No seguinte vídeo podes ver como se organizaron estas guerrillas que estiveron en activo durante aproximadamente unha década.