miércoles, 1 de abril de 2020

2º BACH - GOYA E O NACEMENTO DO ARTE MODERNO


Os grandes xenios son sempre difíciles de clasificar. Habitualmente, eles marcan as pautas dun estilo concreto pero ás veces, e no caso de Goya máis, desvincúlanse do estilo característico do seu tempo. FRANCISCO DE GOYA E LUACES (1746-1828) pode ser considerado o primeiro pintor moderno xa que ademáis de reinterpretrar xenéros tradicionais, inventou un mundo figurativo persoal cunha visión propia e un estilo totalmente orixinal. Na súa obra, poden apreciarse precedentes de moitos dos -ismos contemporáneos: impresionismo na pincelada, expresionismo na distorsión das figuras, surrealismo no mundo oníco das pinturas negras...

Do mesmo xeito, resulta excepcional a súa evolución e versatilidade que o leva a dominar todos os xéneros. Comeza como pintor provinciano de temática relixiosa, triunfa cos seus cartóns para tapices de temáticas cortesáns, convértese en retratista de éxito da aristocracia ilustrada e da propia familia real, aborda o cadro histórico, toca a mitoloxía e inventa un universio visionario e grotesco nos seus caprichos e pinturas negras.

Podes revisar a súa biografía facendo click AQUÍ

Tamén podes ver algúns comentarios das súas obras facendo click nos seguintes links: 

A FAMILIA DE CARLOS IV
FUSILAMENTOS DO 3 DE MAIO
A CARGA DOS MAMELUCOS
PINTURAS NEGRAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario