En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.
a
Blog do departamento de xeografía e historia do IES Cidade de Antioquía
En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.
Premendo no link podedes acceder á unha ruleta na que poderás comprobar os teus coñecementos a cerca do inicio da Idade Media (reinos xermánicos, Imperio Bizantino e Islam). Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes.
Para acceder só tedes que facer click AQUÍ
Entre finais do XVIII e 1848 producíronse unha serie de movementos revolucionarios que provocaron a desaparición do Antigo Réxime. A primeira delas foi a Revolución Americana, que deu lugar ao nacemento de Estados Unidos; pero a máis importante foi a Revolución Francesa, que serviu de modelo para todas as que chegarían despois.
No seguinte vídeo podes ver un documental daquel período tran trascendental para a historia da humanidade. Podes acceder ó mesmo facendo click AQUÍ
No seguinte link podes descargar os APUNTES (versión en castelán).
Premendo no link podedes acceder ó Kahoot correspondente ao tema do Antigo Réxime e a Ilustración . Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes.
Para acceder só tedes que facer click AQUÍ
HORTA ECOLÓXICA-EDUSOSTENIBILIDADE
Dentro do Proxecto Voz Natura "Sementando Futuro", levamos a cabo no noso centro unha horta ecolóxica, onde non usamos ningún tipo de produto químico , pesticida...
Quremos por en valor que é posible, unha producción sostible respetuosa co medio que nos rodea.
Unha das primeiras tarefas que levamos a cabo, foi un taller de semilleiros impartido pola nosa compañeira Carme Míguez, onde nos ensinou todos os trucos para facer uns bos sementeiros.
Cando as plantas creceron o suficiente, fixemos a plantación nas nosas gavetas. Dende entón, acudimos con asuididade a arrincar malas herbas, regar..
Xa rematamos o tema. Podes comprobar o que sabes facendo este Kahoot.
Para xogar fai click AQUÍ. Moita sorte!!!
Dende o día hoxe está exposto o traballo que fixeron as alumnas e alumnos de 1º curso de ESO no Taller de Arte Rupestre celebrado a finais do pasado mes de abril, grazas o cal puideron experimentar, coas súas propias mans, o proceso de creación das primeiras manifestacións artísticas da historia de humanidade con pouco que envidiarlle ás/ós artistas de Altamira ou Lascaux.
Parabéns polo traballo!
A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade e que traspasa fronteiras, estando presente en tódolos países a nivel mundial. Tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre.