Na Conferencia de
Yalta, celebrada ó final da II Guerra Mundial, as poténcia vencedoras
asistentes ( URSS, Estados Unidos e Gran Bretaña), decidiron volver citarse na
cidade de San Francisco (EE. UU.) para crear unha organización internacional
que evitase unha nova guerra, pedíndose a asistencia de Francia e China á beira
dos tres grandes. Nacía así a Organización das Nacións Unidas (O.N.U.) en abril
de 1945.
Os 55 estados
asistentes á Conferencia de San Francisco acordaron a creación de varios
organismos internacionais:
➢ A Asemblea Xeral: Fórmana todos os Estados membros,
tendo un voto cada un. Deliberan e toman decisións sobre asuntos de interese
xeral internacional.
➢ O Consello de Seguridade: É o órgano de maior poder decisorio.
Formaron parte del durante moitos anos 10 países elixidos e 5 permanentes (
URSS, Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia e China). Estes últimos tiveron
dereito a veto, o que
impedirá a toma de decisións que prexudiquen aos seus intereses.
➢ A Secretaría Xeral: Xuridicamente é a cabeza da ONU. A
súa máxima figura é o Secretario Xeral, que adoita ser un xurista ou un
diplomático de prestixio, e encárgase de actuar de árbitro internacional nas
zonas de conflito.
➢ O Consello Económico e Social: Encárgase, como o seu nome indica,
de asuntos socio-económicos internacionais, a través das súas numerosas
axencias, algunhas das cales son:
• Fondo Monetario
Internacional (FMI) • Banco Mundial
• Acordo Xeral sobre
Aranceis e Comercio Xeral ( GATT)
• Organización para a
Alimentación e a Agricultura ( FAO)
• Organización Mundial
da Saúde (OMS)
• Organización das
Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia (UNESCO).
➢ O Tribunal Internacional de Xustiza
(Tribunal da Haia): En teoría as súas
decisións deberían solucionar as disputas entre os Estados, pero moitas veces
non se acatan os seus ditames.
Na actualidade, máis de
200 Estados son membros da O.N.U. e aínda que moitos conseguiu evitar un novo conflito mundial, ás veces viuse
impotente para deter as numerosas guerras locais que sacudiron ao planeta. O
seu labor en favor da paz chocou, en moitas ocasións, cos intereses dos “ cinco
grandes” que vetaron decisións dirixidas a pacificar algunha zona de
enfrontamento, ou garantir o respecto aos dereitos humanos.
ACTIVIDADES
1.- Cando se creou a ONU? Con que obxectivo? Crees que o conseguiu? Xutifica a túa rsposta.
2.- Qué é o consello de seguridade? Que países forman parte del? Cres que é xusto que os membros permanentes teñan dereito a veto? Xustifica a túa resposta.
3.- Busca infromación a cerca das funcións dos seguintes organismos da ONU: Tribunal Internacional de Xustiza, Fondo Monetario Internacional, Organicación Mundial da Saúde, UNESCO, UNICEF.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE:
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 29 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario