Taxas
ou indicadores demográficos. Datos que usamos para ver as
características da poboación dun lugar e así poder facer comparacións con
outros lugares ou con outras épocas.
A
densidade de poboación serve para medir a concentración e a
distribución da poboación por zonas xeográficas. Calcúlase dividindo a
poboación que habita nunha zona pola extensión desa zona en Km2 .
A taxa
de natalidade: Calcúlase multiplicando o número de nados nun país durante un
ano por 1.000 e dividindo o resultado pola poboación total dese país. O
resultado está en base a mil (con este signo: ‰). Se é inferior a 15
considérase baixa, superior a 25 moi alta. As principais causas que explican
unha maior ou menor taxa de natalidade son as seguintes:
-As
guerras reducen a natalidade pero esta aumenta nos anos posteriores.
-Unha
situación de escaseza de recursos ou de riqueza dispoñible fai que a natalidade
sexa alta porque os fillos convértense na única fonte de ingresos.
-Unha
situación de alto nivel de vida fai que a natalidade sexa baixa xa que as
familias prefiren preservar o seu nivel de vida. Isto é posible grazas ao uso
de métodos anticonceptivos.
-A
chegada da un país de poboación inmigrante con maiores taxas de natalidade sobe
a media.
A taxa
de mortalidade: multiplicando o número falecidos nun país durante un ano por
1.000 e dividindo o resultado pola poboación total dese país. Usamos este
signo: ‰. Se é inferior a 10 é baixa, superior a 15 alta. As principais causas
que explican unha maior ou menor taxa de mortalidade son as seguintes:
-As
guerras aumentan a mortalidade.
-As
catástrofes naturais (secas, choivas torrenciais) reducen o abastecemento
alimenticio e isto fai que aumenten as enfermidades e por iso a mortalidade.
-Unha
mellora na alimentación reduce as enfermidades e por iso a mortalidade.
-Os
avances sanitarios reduce as enfermidades e por iso a mortalidade.
-A
ampliación da cobertura sanitaria a maior cantidade de poboación reduce a
mortalidade.
-Unha
maior porcentaxe de poboación anciá ten como consecuencia un aumento da
mortalidade. Como os anciáns teñen unha maior taxa de mortalidade, a media
aumenta.
As taxa
de mortalidade infantil: Calcúlase multiplicando o número dos
menores dun ano que falecesen ese ano por 1.000 e dividindo o resultado pola
cantidade total de nados ese ano. Usamos este signo: ‰. A taxa de mortalidade
infantil en países que teñen unha sanidade pública universal como España, é
menor que a taxa de mortalidade infantil en países que non teñen sanidade
pública universal como en Estados Unidos, xa que a cobertura sanitaria non
cobre a toda a poboación por igual.
A taxa
de crecemento natural: calcúlase restando as defuncións aos
nacementos, multiplicando isto por 100 e dividindo o resultado pola poboación
total. O resultado está en base a cen polo que usamos este signo: %. Se hai
máis nacementos que defuncións falamos de crecemento natural ou
vexetativo.
A taxa
da esperanza de vida: É a media de anos que viven as persoas
falecidas nun ano nunha zona determinada. As causas que explican as diferenzas
entre países son:
- Unha
mellor ou peor alimentación.
- Unha
sanidade máis ou menos avanzada tecnoloxicamente.
- Unha
sanidade con maior ou menor cobertura.
ACTIVIDADES
Despois de ler a entrada e revisar o libro de texto fai as seguintes actividades: pax. 181, act. 1,2,3,4 e 5.
No hay comentarios:
Publicar un comentario