viernes, 27 de marzo de 2020

2º ESO - EVOLUCION DA POBOACIÓN MUNDIAL



A cantidade total de poboación mundial ao longo da historia non deixou de aumentar. Ata o século XIX fíxoo de forma lenta, despois cada vez máis rápido.

Na segunda metade do século XX alcanza o seu maior crecemento por iso falamos de explosión demográfica.

En 1750 había 800 millóns de habitantes, en 1800 1000 mills., en 1850 1200 mills., en 1900 1600 mills., EN 1950 2500 mills., en 2000 6.000 mills. e en 2011 7.000 mills. .

A maior parte da poboación vive en Asia (59%) seguida de África (18%) América (12%) Europa

(10%) e Oceanía (1%).
A causa da explosión demográfica foi a revolución industrial e os cambios asociados a ela (revolución agrícola e melloras sanitarias). Para ver mellor a evolución da cantidade da poboación úsase unha gráfica lineal.

Os réximes ou modelos demográficos son as situacións de natalidade e mortalidade que se dan nunha zona nun momento determinado da historia. Os máis importantes son estes:

A) Réxime demográfico antigo preindustrial: altas taxas de natalidade e mortalidade, lento crecemento natural. É característico de países cun alto índice de pobreza e sen recursos

sanitarios, situación que se daba en Europa antes do século XIX.
B) Réxime demográfico de transición, ten dúas etapas:

- 1: descenso da mortalidade por melloras sanitarias e na alimentación, pero a

natalidade segue alta. Alto crecemento natural.
- 2: descenso da natalidade grazas á mellora no nivel de vida. Como a poboación quere mantelo fai uso de métodos anticonceptivos. Redúcese a pobreza, polo que a clase baixa decrece e a clase media pasa a ser a máis numerosa. Fréase o crecemento natural.

C) Réxime demográfico moderno: baixas taxas de natalidade e mortalidade, sen apenas crecemento da poboación.
Para analizar os réximes demográficos adóitase usar unha gráfica lineal na que se ve a evolución da natalidade e a mortalidade ao longo do tempo.


ACTIVIDADES 
Despois de  revisar o libro de texto fai as actividades 5,6 e 7 da pax. 183. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario