miércoles, 25 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - ESCULTURA BARROCA ESPAÑOLA



A escultura española do S. XVII foi impulsada mosteiros, parroquias  e cofradías, de xeito que se viu abocada a plasmar os ideais destas institucións relixiosas nun momento en que a doutrina contrareformista propugnaba unha linguaxe realista que o fiel comprendera e unha expresión emocional e dramática para incrementar a devoción. 

Ó contrario que acontece ne  Italia, onde se desenvólve unha escultura principalmente en mármore e bronce, en España haberá unha preferencia pola temática relixiosa en madeira.  Proliferan os retablos e as imaxes de culto que se poñen ao servizo da sensibilidade contrarreformista que tenta achegar ao crente a realidade do feito relixioso movendo a súa sensibilidade e excitando a súa devoción. O público ten que “vivir” as dores da Paixón e “sentir” aos Santos como personaxes reais (para iso o realismo que permite a madeira policromada resulta moi adecuado).

Así a principal característica é o tratamento realista e o fondo dramatismo expresivo pois a súa finalidade é “persuadir os homes á piedade e levalos a Deus”, por iso ha de empregar a linguaxe do verosímil para emocionar e conmover ós fieis. Para elo empregaranse todo tipo de elementos postizos: lágrimas e ollos de vidro, pelo natural, coroas e espadas de metal -ouro, prata-, dentes de marfil, ricas telas nas vestiduras ...

Débense diferenciar tres focos escultóricos con trazos propios. Neste século XVII dominan dúas escolas: a escola castelá, caracterizada polo patetismo, con centros en Valladolid (Gregorio Fernández) e, en menor medida, Madrid; a escola andaluza, de formas máis idealizadas, con centros en Sevilla (Martínez Montañés) e Granada (Alonso Cano). Xa no século XVIII destaca a escola levantina con centro en Murcia, máis colorista e amable, (Salzillo, introdutor dos beléns).

Como expoñente do estilo para as ABAU estúdase a Gregorio Fernández. Podes acceder ó coemntario da súa obra no seguinte LINK


2º BACH (XEOGRAFÍA) - REDE URBANA


Debido á dilatada historia da maior parte das cidades españolas, estas posúen elementos de época moi distintas, que lles confiren ás súas diferentes zonas un carácter diverso: o centro histórico, cos seus monumentos e rúas estreitas e tortuosas; os ensanches, de trazado regular; os arrabaldes, de crecemento desordenado; os desenvolvementos urbanos densos, en eidficación aberta; e as novas periferias, cada vez máis dispersas e fragmentadas.

Así pois, hai que comprenser a cidade coma un organismo en contínua evolución.Transfórmanse constantemente, non só polo seu crecemento cara ao  exterior, senón tamén polos procesos de reestruturación que teñen lugar no seu interior. As áreas urbanas expándense en superficie coma nunca antes o fixeran, coa creación de novos espazos residenciais e áreas de actividade económica

No presente tema ebordaremos as transformacións urbanas

Podes descargar  aquí o TEMA  e o VOCABULARIO

Se fas click no  LINK podes acceder a diversos prácticos 

No seguinte vídeo podes ver as novas perspecticas do urbanismo que parten das ideas de Cerdá: 



martes, 24 de marzo de 2020

2º ESO - INDICADORES DEMOGRÁFICOS



Taxas ou indicadores demográficos. Datos que usamos para ver as características da poboación dun lugar e así poder facer comparacións con outros lugares ou con outras épocas.

A densidade de poboación serve para medir a concentración e a distribución da poboación por zonas xeográficas. Calcúlase dividindo a poboación que habita nunha zona pola extensión desa zona en Km2 . 
    
A taxa de natalidade: Calcúlase multiplicando o número de nados nun país durante un ano por 1.000 e dividindo o resultado pola poboación total dese país. O resultado está en base a mil (con este signo: ‰). Se é inferior a 15 considérase baixa, superior a 25 moi alta. As principais causas que explican unha maior ou menor taxa de natalidade son as seguintes:
-As guerras reducen a natalidade pero esta aumenta nos anos posteriores.
-Unha situación de escaseza de recursos ou de riqueza dispoñible fai que a natalidade sexa alta porque os fillos convértense na única fonte de ingresos.
-Unha situación de alto nivel de vida fai que a natalidade sexa baixa xa que as familias prefiren preservar o seu nivel de vida. Isto é posible grazas ao uso de métodos anticonceptivos. 
-A chegada da un país de poboación inmigrante con maiores taxas de natalidade sobe a media.

A taxa de mortalidade: multiplicando o número falecidos nun país durante un ano por 1.000 e dividindo o resultado pola poboación total dese país. Usamos este signo: ‰. Se é inferior a 10 é baixa, superior a 15 alta. As principais causas que explican unha maior ou menor taxa de mortalidade son as seguintes:
-As guerras aumentan a mortalidade.
-As catástrofes naturais (secas, choivas torrenciais) reducen o abastecemento alimenticio e isto fai que aumenten as enfermidades e por iso a mortalidade.
-Unha mellora na alimentación reduce as enfermidades e por iso a mortalidade.
-Os avances sanitarios reduce as enfermidades e por iso a mortalidade.
-A ampliación da cobertura sanitaria a maior cantidade de poboación reduce a mortalidade.
-Unha maior porcentaxe de poboación anciá ten como consecuencia un aumento da mortalidade. Como os anciáns teñen unha maior taxa de mortalidade, a media aumenta.
     
As taxa de mortalidade infantil: Calcúlase multiplicando o número dos menores dun ano que falecesen ese ano por 1.000 e dividindo o resultado pola cantidade total de nados ese ano. Usamos este signo: ‰. A taxa de mortalidade infantil en países que teñen unha sanidade pública universal como España, é menor que a taxa de mortalidade infantil en países que non teñen sanidade pública universal como en Estados Unidos, xa que a cobertura sanitaria non cobre a toda a poboación por igual.

A taxa de crecemento natural: calcúlase restando as defuncións aos nacementos, multiplicando isto por 100 e dividindo o resultado pola poboación total. O resultado está en base a cen polo que usamos este signo: %. Se hai máis nacementos que defuncións falamos de crecemento natural ou vexetativo. 

A taxa da esperanza de vida: É a media de anos que viven as persoas falecidas nun ano nunha zona determinada. As causas que explican as diferenzas entre países son:
- Unha mellor ou peor alimentación.
- Unha sanidade máis ou menos avanzada tecnoloxicamente.
- Unha sanidade con maior ou menor cobertura.


Na seguinte táboa podes consultar as fórmulas que se empregan para cada taxa: 
ACTIVIDADES
Despois de ler a entrada e revisar o libro de texto fai as seguintes actividades: pax. 181, act. 1,2,3,4 e 5. 

1º BACH - SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (I)

A Segunda Guerra Mundial (1939-1945) considérase o conflito bélico máis grande da historia. Ningún outro antes nin despois igualouno en grao de mobilización de recursos (materiais e humanos) nin en número de vítimas.

O inicio da guerra tivo a súa orixe no expansionismo nazi que se viu alentado polas consecuencias derivadas do Tratado de Versalles e a crise do 29, que as democracias occidentais foron incapaces de frear.

Paralelamente, Xapón fora profundizando na súa política imperialista en Asia e no Pacífico, rivalizando con outra gran potencia, EEUU.

Foi unha guerra total cuxa principal vítima foi a poboación civil. Tivo carácter de guerra ideolóxica e racial, económica e civil xa que no interior dalgúns países os
fascismos foron moi duros.

No seguinte vídeo podes ver un documental con imaxes en cor do desenvolvemento da guerra en Europa.

 

ACTIVIDADES
Despois de ver o documental e revisar o libro resposta as seguintes cuestións: 
A) Que causas explican o estoupido d a II Guerra Mundial?
B) En que ideas se baseaba o expansionismo alemán? Que anexións levou a cabo? 
C) Que grandes fases se poden distinguir na guerra?
D) Como se manifestou a violencia nazi durante a guerra? 

2º BACH (ARTE) - ESCULTURA BARROCA ITALIANA



Como xa se dixo, BERNINI (1598-1680) é a figura culminante do barroco. Arquitecto, ecultor, dramaturgo e escenógrafo da Roma Barroca é o modelo de artista polivalente e triunfador que será recoñecido en vida como artísto do século. Aínda que por decisión papal dirixe todos os proxectos pontificios, el considerouse escultor sobre todo, un oficio que aprendera dende pequeño con seu pai. Virtuoso do mármore era un artista excepcionalmente dotado. A perfección da súa técnica é extraordinaria conseguindo que o mármore se converta en carne, teas ou vexetais. 

Bernini parte do estudo da escultura helenística e dela toma o movemento, a acción, o dramatismo e a violencia expresiva que tan ben cadran co temperamento barroco. A súa arte é capaz de darlle forma a claquera fantasía e de converter o imaxinado en realidade visible. Bernini pon a súa imaxinación ó servicio da retórica e e converte as súas obras en milagres que o espectador pode contemplar, un artificio case máxico que prepretende abraiar ó espectador. 

Podes descargar os comentarios de "Apolo e Dafne" e o "éxtase de Santa Tareixa" facendo click no seguinte LINK. 

lunes, 23 de marzo de 2020

1º ESO - PALEOLITICO E NEOLÍTICO

A Prehistoria é a etapa máis longa da evolución da humanidade. Abrangue dende a orixe da especie humana (hai máis de dous millóns de anos) ata a aparición da escritura (hai máis de 3500 anos).

Dúas son as etapas en que se divide a prehistoria en función do desenvolvemento tecnolóxico:

Idade de Pedra (utensilios feitos de pedra)
Idade dos metais (utensilios feitos de metal)

A idade de pedra divídese á súa vez en dous períodos:

Paleolítico (idade da pedra antiga) e Neolítico (nova idade de pedra). 
No paleolítico os humáns eran nómadas e adicábanse á caza e  a recoleción para subsistir. O neolítico suporá unha auténtica "revolución" na historia da humanidade pois as comunidades faranse sedentarias e comezan a adicarse á agricultura e a gandería.


Se fas click nos seguintes vídeos podes ver unha pequena explicación de cada un destes períodos



ACTIVIDADES: 

Despois de ver os vídeos e ler os apartados correspondentes do libro de texto responde no teu caderno ás seguintes preguntas:

1.- Que é o paleolítico? Cales eran as formas de vida dos humanos nesa época?

2.- Cómo e cando xurdirona agricultura e a gandería? En que época? Explica a grandes rasgos os cambios que introduce o neolítico nos modos de vida dos homes e mulleres. 

4 ESO - A REVOLUCIÓN RUSA

O 23 de febreiro de 1917 produciuse unha gran manifestación en Petrogrado (nome eslavo que adoptara San Petersburgo en 1914), seguida dunha folga xeral e de motíns nos cuarteis. Era o inicio da Revolución Rusa. 

A revolución Soviética foi, sen lugar a dúbidas un dos acontecementos de maior trascendencia do século XX. O triunfo dos bolcheviques supuxo a instautración da URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) o primeiro estado socialista da historia cuxa existencia se prolongou ata 1991.

Se fas click no seguinte vídeo podes ver un resumo rápido en menos de sete minutos. 


ACTIVIDADES

1.- Explica os seguintes termos:
-  Autocracia
-  Soviet
-  Bolchevique
-  Kerenski
-  Lenin 
-  Colectivización

2.- Despois de ler o texto e o libro de texto responde as seguintes preguntas; 

Señor!
Nós, traballadores de San Petersburgo, as nosas mulleres, os nosos fillos e os nosos pais, vellos sen recursos, vimos, oh Tsar!, para solicitarche xustiza e protección. Reducidos á mendicidade, oprimidos, esmagados baixo o peso dun traballo extenuante, atafegados de ultraxes, non somos considerados como seres humanos, senón tratados como escravos que deben sufrir en silencio a súa triste condición, que pacientemente soportamos. Velaquí que agora se nos precipita ao abismo da arbitrariedade e a ignorancia. Asfíxiasenos baixo o peso do despotismo e dun tratamento contrario a toda lei humana.

Oh, Emperador! Somos máis de 300.000 seres humanos, pero só o somos en aparencia, debido a que en realidade non temos ningún dereito humano. Estanos vedado falar, pensar, reunirnos para discutir as nosas necesidades e tomar medidas para mellorar a nosa situación. Calquera de nós que se manifeste en favor da clase obreira pode ser enviado á prisión ou ao exilio. Ter bos sentimentos é considerado un crime, o mesmo que fraternizar cun desgraciado, un abandonado, un caído. (...)

Demandas dos obreiros ao tsar. Domingo Sanguento. 10 de xaneiro de 1905.
A) Cal era a situación das liberdades en Rusia a comezos do século XX?
B) Que demandan os manifestantes? En que contexto situarías tales demandas?
C) Como respondeu o réxime ante tales reivindicacións?

3.- Investiga quen foron os personaxes da fotografía e que papel desenvolveron na revolución Rusa e tempos posteriores.



2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA) - COMENTARIO DE TEXTO FRANQUISMO


COMENTARIO DE TEXTO 

Os seguintes documentos deben permitirche elaborar unha redacción sobre a instauración e institucionalización da ditadura franquista. Nela debes abordar as seguintes cuestións: a súa caracterización ideolóxica, hostil á democracia; a liquidación dos sindicatos de clase; o pseudoparlamentarismo e a concentración de poderes; a eliminación das liberdades civís e políticas; os instrumentos e apoios que serviron ao franquismo na súa consolidación. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-Discurso de Francisco Franco (18 de xullo de 1938), en conmemoración do Alzamiento Nacional: 
“Correspóndenos a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura gravemente ameazadas polos principios roxo-comunistas (...). Á irresponsabilidade política dos partidos liberais, sucede a unidade da nosa Cruzada, organicamente constituída; a un Estado neutro e sen ideais, substitúelle o misional e totalitario, que orienta ao pobo sinalándolle o camiño (...). Hai que soldar ao pobo, dividido polos partidos, hai que unir medio século de separacións; hai que borrar os prexuízos da loita de clases; (...) hai que elevar os principios do Movimiento”.


Doc.2.-Lei sobre unidade sindical (31 de xaneiro de 1940):

“Tres son os principios que inspiran a Organización Nacional-Sindicalista prevista polo Fuero del Trabajo, reflexo fiel da organización política do Novo Estado, a saber: Unidade, Totalidade e Xerarquía. Haberá, pois, segundo precepto do Fuero, unha soa orde de sindicatos, nos cales serán encadrados todos os factores da economía por ramas da produción ou servizos. Artigo primeiro.-A Organización Sindical de F.E.T. y de las J.O.N.S. é a única recoñecida con personalidade suficiente polo Estado, quen non admitirá a existencia de ningunha outra con fins análogos ou similares”.


Doc.3.-Lei de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942):

“Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas xurídicas (...), o órgano que se crea significará, á vez que un eficaz instrumento de colaboración naquela función, principio de autolimitación para unha institución máis sistemática do poder (...).

Art. 1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas tarefas do Estado. É misión principal das Cortes a preparación e elaboración das leis, sen prexuízo da sanción que corresponde ao Xefe do Estado.

Art. 2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a)Os ministros. b)Os conselleiros nacionais de F.E.T. y de las J.O.N.S. c)O Presidente do Consello do Estado (...). d)Os representantes dos Sindicatos Nacionais. e)Os Alcaldes das cincuenta capitais de provincia (...). f)Os Rectores das Universidades (...). i)Aquelas persoas que pola súa xerarquía eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes servizos a España, designe o Xefe do Estado, en número non superior a cincuenta”.


Doc.4.-Fuero de los Españoles (17 de xullo de 1945):
“Art. 1.-O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a liberdade da persoa humana, recoñecendo ao home, en canto portador de valores eternos e membro da comunidade nacional, titular de deberes e dereitos (...).

Art. 2.-Os españois deben servizo fiel á Patria, lealdade ao Xefe do Estado e obediencia ás leis (...).

 Art. 6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. Ninguén será molestado polas súas crenzas relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras cerimonias nin manifestacións externas que as da relixión católica (...).

Art. 10.-Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato (...).

Art. 12.-Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten contra os principios fundamentais do Estado”