COMENTARIO DE TEXTO
Os
seguintes documentos deben permitirche elaborar unha redacción sobre a
instauración e institucionalización da ditadura franquista. Nela debes abordar
as seguintes cuestións: a súa caracterización ideolóxica, hostil á democracia;
a liquidación dos sindicatos de clase; o pseudoparlamentarismo e a
concentración de poderes; a eliminación das liberdades civís e políticas; os
instrumentos e apoios que serviron ao franquismo na súa consolidación. Lembra
que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha
composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os
coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
Doc.1.-Discurso
de Francisco Franco (18 de xullo de 1938), en conmemoración do Alzamiento
Nacional:
“Correspóndenos
a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura gravemente ameazadas
polos principios roxo-comunistas (...). Á irresponsabilidade política dos
partidos liberais, sucede a unidade da nosa Cruzada, organicamente constituída;
a un Estado neutro e sen ideais, substitúelle o misional e totalitario, que
orienta ao pobo sinalándolle o camiño (...). Hai que soldar ao pobo, dividido
polos partidos, hai que unir medio século de separacións; hai que borrar os
prexuízos da loita de clases; (...) hai que elevar os principios do Movimiento”.
Doc.2.-Lei
sobre unidade sindical (31 de xaneiro de 1940):
“Tres son
os principios que inspiran a Organización Nacional-Sindicalista prevista polo
Fuero del Trabajo, reflexo fiel da organización política do Novo Estado, a
saber: Unidade, Totalidade e Xerarquía. Haberá, pois, segundo precepto do
Fuero, unha soa orde de sindicatos, nos cales serán encadrados todos os
factores da economía por ramas da produción ou servizos. Artigo primeiro.-A
Organización Sindical de F.E.T. y de las J.O.N.S. é a única recoñecida con
personalidade suficiente polo Estado, quen non admitirá a existencia de
ningunha outra con fins análogos ou similares”.
Doc.3.-Lei
de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942):
“Continuando
na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas xurídicas (...), o
órgano que se crea significará, á vez que un eficaz instrumento de colaboración
naquela función, principio de autolimitación para unha institución máis
sistemática do poder (...).
Art.
1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas tarefas
do Estado. É misión principal das Cortes a preparación e elaboración das leis,
sen prexuízo da sanción que corresponde ao Xefe do Estado.
Art.
2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a)Os
ministros. b)Os conselleiros nacionais de F.E.T. y de las J.O.N.S. c)O
Presidente do Consello do Estado (...). d)Os representantes dos Sindicatos
Nacionais. e)Os Alcaldes das cincuenta capitais de provincia (...). f)Os
Rectores das Universidades (...). i)Aquelas persoas que pola súa xerarquía
eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes
servizos a España, designe o Xefe do Estado, en número non superior a
cincuenta”.
Doc.4.-Fuero
de los Españoles (17 de xullo de 1945):
“Art.
1.-O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á
dignidade, a integridade e a liberdade da persoa humana, recoñecendo ao home,
en canto portador de valores eternos e membro da comunidade nacional, titular
de deberes e dereitos (...).
Art.
2.-Os españois deben servizo fiel á Patria, lealdade ao Xefe do Estado e
obediencia ás leis (...).
Art.
6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español,
gozará da protección oficial. Ninguén será molestado polas súas crenzas
relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras
cerimonias nin manifestacións externas que as da relixión católica (...).
Art.
10.-Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de
carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato (...).
Art.
12.-Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten
contra os principios fundamentais do Estado”
Ola! Vamos a ter que enviarcho para que o corrixas?
ResponderEliminarOla, nos próximos días pásovos un correo para que o poidades enviar.
EliminarOla Diana, podes enviar o comentario de texto a este enderezo: xeohistoriacidade@gmail.com
Eliminar