A escultura española do S. XVII foi impulsada
mosteiros, parroquias e cofradías, de xeito que se viu abocada a
plasmar os ideais destas institucións relixiosas nun momento en que a doutrina
contrareformista propugnaba unha linguaxe realista que o fiel comprendera e
unha expresión emocional e dramática para incrementar a devoción.
Ó contrario que acontece ne Italia, onde se
desenvólve unha escultura principalmente en mármore e bronce, en España haberá unha preferencia pola temática relixiosa en madeira. Proliferan os retablos e
as imaxes de culto que se poñen ao servizo da sensibilidade contrarreformista
que tenta achegar ao crente a realidade do feito relixioso movendo a súa
sensibilidade e excitando a súa devoción. O público ten que “vivir” as dores da
Paixón e “sentir” aos Santos como personaxes reais (para iso o realismo que
permite a madeira policromada resulta moi adecuado).
Así a principal característica é o tratamento realista e o fondo dramatismo expresivo pois a súa finalidade é “persuadir os homes á piedade e levalos a Deus”, por iso ha de empregar a linguaxe do verosímil para emocionar e conmover ós fieis. Para elo empregaranse todo tipo de elementos postizos: lágrimas e ollos de vidro, pelo natural, coroas e espadas de metal -ouro, prata-, dentes de marfil, ricas telas nas vestiduras ...
Débense diferenciar tres focos escultóricos con trazos propios. Neste século XVII dominan dúas escolas: a escola castelá, caracterizada polo patetismo, con centros en Valladolid (Gregorio Fernández) e, en menor medida, Madrid; a escola andaluza, de formas máis idealizadas, con centros en Sevilla (Martínez Montañés) e Granada (Alonso Cano). Xa no século XVIII destaca a escola levantina con centro en Murcia, máis colorista e amable, (Salzillo, introdutor dos beléns).
Como expoñente do estilo para as ABAU estúdase a Gregorio Fernández. Podes acceder ó coemntario da súa obra no seguinte LINK
No hay comentarios:
Publicar un comentario