martes, 5 de mayo de 2020

2º BACH (ARTE) - O SURREALISMO


O Surrealismo naceu coma movemento literario en Francia encabezado por André Breton. No ano 1924 publicouse o "primeiro manifesto surreialista", un ano despois expúñanse as primeiras pinturas surrealistas. 

A pintura surrealista ten precedentes no mundo do Bosco, ou nos gravados de Goya, pero as súas influencias inmediatas proceden da arte dadá, da pintura  Chirico e da psicanálise de Freud.

O surrealismo tratará de plasmar o mundo do subconsciente, do onírico, o máxico e o absurdo, sen que interveña a razón para filtralo; desta maneira os soños colócanse no mesmo plano que a realidade e o cotián.

Atendendo a aspectos formais, no surrealismo desenvólvense dúas tendencias:

- A obra de pintores como  Miró, que presenta formas inventadas, dispostas en espazos imaxinarios, moi preto á abstracción
- A tendencia figurativa de Dalí ou Magritte, con formas académicas no que o inquietante e o onírico se manifesta a través da asociación absurda de obxectos e figuras.

JOAN MIRÓ 

O catalán Joan Miró desenvolve unha poética persoal baseada na creación de elementos figurativos propios, coloristas e con trazos inxenuos,que establecen relacións internas dentro da obra en composicións moi sinxelas, con poucos elementos, formas esquemáticas, tintas planas e ausencia de referentes espaciais. 



SALVADOR DALÍ 

Salvador Dalí é un dos autores clave do surrealismo figurativo. A súa pintura presenta unha técnica moi depurada, na que as figuras, realistas, case fotográficas, aparecen desprovistas do seu significado habitual; moitas das súas obras teñen un forte carácter provocativo. Desenvolve o método que el mesmo define coma crítico-paranoico, no que representa obxectos e persoas en asociacións insólitas, descontextualizadas, e sobre grandes espazos baleiros de atmosferas oníricas. Cadros coma A persistencia da memoria de 1931, exemplifican este proceso. Os temas xiran arredor das súas fobias e obsesións, polo que se repiten as referencias ao corporal, aos fluídos, á descomposición orgánica... Inclúe normalmente temas pictóricos, e certos motivos aparecen de maneira reiterada, dotados dun forte valor simbólico: reloxos, saltóns... Gala, a súa muller, tamén será representada en múltiples obras.


No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do surrealismo: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario