jueves, 7 de mayo de 2020

2º BACH (ARTE) - MARCEL DUCHAMP E O DADAISMO


O Dadaísmo xorde coma un movemento nihilista, como unha contestación total de todos os valores, incluído a arte mesma. Aparece case ao mesmo tempo, en 1916, en Nova York (Duchamp e Picabia) e Zúric ¡ e esténdese pouco despois a Berlín (Max Ernst). O caldo de cultivo do que xurdiu Dadá foi o desenvolvemento da I Guerra Mundial, que puxo en crise toda a cultura internacional.

Os dadaístas cuestionarán o valor da obra de arte realizando unha práctica artística antiartística, que buscará a polémica a ironía e a provocación coa fin de desmitificar todos os valores establecidos; na medida en que a arte carece de valor, calquera manifestación pode ser considerada arte.

Así pois non pretende instaurar unha nova relación entre a arte e o mundo, senón que pretende demostrar a imposibilidade e a non vontade de calquera relación entre a arte e a sociedade. A nivel formal, como consecuencia do anterior, se aceptarán tódalas técnicas e medios expresivos: O collage, a fotomontaxe ous os“Ready-made”.

 En 1918 Francis Picabia, un pintor francés, refuxiado en Suíza epublica o Manifesto Dada  no que expoñían as súas ideas sobre a arte

Marcel Duchamp é un dos pioneiros do Dadaísmo e a súa figura máis relevante. En 1913 ideou os ready made ou obxectos prefabricados (esculturas realizadas con obxectos xa existentes, vulgares), coas que quería pór fin ao desexo de crear obras de arte; ao escoller un obxecto no que o artista non interveu na súa realización, un obxecto corrente, fabricado en serie, o acto convertíase en algo premeditadamente desmitificador das categorías estéticas que pesaban sobre calquera obra de arte. Á "Roda de bicicleta" seguiron outros ready made, como  o urinario titulado "A Fonte" (na imaxe). En 1923 a súa obra mestra "Gran vidro" que constitúe unha das pezas máis enigmáticas do autor e de todo a arte contemporánea; realizada en pintura e arame sobre vidro, foi recibida con entusiasmo por parte dos surrealistas.

No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do dadaísmo: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario