Cezane, Gauguin e Van Gogh
Como xa se indicou, os
postimpresionistas non forman un grupo homoxéneo. Son pintores que parten
do impresionismo pero exploran novos camiños na arte, desenvolvendo miradas/estilos
moi persoais que constitúen unha ponte entre a pintura do XIX e as vangardas do
XX. Aínda que coinciden con moitos
plantexamentos dos impresionistas noutros
aspectos a súa arte e moi diferente. a continuación desglosamos as principais propostas:
GEORGE SEURAT (1859-1891)
Os estudos científicos sobre a
percepción foron uns dos fundamentos dos impresionistas. Esta liña científica
foi levada máis aló por Georges Seurat. A súa técnica recibe o nome de
puntillismo ou divisionismo, consiste na división dun ton (de cor) nos seus compoñentes
a base de pequeniños puntos de cores puras, que o ollo aglutina para formar a
cor final do artista. En lugar de mesturar as cores na paleta, estas mestúranse
opticamente na retina do espectador. Por exemplo en lugar de mesturar azul e
amarelo para aplicar unha cor verde, o pintor dispón puntos de azul e amarelo
por separado, que a certa distancia dan a sensación de verde.
Seurat elaborou esta teoría a
partir da que pintou "tarde de domingo na Grande Jatte". O tema do cadro é un
tema xa ben traballado polos impresionistas, unha escena en plena natureza, a
actividade que se desenvolvía no entorno do Sena unha tarde de domingo. A
Grand Jatte era un parque nas aforas de París, nas ribeiras do Sena. Seurat
acudiu alí para tomar notas, para logo rematar a obra no seu estudo, tardando
case dous anos en finalizala. Isto diferénciao claramente do impresionismo que pintaba os cuadros ó aire libre, o que fai que as obras puntillistas perdan frescura e inmediatez. Podes ver un comentario da mesma no
seguinte vídeo:
PAUL CEZANNE (1839-1906)
Cezanne interesouse por resaltar
as cualidades materiais da pintura. O seu interese polas formas xeométricas e a
luz prismática anticipou os experimentos do cubismo.
Cezanne aprendeu a técnica
impresionista con Pisarro pero a súa pintura vai máis alá do impresionismo. Cezanne da un paso fundamental que abrirá o camiño
ao arte do século XX ao considerar que as formas dos obxectos vense modificadas
polas dos obxectos adxacentes. A súa obra e froito dun arduo análise da
natureza, á que descompón para posteriormente reconstruíla. Pouco a pouco os obxetos constrúense en base a formas xeométricas puras (cilindro,
cono, esfera, cubo...) con volumen e contornos ben definidos. Abandona o convencional punto de vista único e
introduce a profundidade superpoñendo os planos.
Cando en 1907 (un ano despois de morrer) celébrase unha exposición retrospectiva da súa obra, Picasso, en quen influiu moito, dirá: “Cezane é o pai de todos nos”. No seguinte vídeo podes ver un resumo das súas obras:
Cando en 1907 (un ano despois de morrer) celébrase unha exposición retrospectiva da súa obra, Picasso, en quen influiu moito, dirá: “Cezane é o pai de todos nos”. No seguinte vídeo podes ver un resumo das súas obras:
PAUL GAUGUIN (1848-1903)
Tamén parte nos seus inicios do
camiño emprendido polos impresionistas, aínda que nunca tivo contacto directo co
grupo. A súa obra aposta pola forza emocional e o contido simbólico a través da cor. Vai máis aló da captación da inmediatez da sensación dos impresionista xa que para el o artista
debe reelaborar a percepción mediante a imaxinación e a memoria.
A cor, que estende en grandes
manchas planas, separadas por liñas negras, non copia a cor real, senón que é usada de xeito arbitrario para enfatizar determinado significado/mensaxe. Neste sentido considérase a Gauguin como
precursor do simbolismo e do fauvismo.
Gauguin rexeita a sociedade
europea que xurdiu tras a Revolución Industrial. Prefire o mundo primitivo onde
o home conservou a súa bondade natural e a súa inocencia, por iso abandona París
e marcha primeiro a Bretaña (zona menos industrializada de Francia) e despois a
Taití, onde morrerá arruinado polo alcohol e a sífilis.
No seguinte vídeo podes ver un breve repaso pola súa traxectoria:
VINCENT VAN GOGH (1853-1890)
A obra de Vincent Van Gogh está
definitivamente ligada ao seu drama persoal de profunda inadaptación
social.
Tras a súa chegada a París, Van Gogh, de orixe holandesa, entra en contacto
con aqueles pintores novos que están revolucionando o mundo da arte.
Iníciase no impresionismo influído por
Pisarro, pero pronto abandona esta forma de pintar pois é consciente de que a
pintura debe ir máis aló da impresión inmediata. É entón cando se traslada a
Arlés, onde pintará, entre 1888 e 1890, a maior parte da súa obra. O importante
para el é reflexar a realidade exterior pero mediatizada polo sentimento do
home que vive esa realidade. Por iso a súa pintura non pode desligarse da súa
propia vida (igual que como vimos no aso de Goya, precedente, igual que Van
Gogh, do expresionismo).
Van Gogh era un home de personalidade moi inestable, que sufriu frecuentes crises
nerviosas que lle levaron a enfrontarse con todos os que con el conviviron.
Todos os seus estados de ánimo quedan reflexados na súa obra mediante:
A cor: case pura, brillante e
contrastada, que non se axusta á cor natural, senón aos seus sentimentos. O
amarelo, que transmite alegría, utilízao na súa primeira época de Arlés, un dos
momentos máis felices da súa vida (Habitación de Arlés, Xirasois) mentres que
os azules escuros con toques negros e amarelos, abundan no seu momento de crise
(Noite estrelada, Igrexa de Auvers). (“non quero reproducir exactamente o que
teño diante dos ollos, senón que me sirvo arbitrariamente da cor para
expresarme con máis forza”)
A pincelada: grosa, moi marcada
e empastada, con fortes movementos ondulados, remuíños, círculos
concéntricos...Reflexa a súa mente atormentada, que deforma a realidade. Nas
súas obras máis tranquilas a pincelada faise máis ordenada, menos empastada e
algunhas cores esténdense de forma plana, separadas por liñas negras como facía
Gauguin.
O tema: para Van Gogh é calquera anécdota, pinta todo o que lle rodea, retratos dos seus veciños e
amigos, autorretratos, a súa habitación, a paisaxe próxima, as rúas e os cafés.
Pero sobre esa anécdota reflexa toda a carga das súas emocións.
No seguinte vídeo podes ver o comentario da "noite estrelada"
No hay comentarios:
Publicar un comentario