DIEGO VELÁZQUEZ (1599/1660) é probablemente a figura máis importante da pintura española de todos os tempos. Nel coincide a xenialidade cunhas circunstancias
propicias para desenvolver a súa arte, pois tivo a fortuna de poder levar a cabo unha carreira cortesá baixo a protección de Felipe IV, o que lle permitiu adicarse a pintar demorándose (e esmerándose) en cada lenzo.
Velázquez naceu en Sevilla en 1599. Aos once anos iniciou a súa aprendizaxe no taller de Francisco Pacheco onde permanecerá ata 1617, cando xa é pintor independente. Entre 1617 e 1623 desenvólvese a etapa sevillana, caracterizada polo estilo tenebrista, influenciado por Caravaggio, destacando como obras O Aguador de Sevilla.
Durante estes primeiros anos obtén bastante éxito o que lle permite trasladarse a Madrid, onde a súa maestría lle permite obter o título de Pintor do Rei Felipe IV, gran amante da pintura. A partir dese momento, empeza o seu ascenso na Corte española, realizando interesantes retratos do rei.
Tras poñerse en contacto con Rubens, durante a estancia deste en Madrid, en 1629 viaxa a Italia, onde realizará a súa segunda aprendizaxe ao estudar as obras de Tiziano, Tintoretto, Miguel Ángel, Rafael e Leonardo. En Italia pinta Fráguaa de Vulcano, regresando a Madrid dous anos despois.
A década de 1630 é de gran importancia para o pintor, que recibe interesantes encargos para o Palacio do Bo Retiro como A Rendición de Breda ou os retratos ecuestres da familia real. A súa pintura faise máis colorista destacandoobras mitolóxicas como A Venus do Espello ou escenas relixiosas como o Cristo Crucificado.
Paralelamente á carreira de pintor, Velázquez desenvolverá un importante labor como cortesán, obtendo varios cargos: Axudante de Cámara e Aposentador Maior de Palacio. Esta carreira cortesá restaralle tempo á súa faceta de pintor, o que motiva que a súa produción artística sexa, desgraciadamente, máis limitada.
En 1649 fai a súa segunda viaxe a Italia, onde demostra as súas excelentes calidades pictóricas, triunfando ante o papa Inocencio X, ao que fai un excelente retrato, e toda a Corte romana. Regresa en 1651 a Madrid con obras de arte compradas para Felipe IV. Estes últimos anos da vida do pintor estarán marcados pola súa obsesión de conseguir o hábito da Orde de Santiago, que supoñía o ennoblecimiento da súa familia, polo que pinta moi pouco, destacando As Hilanderas e As Meninas. Velázquez morre finalmente en Madrid ós 61 anos de idade, o día 6 de agosto de 1660.
No seguinte vídeo podes ver unha breve biografía do pintor:
Podes ver algúns comentarios das súas obras facendo click nos seguintes links:
AS MENINAS
A FRAGUA DE VULCANO
A RENDICIÓN DE BREDA
SABIAS QUE... o documental "el cuadro" (Andrés Sanz, 2019) sobre os enigmas e misterios das "meninas" gañou catro Premios Goya na edidicón de 2019. Podes ler información sobre o mesmo AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario