O concilio de Trento estableceu a necesidade didáctica da arte para
combatir a reforma protestante, amosando as verdades inmutables do catolicismo. A
pintura relixiosa non escapará desta premisa e elabora unha linguaxe realista, sinxela e
didáctica que puidese chegar clara e directamente ó fiel.
Froito deste naturalismo xurde unha nova iconografía que fomenta a Igrexa:
florecen os martirios as penitencias e os santos en éxtase para inducir á
devoción dos fieis. Esquécese a sublimación idealizante do século anterior e
extráense da realidade novas categoría coma o feo e vulgar para achegar así a
imaxe ós humildes (modelos populares).
Os trazos desta pintura barroca son os seguintes:
a) Realismo e naturalismo (modelos vulgares).
b) Iconografía, sobre todo,
relixiosa contrarreformista.
c) Uso “escenográfico” da luz con contrastes entre zonas de forte luminosidade (foco diagonal que entra normalmente por unha esquina do cadro) e outras zonas escuras que crean efectos de claroscuro que o tenebrismo usa maxistralmente para dramatizar as escenas
d) Composicións desequilibradas (contrarias á orde clasicista) con
diagonais e escorzos para dinamizar as imaxes.
e) Nova perspectiva, diferente á renacentista: o primeiro plano deixa
de acaparar a atención cobrando maísimportancia do resto cadro.
Michelangelo Merisi, alcumado il CARAVAGGIO (1571-1610) é , sen lugar a dúbidas, o principal representante da corrente tenebrista. Podes acceder ó comentario da súa obra no seguinte LINK
Se queres ver a súas pinturas AQUÍ
A continuación un breve comentario da "vocación de San Mateo" de artehistoria.
A continuación un breve comentario da "vocación de San Mateo" de artehistoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario