Post-impresionismo é o nome que se emprega para designar ós estilos pictóricos a de finais do século XIX e principios do XX posteriores ao impresionismo. O termo foi acuñado polo crítico británico Roger Fry con motivo dunha exposición de pinturas de Paul Cézanne, Paul Gauguin e Vincent van Gogh que se celebrou en Londres en 1910. O termo engloba pois diversos estilos persoais que xurden como unha extensión do impresionismo á vez que como un rexeitamento ás limitacións deste.
Cabe lembrar que o impresionismo iniciara unha transformación que cuestionaba o propio sentido da arte. A tradicional imitación da natureza deixara de ser a razón das creacións artísticas e as pinturas pasan a ser concebidas coma un xogo de pinceladas de cor onde o tema representado perdía importancia. Cando a partir de 1885 ten lugar a disolución do grupo pronto xurden novas propostas de artistas que partindo desta linguaxe impresionista exploran novos vieiros. Son os Van Gogh, Gauguin, Cezanne, Seurat, Toulouse Latrec, etc... que dende un punto de partida común van a ser referencias básicas das vangardas do S. XX: Cezanne anuncia o cubismo, Van Gogh o expresionismo e Gauguin o fauvismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario