jueves, 7 de mayo de 2020

2º BACH (ARTE) - MARCEL DUCHAMP E O DADAISMO


O Dadaísmo xorde coma un movemento nihilista, como unha contestación total de todos os valores, incluído a arte mesma. Aparece case ao mesmo tempo, en 1916, en Nova York (Duchamp e Picabia) e Zúric ¡ e esténdese pouco despois a Berlín (Max Ernst). O caldo de cultivo do que xurdiu Dadá foi o desenvolvemento da I Guerra Mundial, que puxo en crise toda a cultura internacional.

Os dadaístas cuestionarán o valor da obra de arte realizando unha práctica artística antiartística, que buscará a polémica a ironía e a provocación coa fin de desmitificar todos os valores establecidos; na medida en que a arte carece de valor, calquera manifestación pode ser considerada arte.

Así pois non pretende instaurar unha nova relación entre a arte e o mundo, senón que pretende demostrar a imposibilidade e a non vontade de calquera relación entre a arte e a sociedade. A nivel formal, como consecuencia do anterior, se aceptarán tódalas técnicas e medios expresivos: O collage, a fotomontaxe ous os“Ready-made”.

 En 1918 Francis Picabia, un pintor francés, refuxiado en Suíza epublica o Manifesto Dada  no que expoñían as súas ideas sobre a arte

Marcel Duchamp é un dos pioneiros do Dadaísmo e a súa figura máis relevante. En 1913 ideou os ready made ou obxectos prefabricados (esculturas realizadas con obxectos xa existentes, vulgares), coas que quería pór fin ao desexo de crear obras de arte; ao escoller un obxecto no que o artista non interveu na súa realización, un obxecto corrente, fabricado en serie, o acto convertíase en algo premeditadamente desmitificador das categorías estéticas que pesaban sobre calquera obra de arte. Á "Roda de bicicleta" seguiron outros ready made, como  o urinario titulado "A Fonte" (na imaxe). En 1923 a súa obra mestra "Gran vidro" que constitúe unha das pezas máis enigmáticas do autor e de todo a arte contemporánea; realizada en pintura e arame sobre vidro, foi recibida con entusiasmo por parte dos surrealistas.

No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do dadaísmo: 


miércoles, 6 de mayo de 2020

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO

EUROPA EN 1949

En Historia usamos constantemente MAPAS HISTÓRICOS pero estes moitas veces son obxectos aos que apenas miramos cando, en realidade, aportan gran cantidade de información.

O obxectivo desta práctica é analizar un mapa histórico e extraer a información contida nel para entender todo aquilo que nos contarno.

Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:

1.- Ler o título da ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa. 
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. 

Hai que ter presente que un mapa pode ben representar feitos que suceden nun
momento determinado (ano, década, século) ou ben ao longo do tempo (anos, décadas,séculos).

O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezan representadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.

En segundo lugar, O TEMPO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.

É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente.

A partir destas indicacións observa o mapa de Europa en 1949 e indica: 

A) Tema representado
B) Espazo xeográfico que representa
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Descripción da distribución xeográfica dos elementos descritos na lenda (podes ampliar o mapa facendo click sobre a imaxe)

E) Revisa a entrada correspodente do blog e os apuntes (AQUÍ) e fai unha breve explicación (comentario) das distintas áreas de influencia de cada bloque durante a guerra fría, tratando os seguintes aspectos: países implicados, alianzas militares, fundamentación ideolóxica, estratexia de disuasión, etc... 

F) Por último, observa o mapa de Europa na actualidade e indica os cambios máis destacables entre ambos (países existentes, fronteiras, etc...). 

EUROPA NA ACTUALIDADE

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes 12 de maio

1º ESO - AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS II: EXIPTO


Exipto é un amplo deserto atravesado por un gran río, o Nilo, que nace nas chuviosas terras do lago Tanganica.

Nas terras de Exipto distínguense dúas rexións: o Baixo Exipto, un extenso val no delta, e o Alto Exipto, unha zona árida onde só é posible a vida na estreita franxa inundada polo río.

Ao longo do V milenio a.C., as tribos que vivían espalladas por todo o territorio concentráronse ás beiras do Nilo. Cara ao ano 3000 a.C., o rei Narmer unificou o Baixo e o Alto Exipto e coroouse faraón de ambos os dous reinos.  A partir daquela, o país estivo gobernado por sucesivas dinastías de faraóns (familias reais), que se mantiveron no poder durante máis de 2500 anos.

A continución descarga o tema coas actividades correspondentes para traballar competencias facendo click AQUÍ

No seguinte vídeo podes ver unha entretida explicación dos aspectos máis relevantes da civilización exipcia


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes 12 de maio

martes, 5 de mayo de 2020

2º BACH (ARTE) - O SURREALISMO


O Surrealismo naceu coma movemento literario en Francia encabezado por André Breton. No ano 1924 publicouse o "primeiro manifesto surreialista", un ano despois expúñanse as primeiras pinturas surrealistas. 

A pintura surrealista ten precedentes no mundo do Bosco, ou nos gravados de Goya, pero as súas influencias inmediatas proceden da arte dadá, da pintura  Chirico e da psicanálise de Freud.

O surrealismo tratará de plasmar o mundo do subconsciente, do onírico, o máxico e o absurdo, sen que interveña a razón para filtralo; desta maneira os soños colócanse no mesmo plano que a realidade e o cotián.

Atendendo a aspectos formais, no surrealismo desenvólvense dúas tendencias:

- A obra de pintores como  Miró, que presenta formas inventadas, dispostas en espazos imaxinarios, moi preto á abstracción
- A tendencia figurativa de Dalí ou Magritte, con formas académicas no que o inquietante e o onírico se manifesta a través da asociación absurda de obxectos e figuras.

JOAN MIRÓ 

O catalán Joan Miró desenvolve unha poética persoal baseada na creación de elementos figurativos propios, coloristas e con trazos inxenuos,que establecen relacións internas dentro da obra en composicións moi sinxelas, con poucos elementos, formas esquemáticas, tintas planas e ausencia de referentes espaciais. 



SALVADOR DALÍ 

Salvador Dalí é un dos autores clave do surrealismo figurativo. A súa pintura presenta unha técnica moi depurada, na que as figuras, realistas, case fotográficas, aparecen desprovistas do seu significado habitual; moitas das súas obras teñen un forte carácter provocativo. Desenvolve o método que el mesmo define coma crítico-paranoico, no que representa obxectos e persoas en asociacións insólitas, descontextualizadas, e sobre grandes espazos baleiros de atmosferas oníricas. Cadros coma A persistencia da memoria de 1931, exemplifican este proceso. Os temas xiran arredor das súas fobias e obsesións, polo que se repiten as referencias ao corporal, aos fluídos, á descomposición orgánica... Inclúe normalmente temas pictóricos, e certos motivos aparecen de maneira reiterada, dotados dun forte valor simbólico: reloxos, saltóns... Gala, a súa muller, tamén será representada en múltiples obras.


No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do surrealismo: 


1º BACH/ESA - A GUERRA FRÍA II


Serie de catro capítulos sobre o enfrontamento político, ideolóxico, científico, tecnolóxico, cultural que, dende 1945 e ata 1989, mantiveron Estados Unidos e a Unión Soviética.

O primeiro aborda os primeiros anos da Guerra Fría, coincidindo coa presidencia de Truman e os últimos anos de Stalin, desde a óptica da propaganda, utilizada por ambas as superpotencias para desprestixiar ao contrario e enxalzarse a si mesmas.

O segundo céntrase nos anos cincuenta e os principios dos sesenta, coincidindo co goberno de Nikita Kruschev, que significou unha nova imaxe para a URSS en contraposición co seu antecesor Stalin.

O inicio da carreira espacial, a guerra sucia da CIA en Guatemala, a chegada de Castro a Cuba, o muro de Berlín e a crise dos mísiles de 1962, son os aspectos máis relevantes do episodio. Pero tamén aparecen aspectos como a loita polos dereitos civís da poboación afroamericana en EE UU.

CAPÍTULO I


CAPÍTULO II


lunes, 4 de mayo de 2020

4 ESO- TRABALLO DE COMPETENCIAS: EIXO CRONOLOXICO


Un eixo cronolóxico é un elemento útil para establecer as etapas dos procesos históricos e para destacar a sincronía no tempo, xa que permite ver claramente o encadenamiento e a coincidencia temporal que presentan feitos históricos relevantes.

O primeiro que imos facer neste tema é elaborar  precisamente un eixo cronolóxico e uns esquemas

A continación  facede  click no seguinte LINK  e ide á páxina duas para facer o eixo cronolóxico. 

Despois  copiade no voso cuaderno os seguintes esquemas:






LEMBRADE ENVIAR AS ACTIVIDADES A susiimoure@gmail.com. 
DATA LIMITE 11 DE MAIO.


2º BACH/ 1º BACH/ 4º ESO/ ESA - O ÚLTIMO SUPERVIVINTE DE MATHAUSSEN

Aproximadamente 9.000 cidadáns españois exiliados da guerra civil estiveron en campos de concentración nazis. A maior parte deles estiveron recluídos en Mathaussen onde  4.427 deles foron asasinados. 

No seguinte artigo podes ler a testemuña de Juan Romero, que con 101 anos é o último supervivinte español daquela barbarie. 

Podes ler a entrevista completa facenco click AQUÍ

3º ESO - A ARTE DO RENACEMENTO


Renacemento é o nome co que se denomina a unha nova concepción da arte que se desenvolveu nos primeiros séculos da Idade Moderna . Arquitectos, pintores e escultores entusiasmáronse co mundo antigo, e inspiráronse nel para crear uns novos modelos estéticos renacentistas.
O espírito humanista que transformou a forma de entender o mundo e rompeu cos modelos culturais da Idade Media tamén influíu na arte.
Ao igual que os humanistas, os artistas do Renacemento considerábanse os sucesores dos mestres grecorromanos e buscaron a inspiración a través da contemplación das obras e edificios da Antigüidade
Foi un tempo excepcional no que coinciden algúns dos grandes nomes da historia da arte como Leonardo Davinci, Miguel Anxo, Rafael ou Boticelli.
ACTIVIDADES
Despois de ler os apartados correspondentes do libro fai as actividades 1 e 6 da pax. 207.

No seguinte vídeo podes ver un documental das grandes creacións artísticas deste período.