Partindo dos antecedentes de finais do século anterior (Van Gogh, Cezane, Gauguin, etc.), na primeira metade do século XX xorden novas propostas artísticas, que suporán unha ruptura radical coas premisas básicas da tradición artística occidental, non só na súa vertente temática senón tamén na súa linguaxe formal e na reflexión sobre o valor da propia obra de arte.
Os concuvulsos acontecemento desta época (primeira guerra mundial, revolución rusa, crack do 29, auxe dos fascismo, etc...) marcarán un ritmo acelerado de cambios que vai paralelo a aparición de novas propostas artísticas, a miúdo de corta duración pero de gran forza innovadora. Son as denominadas VANGARDAS que abrirán novas vías á creación artística.
As Vangardas, a pesar das diferencias, compartirán un espírito de renovación que pasa por unha ruptura coa tradición artística do pasado, o rexeitamento aos valores establecidos polas elites socioculturais, e a concepción autónoma da obra da arte (o obxectivo das artes plásticas xa non é a representación da realidade).
París será a gran capital cultural de priincipios de século e alí inícianse no ano 1905 as vangardas coa aparición do Fauvismo; ao mesmo tempo xurdirá en Alemaña o Expresionismo e tras eles, o Cubismo (1907), o Futurismo (1909) e, posteriormente, a Abstracción (1910), o Dadaísmo (1924) e o Surrealismo; estes movementos sucédense ás veces paralelos no tempo e no espazo, e escapan á traxectoria dalgúns grandes artistas que participarán de varios deles sen renunciar á súa propia linguaxe artística.
Será o tempo dos Picasso, Kandinsky, Munch, Matisse, Dali e compañía...
No seguinte vídeo podes ver podes ver unha breve explicación do espíritu rupturista destes movementos artísticos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario