O ano 1907 é considerado o punto de partida dun dos movementos máis importantes de todos os tempos: o cubismo. Nese ano Picasso pinta As señoritas de Avignon, e George Braque L`Estaque, rompendo coas convencións espaciais tradicionais e inaugurando un modo novo de representación espacial.
Picasso e Braque, crean un linguaxe artístico completamente novo que en pouco tempo se converte nun referente. O seu punto de partida é a obra de Cezanne, pola combinación de puntos de vista pero sobre esta base, o cubismo representa unha revolución na linguaxe formal e unha ruptura clara e definitiva co sistema de representación espacial (visión monofocal...) herdado do Renacemento, e supón unha nova maneira de entender e representar a realidade. As principais características formais son:
-Desaparición da perspectiva, renunciando ao intento de representación da profundidade espacial.
- Representación simultánea dun obxecto dende varios puntos de vista (por exemplo, unha figura de fronte e de perfil), rompendo cun punto de vista único e a referencia a un espazo fixo e inmutable. As figuras fragméntanse en múltiples planos interrelacionados. -Incorpórase unha dimensión temporal (a cuarta dimensión) , xa que na mesma obra se representan aspectos correspondentes a momentos distintos.
-As cores, aplicadas arbitrariamente, son apagadas e austeras, e predominan os verdes, ocres e grises.
Neste movemento distínguense dúas etapas:
a) Cubismo analítico (1908-11), nos que Picasso ou Braque multiplican os planos de descomposición dos obxectos, explorando a construción da forma e a relación co espazo. Empregan cores apagadas.
b) Cubismo sintético (1912-14), etapa na que se reduce os obxectos ás súas formas e planos esenciais, e se incorporan elementos da realidade obxectual, como papeis e outros materiais, comezando a técnica do collage.
Xunto aos tres grandes artistas do movemento (Picasso, Braque e Juan Gris), o método cubista será empregado por outros pintores, como Fernande Léger, Robert Delaunay. Aínda que a duración temporal do cubismo é curta, este movemento exercerá unha grande influencia noutros movementos e vangarda como o futurismo, o neoplasticismo, o construtivismo, e na abstracción.
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 5 minutos:
A Obra de Picasso.
Pablo Ruíz Picasso, non só foi o máis importante pintor cubista senón o creador máis notable da arte contemporánea. A súa pintura non perdeu contacto cos acontecementos do século e en termos artísticos amosa unha indomable creatividade e liberdade artística contra todo convencionalismo.
Malagueño de nacemento, terá unha etapa inicial de formación académica desenvolvida entre A Coruña e Barcelona. Posteriormente trasloudase a París no 1900, e alí as dúas primeiras etapas da súa obra de madurez, o chamado período azul, no que emprega tonalidades frías que transmiten de maneira expresiva a sensación de desamparo e soidade e o período rosa, no que suaviza os tons e utiliza a temática circense.
A partir deste particular expresionismo dos períodos rosa e azul Picasso chegará ó Cubismo. A exposición de Cezane de 1907 dalle o pulo definitivo para acometer as Señorítas de Avignon, obra que marca o punto do novo estilo.
Malagueño de nacemento, terá unha etapa inicial de formación académica desenvolvida entre A Coruña e Barcelona. Posteriormente trasloudase a París no 1900, e alí as dúas primeiras etapas da súa obra de madurez, o chamado período azul, no que emprega tonalidades frías que transmiten de maneira expresiva a sensación de desamparo e soidade e o período rosa, no que suaviza os tons e utiliza a temática circense.
A partir deste particular expresionismo dos períodos rosa e azul Picasso chegará ó Cubismo. A exposición de Cezane de 1907 dalle o pulo definitivo para acometer as Señorítas de Avignon, obra que marca o punto do novo estilo.
Comeza a traballar con George Braque na descomposición sitemática das formas no denominado cubismo analítico ó que correspónden obras como Moza con mandolina, ou Retrato de Ambroise Vollard. En 1912, Picasso elabora Natureza morta con silla de reixa, na que utiliza un elemento, a reixa, que se engade fisicamente, igual ca o marco, que é unha corda real; inaugúrase así unha nova técnica, o collage, da que arranca a fase coñecida como cubismo sintético, na que os planos xeométricos simplifícanse.
Tras 1925 a influencia doutra vangarda, o surrealismo, abre unha etapa na que cubismo e surrealismo se funden nunha obra persoalísima na que a figura humana se metamorfosea cun forte sentido expresivo; tralo estalido da Guerra Civil en España, o artista aceptará o encargo do goberno da República e pintará o Guernica (1937); aquí Picasso pinta unha escena con forte carácter dramático, no que cada figura concentra expresividade e simbolismo. Despois da Segunda Guerra Mundial, a súa última etapa volve de novo a un mundo optimista, no que reflexiona pictoricamente sobre obras mestras do pasado (As Meninas).
No seguinte vídeo podes ver un documental que analiza a traxectoria artística de Picasso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario