O expresionismo foi un movemento cultural xurdido en Alemaña a principios do século XX, que se plasmou nun gran número de campos: artes plásticas, arquitectura, literatura, música, cinema, teatro, danza, fotografía, etc. A súa primeira manifestación foi no terreo da pintura, coincidindo no tempo coa aparición do fauvismo francés, feito que converteu a ambos os movementos artísticos nos primeiros expoñentes das chamadas vangardas históricas.
O termo expresionismo úsase para denominar aquelas obras de arte a través das cales o artista tenta expresar os seus sentimentos. Como en todos os movementos de vangarda, os artistas expresionistas rexeitan o pasado artístico inmediato e utilizan unha linguaxe formal nova, caracterizada, neste caso, por unha pintura figurativa pero antinaturalista, agresiva nas liñas e cores, e dura nas formas.
A primeira xeración impresionista ten o seu mellor representante no noruegués Eduard Munch (1863-1944), que para algúns autores é considerado o pai desta corrente. A súa pintura terá como tema recorrente a representación da soidade e da angustia do ser humano; os aspectos formais remarcarán a idea de dramatismo, na que prima a expresión subxectiva. Obras destacadas son O Berro, ou A danza da vida, Caracterizadas formalmente por:
-Debuxo case inexistente.
-As formas constrúense con cores, irreais, fortes, ferintes e contrastadas de maneira violenta.
-Predominio das liñas curvas, que reflicten a axitación da natureza
A partir de 1905 apareceron en Alemaña sendos grupos que impulsarán o desenvolvemeto do expresionismo. trátase de Die Brücke (A Ponte) fundado en dresde por Ernst Ludwig Kirchner e en Munich Der Blaue Reiter (O Xinete azul) en torno a Wasily Kandinsky.
O estoupido da Primeira Guerra Mundial, truncou a carreira de moitos destes artistas. Na posguerra e Otto Dix ou Georg Grosz, entre outros. desenvolveron un expresionismop pesimista que se reflicte nos temas, nos que a indixencia de persoas marxinadas é a protagonista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario