O fauvismo é considerado o primeiro movemento de vangarda do século XX. Xurde en torno a un grupo de pintores que expoñen as súas obras nos Salón de Outono de 1905 en París, onde a crítica os chama fauves (feras, en francés) pola intensidade coa que usan as cores. Non constitúen un grupo homoxéneo, nin comparten un ideario artístico preconcibido, pero en todos presentan unha serie de influencias dos pintores postimpresionistas (Van Gogh e Gaugin), dos simbolistas e da arte africana. A vida do grupo será efímera xa que partir de 1908 estes pintores continúan a súas traxectorias por separado.
Entre os trazos comúns cabe destacar:
-O elemento fundamental é a cor, aplicada de maneira arbitraria e subxectiva, en tintas planas e con fortes contrastes, cun carácter fortemente antinaturalista.
- En consecuencia rexeitan a paleta de tons naturalistas a favor das cores violentas para crear unha maior énfase expresiva.
- Empregan unha pincelada directa e vigorosa, con toques grosos, evitando mesturar as cores.
- As figuras son reprentadas con formas elementais e están contornadas por liñas grosas.
- Renuncian á perspectiva clásica, ao claroscuro e ao modelado dos volumes.
- Os seus temas son retratos, naturezas mortas, personaxes en interiores, paisaxes fermosas.
Os fauvistas desenvolven unha pintura figurativa pero antinatural, co que se evidencia a autonomía do cadro fronte á representación da realidade e o seu carácter creativo fronte ao imitativo nun momento no que medios como a fotografía xa desenvolvían ese papel.
O autores fauvistas máis destacados son André Derain, Maurice Vlaminck (As árbores vermellas) e Henri Matisse, considerado o guía do grupo. Algunhas das súas primeiras obras como "A Alegría de vivir", "muller con sombreiro" ou "a raia verde" son conisderadas auténticas obras-manifesto da nova pintura ao reivindicar o uso subxectivo da cor, aplicado de maneira contrastada e en tintas planas, e o uso da liña para delimitar formas simples e planos de cor. Tras 1908, emprenderá unha traxectoria persoal coa que experimentará co principio da cor única (Gran Interior vermello), ou a simplificación das formas, e o uso da liña curva (a danza).
No seguinte vídeo podes ver un vídeo que explica as principais características do facuvimo en menos de 5 minutos
No hay comentarios:
Publicar un comentario