FICHA TÉCNICA
Autor : Francesco BorrominiCronoloxía. igrexa 1638-1641, fachada 1665-1667
Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
Estilo: Barroco
Francesco Borromini foi o gran competidor de Bemini.
Revolucionario pero incomprendido non dispuxo, non obstante, de recursos
económicos, e as súas obras fundamentalmente foron igrexas de pequenas
dimensións e materiais pobres. Así e todo introduce elementos completamente
novedosos: plantas moi complexas (ovaladas ou estreladas) ,ondulación dos entablamentos
e cornixas con efecto de curvas e contracurvas, espazos interiores moi
dinámicos, etc...
Borromini sufriu co feito de que non se lle recoñecese
suficientemente e a súa vida acabou co suicidio. Fican para o recordo grandes
obras como San Ivo da Sapienza ou San Carlos das Catro Fontes, edificación que
precisamente nos ocupa e que foi o seu primeiro encargo en Roma depois de ter
colaborado con Madeno.
Trátase dun encargo efectuado pola orde de Trinitarios
españois. Os problemas de partida eran moitos: os Trinitarios, unha Orde
austera, contaban con poucos recursos; o espazo dispoñible era minúsculo
e irregular, estaba situado nunha confluencia de rúas -unha delas moi
estreita-, e ademais estaba alí, na esquina achaflanada, unha das catro fontes
dispostas por Sixto V. Contra todo esto loita Borromini e sae victorioso
creando un espazo novo e perfectamente adaptado a esos condicionantes.
A obra foi elaborada en dúas fases. Fixo primeiro o mosteiro e
logo a igrexa, mais como se terminou o diñeiro a fachada realizouse 20 anos
despois e aínda quedou inconclusa.
A planta é exemplo do barroquismo parte dunha elipse, con
segmentos cóncavos e outros convexos que crean un contorno sinuoso e movemento.
Os muros son moi dinámicos. Estan divididos en TRAMOS polas
grandes colunnas con capiteis de orde composta. Entre os tramos: nichos,
altares e tamén portas que dan ao mosteiro.
O entablamento formado por curva e contracurva rodea a
pequena igrexa , sobre el catro bóvedas de cuarto de esfera con casetones e
entre elas as catro pechinas decoradas con paneis ovalados e de alí parte a
cúpula oval con decoración de hexágonos e cruces que diminúen cara á lanterna
creando efecto de perspectiva.
A lanterna está iluminada con xanelas e na súa bovedilla o
símbolo da Santísima Trindade.
A fachada oi realizada casí 20 anos despois que a igrexa. .
Situada na confluencia de dúas rúas moi estreitas, casí facendo esquina, Borromini
realiza a arquitectura como modelándola.
Ten unha apariencia moi teatral e é exemplo de movemento e
dinamismo barroco debido ó xogo de curvas e contracurvas.
Pódense distinguir claramente dous niveis divididos
polo groso entaboamento que sostén a balconada, e tres corpos
verticais -corpos e rúas coma un retablo- marcados pola presencia de
columnas de orde xigante que introducen un ritmo ascensional na obra.. En
absoluto existe correspondencia entre esta estrutura externa e o interior,
preséntase como unha realidade independente do contido que alberga
Sendo toda a superficie dinámica polo xogo de curvas opostas
que crea marcados contrastes de luz, recalca as contraposicións en cada
nivel:
NIVEL INFERIOR:
- Rúas laterais cóncavas divididas en dous niveis con hornacinas.
- Rúa central convexa con dous niveis : porta e hornacina.
Nas columnas introduciu modificacións das ordes xónico e
corintio.
NIVEL SUPERIOR:
- Na
parte superior entablamento cóncavo interrompido por medallón cuxa forma oval
dá impulso ascensional á fachada.
- Rúas laterais cóncavas e na rúa central que é cóncava sitúa
unha unha especie de balcón ou edículo con adintalamiento convexo que parece
enlazar co nivel inferior,
Toda a fachada está repleta de elementos ornamentais que
fomentan nos nosos ollos a idea de movemento: a fonte, a hornacina coa estatua
de San Carlos, os nichos, a balaustrada, os medallóns, etc...
Con esta obra Borromini converteuse nun dos arquitectos claves do Barroco
caracterizado polo seu rupturismo coa tradición clásica polo gusto polo desequilibrio,
as liñas curvas e a preferncia polo óvalo menos estático que o círculo, o
movemento sinuoso, a teatralidade, o exceso decorativo, os xogos lumínicos,
etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario