domingo, 31 de mayo de 2020

1º BACH - O PROCESO DE CREACIÓN DA UNIÓN EUROPEA


Tras a segunda guerra mundial, e coa aparición da política de bloques, algúns paises europeos con Francia e Alemania á cabeza comezan a darlle voltas á posibilidade  de crear unha organización europea de cooperación que contribuíse á recuperación económica e  fomentase  a harmonía entre os distintos pobos, ó tempo que favorecese  a paz e o diálogo.  
A conferencia da Haia (1948) propuxo a creación do Consello de Europa, integrada por dez países: Bélxica, Francia, Luxemburgo, Países Baixos, Reino Unido, Irlanda, Italia, Dinamarca, Noruega e Suecia. O seu obxectivo era favorecer o progreso económico e social e promover os dereitos humanos e as liberdades fundamentais. Esta institución promoveu o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, que entrou en vigor en 1953.
Un segundo paso no proceso de unificación foi a creación, en 1951, da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), que establecía entre os seus membros un mercado único para estes dous produtos. Foi a primeira institución na cal os países integrantes (Francia, Alemaña occidental, Bélxica, Italia, Luxemburgo e Países Baixos) aceptaron a libre circulación de produtos e delegaron a súa xestión a un organismo común.
O Tratado de Roma e a creación da CEE
En 1957, os seis países membros da CECA asinaron o Tratado de Roma, que instituíu a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM). O seu obxectivo era a abolición das barreiras aduaneiras, a libre circulación de mercadorías, servizos, capitais e persoas entre os países membros e o desenvolvemento dunha política económica común.
O Tratado atribuíalles ás institucións comúns a competencia exclusiva en tres eixes da política económica: transportes, agricultura e comercio exterior. Durante a década de 1960 avanzouse na posta en práctica dunha Política Agrícola Común (PAC) e na mellora das redes de transporte.
A realización destas políticas apoiábanse nunha transferencia de competencias dos Estados cara á CEE e nun orzamento comunitario formado a partir dos ingresos monetarios que realizaban os Estados membros. Este orzamento actuaba como unha forma redistribuidora da riqueza, porque os países con maior renda achegaban máis para axudar ao crecemento dos menos avanzados.
Os éxitos da CEE propiciaron que un bo número de países solicitasen a súa integración. En 1973 asinaron a adhesión Irlanda, Reino Unido e Dinamarca. Grecia sumouse en 1981; España e Portugal en 1986, e Austria, Finlandia e Suecia, en 1995. A Europa dos Seis converteuse na Europa dos Quince.
A ampliación da Unión Europea
A comezos da década de 1990, no contexto da desaparición dos bloques e a progresiva imposición dunha economía globalizada, os países da Europa occidental acordaron outorgarlle un maior peso á Comunidade Económica Europea (CEE).
O Tratado de Maastricht
En 1992 avanzouse un paso máis co Tratado da Unión Europea (TUE), coñecido tamén como Tratado de Maastricht. Constitúe unha pedra angular no proceso de integración europea, pois por primeira vez dábaselle unha vocación de unidade política. O Tratado de Maastricht consagrou oficialmente o nome de Unión Europea (UE), e instaurou tres grandes eixes de políticas comúns:

> As políticas nas que os Estados cederon soberanía e adoptan decisións comunitarias: o mercado único, a unión monetaria, os fondos estruturais e de cohesión etc.
> As Políticas de Exterior e de Seguridade Común (PESC), fundamentadas na cooperación entre gobernos.
>As políticas en temas como terrorismo, inmigración, política de asilo, tráfico de drogas etc. A creación da Europol, xerme dunha futura policía europea, é un dos proxectos resultantes.
O Tratado creou, ademais, a cidadanía europea, que lles permite ás persoas circular e residir libremente nos países da UE, e establece o dereito a votar e a ser elixido no Estado de residencia para as eleccións europeas e municipais.
Entrou en vigor en novembro de 1993. Nel prevíase a súa propia revisión, á vista das sucesivas ampliacións da Unión. Deste xeito, en 1997, co Tratado de Amsterdam, afirmáronse os principios de liberdade, democracia e respecto dos dereitos humanos, e en 2001, o Tratado de Niza reestruturou todas as institucións europeas.

A Europa dos 28

O 1 de xaneiro de 1995 tivo lugar a cuarta ampliación da Unión Europea coa entrada de Austria, Finlandia e Suecia. Nacía a Europa dos Quince.
Así mesmo, tras longas negociacións para permitir que os países da Europa do Leste adecuasen as súas lexislacións ás esixencias da UE, en materia económica e en respecto aos dereitos políticos e sociais, o 1 de maio de 2004 produciuse a adhesión de dez novos Estados: Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, República Checa e Chipre; en 2007, sumáronse Bulgaria e Romanía; e en 2013, Croacia.
A Unión Europea converteuse nunha potente organización de 28 Estados, con realidades moi diferentes de tipo social, económico, histórico e político, pero co obxectivo común do compromiso democrático e o progreso económico.
A saída de Reino Unido este mesmo ano despois do Brexit,  abre numerosas dúbidas a cerca do fururo da UE. 
As institucións comunitarias
Desde a súa fundación, a CEE creou unhas institucións e unha lexislación comunitarias á vez que os países membros foron delegando unha parte da súa soberanía a estas institucións supranacionais.
Parlamento Europeo é a institución que garante a participación cidadá nas institucións da Unión. Os seus membros son elixidos polos cidadáns cada cinco anos, nunha cantidade proporcional á poboación de cada Estado. Reúnese en Estrasburgo (Francia) e en Bruxelas (Bélxica).



A moeda única, o euro

O Tratado da Unión Europea estableceu a Unión Económica e Monetaria, e creouse unha moeda única, o euro, para garantir a libre circulación de capitais.
O euro entrou en circulación o 1 de xaneiro de 2002 en once países da UE: España, Portugal, Italia, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemaña, Austria, Irlanda e Finlandia; aos que máis tarde se lles sumaron Grecia, Eslovenia, Malta e Chipre, sumando un total de 320 millóns de habitantes.
O Banco Central Europeo encárgase de coordinar as políticas económicas e de garantir o funcionamento da nova moeda.

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación do proceso de creación da Unión Europea: 

ACTIVIDADES: 
1.- Explica que países crearon a Unión Europea e explica cales se foron adherindo paulatinamente (indica ano e países). 
2.- Observa o esquema e explica cales son as principais institucións eropeas, indicando a súa finción. 
3.- Cando se  se produxo a introdución do Euro como moeda? Fala cos teus pais e avós e para ver que  ventaxas e desventaxas atoparon coa introducción da moeda única. 


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 

Enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 5 de xuño

4º ESO - A SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA (II)


A marcha de Alfonso XIII tras unhas eleccións municipais nas que os republicanos obtiveron unha gran cantidade de votos levou á abdicación do monarca e ao final da monarquía. Entre 1931 e 1936, España viviu nun réxime republicano (II República) que aglutinou as reformas máis progresistas xamais levadas a cabo na historia do país, e unha conflitividade social nunca antes vista.

A sublevación militar do 17 de xullo de 1936, co fin de dar un Golpe de estado militar, marcou o comezo da Guerra Civil (1936-39)


Despois de ver o video iremos as páxinas 192-199 do libro para realizar as seguintes actividades: 

Pax 193: act. 1,2,4. 
Pax 195: act. 1.
Pax 199: act. 2, 4, 5. 


LEMBRADE ENVIAR AS ACTIVIDADES A 
susiimoure@gmail.com. 
DATA LIMITE 8 DE XUÑO.

1º ESO - POBOS PRERROMANOS DA PENÍNSULA IBÉRICA: COLONIZACIÓNS E CULTURA CASTREXA



A disposición xeográfica da Península, entre dous continentes e entre dous mares, converteuna nunha encrucillada de camiños ou lugar de paso para moitos pobos durante a historia. A súa riqueza en metáis propiciou a chegada de numerosos pobos ó longo da primeira metade do I milenio a. C.


Os fenicios establecéronse sobre todo pola costa andaluza. Fundaron Eivissa (Ibiza), Gadir (Cádiz) ou Malaca(Málaga) entre outras. Trouxeron a escritura á Península.

Os gregos estableceron numeroas colonias pola costa catalá e valenciana ( Rhode, Emporion, Sagunto, Hemeroskopeion). Contan os seus historiadores que o reino íbero máis importante era o reino de tartesos, situado no val do Guadalquivir, pero aínda non se atopou a súa localización exacta. Trouxeron a moeda.

Os cartaxineses expandíronse pola península ibérica en busca de metais e soldados despois da primeira guerra púnica (século III a. C.). Controlaron as colonias fenicias e estendéronse pola zona de interior próxima (val do Guadalquivir e meseta sur). Cartago Nova (Cartaxena) foi a  capital dos dominios cartaxineses na Península.  Tamén fundaron ciudades como Leuke (Alacante) que os romanos rebautizaron como Lucentum.

Estes pobos colonizadores convivían con grupos autóctonos que reciben o nome de pobos prerromanos da península ibérica  pois eran pobos que xa se asentaran na península ibérica antes da chegada dos romanos. Non estaban unidos politicamente, senón divididos en tribos:

Pódense distinguir a grandse rasgos dos grandes grupos: Iberos e Celtas.Podes observar no mapa (fai click para ampliar) os distintos pobos que compuñan cada un dos grupos e as súas áreas de influencia.



Os celtas foi unha civilización que se extendeu por moitas rexións de Europa e falaban idiomas parecidos de tipo indoeuropeo: os britanos, os galos, etc. Cara ao 1.200 a. C. entraron na Península e ocuparon a zona norteoeste, central e oeste peninsular. As principais tribos de cultura celta na Península foron: galaicos, astures, cántabros, vacceos (Castela e León), carpetanos (centro) e lusitanos (Estremadura e Portugal). Vivían en castros, poboados fortificados de casas circulares. Introduciron o uso do ferro e esculpieron estatuas de animais en pedra chamadas verracos. Os seus sacerdotes chamábanse druídas.
Os íberos atopábanse xa na península ibérica antes da chegada dos celtas. Distribuíanse principalmente polo sur, polo leste e polo nordés da Península. Vivían en poboados amurallados con casas rectangulares. A maior parte das tribos íberas entraron en contacto coas civilizacións fenicia e grega, das que tomaron a escritura e o estilo artístico. As principais tribos íberas foron: indigetes (Xirona), layetanos (Barcelona), vascones/ aquitanos (fonte), edetanos (Valencia), contestanos (Alacante) basetanos (Murcia e Almería) turdetanos ( Andalucia) onde se formou o mítico reino de Tartesos por influencia dos fenicios

En Galicia destaca a denominada cultura castrexa que foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica  (GAlicia e norte de Portugal) que durou desde o século VIII a.C. ata o século I d.C. A súa característica máis notable é a organización en  poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome. 

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais célticas e indoeuropeas. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior.

Tras a chegada dos romanos, a partir do século I d. C., a cultua castrexa iniciou un proceso de aculturación e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da conquista roman e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación da cultura castrexa: 

ACTIVIDADES: 
1.- Qué pobos colonizaron a península ibérica no I milenio a.C.? Indica algúnhas das principais cidades que fundaron.
2.- Observa o mapa e fai un esquema no que agrupes os principais pobos celtas e íberos que poboaban a península ibérica antes da chegada dos romanos. 
3.- Fai click AQUÍ e  descarga os apuntes para aprender máis da cultura castrexa. A continuación responde as seguintes preguntas: 
A) Qué é un castro? 
B) En qué zonas se localizan os castros?
C) Eran Celtas os habitantes dos castros? 
D) Cales son os castos máis importantes de Galicia?
E) Estiveches en algún Castro? Indica cal ou cales

domingo, 24 de mayo de 2020

4 ESO - A SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA


14 de abril de 1931 Se proclama la Segunda República Española ...


A monarquía quedara moi desprestixiada tras o apoio desta á Ditadura de Primo de Rivera. Consciente da gravidade do momento e falto de apoios, Alfonso XIII manda formar goberno ao Xeneral Dámaso Berenguer.

A oposición política ilegalizada durante a Ditadura, asinou o Pacto de San Sebastián (1930). O Pacto implicou a creación dun comité revolucionario, composto por Alcalá Zamora (que o presidía), Miguel Maura, Marcelino Domingo, Indalecio Prieto, Manuel Azaña, Claudio Albornoz e Fernando dos Ríos. Este sería ao cabo o primeiro goberno provisional da II República.O acordado era apoiar un pronunciamento militar a favor da República
Con todo, a data acordada viuse adiantada inesperadamente pola Sublevación de Jaca (o 12 de decembro de 1930, Fermín Galán e García Hernández). Este levantamento fracasou sendo fusilados os seus dirixentes.
Os intentos de Berenguer de convocar eleccións, desatendidos polos partidos políticos máis afíns, non deron resultado.

O sentimento republicano facíase cada vez maior, os antigos partidos políticos que quedaran desfeitos tras a ditadura primorriverista estaban a se reactivar e o movemento obreiro respiraba despois de anos de represión.

A xefatura de goberno pasou a mans do almirante Aznar en febreiro de 1931 quen convoca eleccións municipais para o 12 de abril: os resultados daban a vitoria aos partidos republicanos nas principais capitais de provincias.

As eleccións convertíanse así nun plebiscito popular a favor da república e en contra da monarquía. Alfonso XIII cesou nas súas funcións e saíu cara ao exilio desde o porto de Cartaxena.

O 14 de abril de 1931 proclamábase a IIª República.

ACTIVIDADES:

1.Quén e  cando asinaron o Pacto de San Sebastian? EXplica que se acordou nel.

2.Lee no libro na pax.191 o recuadro do Pacto de San Sebastián e despois responde:    Que di que van a establecer? Cal vai a ser a base deste novo sistema político?

3.Cando se proclamou a II República española? Tíñanse convocado eleccións antes da proclamación ou foi un pronunciamento militar?

LEMBRADE ENVIAR AS ACTIVIDADES A 
susiimoure@gmail.com. 
DATA LIMITE 1 DE XUÑO.

        

sábado, 23 de mayo de 2020

1º BACH - A ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS (ONU)

Na Conferencia de Yalta, celebrada ó final da II Guerra Mundial, as poténcia vencedoras asistentes ( URSS, Estados Unidos e Gran Bretaña), decidiron volver citarse na cidade de San Francisco (EE. UU.) para crear unha organización internacional que evitase unha nova guerra, pedíndose a asistencia de Francia e China á beira dos tres grandes. Nacía así a Organización das Nacións Unidas (O.N.U.) en abril de 1945.

Os 55 estados asistentes á Conferencia de San Francisco acordaron a creación de varios organismos internacionais:

A Asemblea Xeral: Fórmana todos os Estados membros, tendo un voto cada un. Deliberan e toman decisións sobre asuntos de interese xeral internacional.

O Consello de Seguridade: É o órgano de maior poder decisorio. Formaron parte del durante moitos anos 10 países elixidos e 5 permanentes ( URSS, Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia e China). Estes últimos tiveron
dereito a veto, o que impedirá a toma de decisións que prexudiquen aos seus intereses.

A Secretaría Xeral: Xuridicamente é a cabeza da ONU. A súa máxima figura é o Secretario Xeral, que adoita ser un xurista ou un diplomático de prestixio, e encárgase de actuar de árbitro internacional nas zonas de conflito.

O Consello Económico e Social: Encárgase, como o seu nome indica, de asuntos socio-económicos internacionais, a través das súas numerosas axencias, algunhas das cales son:
• Fondo Monetario Internacional (FMI) • Banco Mundial
• Acordo Xeral sobre Aranceis e Comercio Xeral ( GATT)
• Organización para a Alimentación e a Agricultura ( FAO)
• Organización Mundial da Saúde (OMS)
• Organización das Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia (UNESCO).

O Tribunal Internacional de Xustiza (Tribunal da Haia): En teoría as súas decisións deberían solucionar as disputas entre os Estados, pero moitas veces non se acatan os seus ditames.

Na actualidade, máis de 200 Estados son membros da O.N.U. e aínda que moitos conseguiu evitar un novo conflito mundial,  ás veces viuse impotente para deter as numerosas guerras locais que sacudiron ao planeta. O seu labor en favor da paz chocou, en moitas ocasións, cos intereses dos “ cinco grandes” que vetaron decisións dirixidas a pacificar algunha zona de enfrontamento, ou garantir o respecto aos dereitos humanos.

ACTIVIDADES

1.- Cando se creou a ONU? Con que obxectivo? Crees que o conseguiu? Xutifica a túa rsposta. 

2.- Qué é o consello de seguridade?  Que países forman parte del? Cres que é xusto que os membros permanentes teñan dereito a veto? Xustifica a túa resposta. 

3.- Busca infromación a cerca das funcións dos seguintes organismos da ONU: Tribunal Internacional de Xustiza, Fondo Monetario Internacional, Organicación Mundial da Saúde, UNESCO,  UNICEF.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 29 de maio

1º ESO - A CIVILIZACIÓN GREGA


A Europa que coñecemos na actualidade funde as súa raices na antiga Grecia. A civilización grega naceu nas costas da península balcánica e nas illas do mar Exeo. Os gregos organizáronse en pequenas cidades-Estado independentes (polis) pero compartían unha mesma lingua, relixión, cultura e un mesmo territorio, ao que denominaban Hélade.
Nunha destas polis, Atenas, no século V a.C., desenvolveuse unha nova forma de goberno na que o pobo tomaba as decisións e elixía os seus gobernantes. Denominárona democracia.
Ademáis da democracia en grecia orixinouse a arte e a ciencia (historia, filosofía, matemáticas, medicina, etc) e tamén a cultura e o ocio (teatro, xogos olímpicos, etc...)  
No seguinte vídeo podes ver unha explicación da historia desta civilización que foi tan importante na antiguidade: 

ACTIVIDADES:
A continuación, revisa o tema 11 do libro e/ou DESCARGA OS APUNTES e fai as actividades 1,2 e 3 da páxina 217 do libro

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
Enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 29 de maio

domingo, 17 de mayo de 2020

2º ESO - QUÉ É UNHA CIDADE?

Área metropolitana de Nueva York - Wikipedia, la enciclopedia libre


Aínda que a todos parécenos distinguir con claridade cando estamos nunha cidade ou nun medio rural, ás veces non resulta fácil precisar que é unha cidade ou como se define. Hoxe en día non existe un punto claro de ruptura que separe o urbano do rural.

Para definir unha cidade adóitanse empregar distintos criterios:

Criterio cuantitativo. Considérase cidade ao núcleo de poboación que alcanza un número de habitantes. En España, o INE(Instituto Nacional Estadística) sitúa ese número en 10.000 habitantes, é dicir cualifícase como cidade a todo núcleo de poboación que alcance ou supere os 10.000 habitantes. 
Pero este número é variable, por exemplo, en Xapón son 30.000 habitantes, nos Países Baixos 20.000, en Austria 5.000, en Portugal 2.000, en Suecia 200, en Canadá 1000, en EEUU e México 2500... Para a estatística este criterio é o máis fácil de aplicar, pero non separa claramente o urbano e o rural, hai núcleos por baixo dos 10.000 habitantes que tes claros trazos urbanos e outros que superan esa cifra son claramente rurais.
En definitiva, existen "minúsculas cidades" e "pobos enormes"

Criterios cualitativos. Os seus límites son menos precisos, pero poden achegarnos mellor á esencia do urbano:
  • Criterio funcional: na cidade predominan as actividades dos sectores secundario e terciario fronte ao sector primario maioritario no ámbito rural..
  • Criterio sociolóxico. Na cidade predominan as relacións máis impersonales o individualismo, unha sociedade máis heteroxénea, maior estratificación social, un maior control das organizacións de masas....
  • Criterio morfolóxico. Na cidade, hai maior concentración das edificacións, predominio das vivendas colectivas en bloques de pisos, maior altura das edificacións, maior densidade de poboación, rúas máis anchas e longas, menor espazo dedicado a zonas verdes (a natureza está case excluída)....
  • Criterio espacial. A cidade é capaz de organizar un espazo circundante máis ou menos grande dependendo do tamaño da cidade e da variedade e especialización das súas funcións ( hinterland).
  • Outros criterios teñen en conta a maior contaminación nas áreas urbanas, maior densidade de circulación...
Podes ver un video explicativo das cidades AQUI.

ACTIVIDADES:

Tras o visionado do video e a lectura debes realizar as seguintes actividades:
  1. Qué criterios se usan para definir o concepto d cidade? Nomea cada un.
  2. Qué relación existe entre o concepto de cidade e o número de habitantes? Explicao.
  3. Define brevemente os criterios cualitativos que se usan para definir o concepto de cidade.
LEMBRADE ENVIAR AS ACTIVIDADES A susiimoure@gmail.com. 

DATA LIMITE 22 DE MAIO.