domingo, 17 de mayo de 2020

4º ESO - A DITADURA DE MIGUEL PRIMO DE RIVERA (1923-1930)



En 1923, o capitán xeral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, co consentimento de Alfonso XIII e o apoio das organizacións patronais e dos grupos políticos conservadores, protagonizou un golpe de estado que deu paso a unha ditadura militar. O golpe militar xustificouse co argumento de que o sistema parlamentario e constitucional español estaba desprestixiado e era incapaz de garantir a orde social e de frear a revolución social que se aveciñaba.

O novo réxime instituiu unha ditadura militar, suspendeu a Constitución, disolveu o Parlamento e destituíu a todos os cargos electos (deputados, alcaldes…). Ademais, prohibíronse todos os partidos políticos e algúns sindicatos, censurouse a prensa, limitouse a liberdade de ensino, perseguiuse aos intelectuais contestatarios e se ilegalizaron as organizacións revolucionarias e perseguiuse especialmente á CNT e ao Partido Comunista de España. Tamén se suprimiu a Mancomunidade de Cataluña e prohibíronse as expresións públicas dos nacionalismos catalán e vasco, mentres se relegaba ao ámbito privado calquera lingua que non fose a castelá.

Aproveitando a boa conxuntura económica internacional dos primeiros anos vinte, o réxime levou a cabo un programa de economía dirixida que fomentou as obras públicas e os monopolios do Estado (Telefónica, Campsa...). En 1925 o desembarque militar de Alhucemas acabou co conflicto de Marrocos e estableceu o control efectivo sobre o Protectorado.

As repercusións da crise económica internacional de 1929 puxeron fin ao crecemento económico e o clima de oposición á ditadura aumentou considerablemente. Falto de apoios, tras a perda de confianza do rei Alfonso XIII, o ditador dimitiu en xaneiro de 1930.

Podes ver un vídeo explicativo facendo click AQUI. Tamén podedes ver un ESQUEMA

ACTIVIDADES

Tras a lectura e visionado do video hai que facer as seguintes actividades:
1.Cómo e cando chegou ó poder Miguel Primo de Rivera? Explica brevemente.
     2. Cales foron as medidas que levou a cabo esta ditadura militar?
     3. Cando foi o desembarque de Alhucemas? Po qué foi importante?
     4. Cando e por qué rematou a ditadura de Primo de Rivera?


LEMBRADE ENVIAR AS ACTIVIDADES A susiimoure@gmail.com. 

DATA LIMITE 22 DE MAIO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario