martes, 14 de abril de 2020

2º BACH /4º ESO - EFEMÉRIDE: A PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA


Despois da vitoria das forzas socialistas e republicanas nas eleccións municipais do domingo día 12 de marzo de 1931, dende as primeiras horas da mañá do luns comezan a circular rumores de que a inestabilidade política e, sobre todo, os resultados electorais ían levar ao rei Alfonso XIII a renunciar á coroa de España. A medida que a noticia se vai estendendo, polas rúas e prazas nótase unha gran efervescencia, véndose numerosos grupos de persoas que circulaban pacificamente" dando "vivas á República, ata que finalmente na mañá do día 14 de abril proclámase a II República.

En Vigo, a primeiras horas da madrugada miles de persoas congregáronse nas rúas da cidade entonando a Marsellesa como símbolo dos valores republicanos e á 1:00 izouse a bandeira tricolor no concello, si ben foi retirada pola Garda Civil ao redor da 1:45.

Con todo, foi Éibar a primeira cidade en facer proclamaciíon oficial do nove réxime, concretamente ás seis e media da mañá do martes 14 de abril de 1931. Posteriormente Barcelona, Valencia, Sevilla, Madrid e o resto das cidades españloas foron efectuando tamén a proclamación.

Nos seguintes artigos podes ler unha análise exhaustiva deste acontecemento:


No hay comentarios:

Publicar un comentario