O ecoloxismo, como ideoloxía que propón e defende a procura de formas de desenvolvemento equilibradas coa natureza e baseadas no respeto ó medio ambiente e o uso de enerxías renovables que non contaminen, é un fenomeno que agroma a partir da década dos 60 do século pasado.
En Galicia o punto de arranque do movemento ecoloxista é a década dos 70 cando se funda a Asociación Sementeira que, en 1977, xunto coas Comisións Labregas protagoniza unha das páxinas máis importantes da loita ecoloxista en Galicia: a marcha de 8000 persoas de Viveiro a Xove para a paralización dunha central nuclaear proxectada por Fenosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario