lunes, 30 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - VELAZQUEZ


DIEGO VELÁZQUEZ (1599/1660) é probablemente a figura máis importante da pintura española de todos os tempos. Nel coincide a xenialidade cunhas circunstancias propicias para desenvolver a súa arte, pois tivo a fortuna de poder  levar a cabo unha carreira cortesá baixo a protección de Felipe IV, o que lle permitiu adicarse a pintar demorándose (e esmerándose) en cada lenzo. 

Velázquez naceu en Sevilla en 1599. Aos once anos iniciou a súa aprendizaxe no taller de Francisco Pacheco onde permanecerá ata 1617, cando xa é pintor independente. Entre 1617 e 1623 desenvólvese a etapa sevillana, caracterizada polo estilo tenebrista, influenciado por Caravaggio, destacando como obras O Aguador de Sevilla.

Durante estes primeiros anos obtén bastante éxito o que lle permite trasladarse a Madrid, onde a súa maestría lle permite obter o título de Pintor do Rei Felipe IV, gran amante da pintura. A partir dese momento, empeza o seu ascenso na Corte española, realizando interesantes retratos do rei.

Tras poñerse en contacto con Rubens, durante a estancia deste en Madrid, en 1629 viaxa a Italia, onde realizará a súa segunda aprendizaxe ao estudar as obras de Tiziano, Tintoretto, Miguel Ángel, Rafael e Leonardo. En Italia pinta Fráguaa de Vulcano, regresando a Madrid dous anos despois.

A década de 1630 é de gran importancia para o pintor, que recibe interesantes encargos para o Palacio do Bo Retiro como A Rendición de Breda ou os retratos ecuestres da familia real. A súa pintura faise máis colorista destacandoobras mitolóxicas como A Venus do Espello ou escenas relixiosas como o Cristo Crucificado.

Paralelamente á carreira de pintor, Velázquez desenvolverá un importante labor como cortesán, obtendo varios cargos: Axudante de Cámara e Aposentador Maior de Palacio. Esta carreira cortesá restaralle tempo á súa faceta de pintor, o que motiva que a súa produción artística sexa, desgraciadamente, máis limitada.

En 1649 fai a súa segunda viaxe a Italia, onde demostra as súas excelentes calidades pictóricas, triunfando ante o papa Inocencio X, ao que fai un excelente retrato, e toda a Corte romana. Regresa en 1651 a Madrid con obras de arte compradas para Felipe IV. Estes últimos anos da vida do pintor estarán marcados pola súa obsesión de conseguir o hábito da Orde de Santiago, que supoñía o ennoblecimiento da súa familia, polo que pinta moi pouco, destacando As Hilanderas e As Meninas. Velázquez morre finalmente en Madrid ós 61 anos de idade, o día 6 de agosto de 1660.

No seguinte vídeo podes ver unha breve biografía do pintor:


Podes ver algúns comentarios das súas obras facendo click nos seguintes links:  

AS MENINAS
A FRAGUA DE VULCANO
A RENDICIÓN DE BREDA

SABIAS QUE...  o documental "el cuadro"  (Andrés Sanz, 2019) sobre os enigmas e misterios das "meninas" gañou catro Premios Goya na edidicón de 2019. Podes ler información sobre o mesmo AQUÍ

domingo, 29 de marzo de 2020

2º ESO - OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS


Os movementos migratorios son os desprazamentos das persoas dunhas zonas a outras para estancias son superiores ao ano.

A escala nacional adóitanse producir dende as áreas rurais (campo e pobos) cara ás cidades (éxodo rural).

A escala mundial prodúcense desde os países máis pobres aos países máis ricos.
Respecto ao país de orixe, o que se vai é emigrante, respecto ao país receptor, o que chega é inmigrante.

Se restamos a cifra de emigrantes á de inmigrantes obtemos a cifra de saldo migratorio.

España foi un país de emigrantes durante gran parte do século XX, os destinos principais foron, Francia, Alemaña, Suíza, Bélxica, Venezuela e Arxentina. Hoxe, en cambio, é un país de inmigrantes, segundo datos do INE, as orixes principais son Marrocos (14%) #Ecuador (11%),Romanía (10%) Reino Unido (7%) Colombia (6%) Arxentina (4%) e Alemaña (4%).


As causas das migracións poden ser:

Económicas: falta de traballo (parao), melloras salariais
Sociais: guerras, persecucións políticas, etnicas
Naturais: catástrofes como sequías, iununudacións, furacáns, etc

ACTIVIDADES: 
Despois de revisar o libro de texto fai as actividades 1,2,3,4,5 e 6 da páx 223 e 1,2,3,5 e 7 da páx 225

2º BACH (XEOGRAFÍA) - ESPAÑA NA U.E. E NO MUNDO


Nun mundo tan interdependente e globalizado, a economía e a sociedade española están cada vez máis vinculadas ás ploíticas internacionais. No presente tema abordaremos as relacións de España con outros estados tanto na Unión Europea como a niovel mundial.

Podes descargar  dende aquí o TEMA e o VOCABULARIO

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das trasnformacións vividas en España nos seus algo máis de 30 anos na Unión Europea. 


sábado, 28 de marzo de 2020

4º ESO - O FASCISMO


Os fascismos xurdiron tras a I Guerra Mundial (1914-18) nun escenario de crise económica, social e política. Constituíron unha ideoloxía que en maior ou menor medida foise estendendo por case toda Europa por medio de organizacións inspiradas no modelo italiano de Mussolini e, algo máis tarde, no nazismo alemán. A súa acción contribuíu decisivamente ao estalido da Segunda Guerra Mundial, ao termo da cal, derrotados, desapareceron na maior parte dos estados europeos.

O termo "fascismo" provén da palabra “ fascio”, que significa “feixe”, herbas, espigas ou calquera outro tipo de obxectos ligados entre si. A palabra alude ás " fasces" ("feixes"), símbolo romano de poder. As fasces romanas estaban compostas por un feixe de bastóns de madeira amarrados entre si por un cinto de coiro entre a que sobresaía un machada. Os bastóns representaban a autoridade e o machada o poder sobre a vida e a morte.

O fascismo italiano, identificado coa grandeza do imperio romano, ao que tentou emular, adoptou as fasces como símbolo e nome do movemento. De ahí aplicouse xenéricamente a todo o movemento.

RASGOS QUE DEFINEN O FASCISMO

Antiliberalismo e anticapitalismo: Contrarios ao sistema democrático e ás liberdades políticas e partidarios de estruturas xerárquicas en cuxo vértice está o líder, encarnación dos valores nacionais. Partidarios de que o Estado controle todas ( totalitarismo) as esferas da vida.

Antimarxismo: Rexeitan a idea da loita de clases e apelanó á harmonía de traballadores e empresarios en aras da grandeza da nación. 

Autoritarismo e militarismo: O fascismo concibía a sociedade coma se dunha organización militar tratásese. Como en toda organización militar, a autoridade, a disciplina e a forza relegaban a igualdade, a liberdade de acción e o pacifismo. A erradicación de todo aquilo que contraviñese eses principios levou a cabo mediante o emprego da violencia.

Ultranacionalismo: Para o fascimo a nación é unha entida de que se atopa por riba do individuo. A grandeza da mesma é o obxectivo da sociedade.

Liderazgo dun lider carismático: Os fascismos trataron de conseguir a harmonía social baixo a benefactora acción dun xefe (" duce, führer, caudillo"). Sen o seu liderado a sociedade desembocaría no desgoberno e o caos.

Empleo da propaganda e do terrorPara atraerse ás masas, os réximes fascistas puxeron gran empeño en controlar os medios de comunicación, especialmente, a radio e a prensa. Unha vez no poder aboliron a liberdade de opinión, perseguiron aos xornalistas independentes e utilizaron masivamente a propaganda para inculcar valores como patria, xefe, raza, etc. Do mesmo xeito non dubidaron en usar a violencia a través de grupos paramilitares que sementaban o terror nas rúas.

Racismo e xenofobiaTodo aquilo que o fascismo interpretou que podía descompoñer unha sociedade uniforme e rígidamente estruturada foi perseguido. O rexietamento e desprezo de minorías raciais (xudeus, eslavos, xitanos, etc) foi un rasgo de varios movementos de corte fascista.

ACTIVIDADES:
Despois de ler estes apuntes sobre o fascismo visionaremos a a película "A Ola" (Dennis Gansel, 2008) e faremos as actividades que veñen na páxina 183 do libro de texto.

Podedes ver o film facendo click no segunite LINK

Tamén podedes descargar as actividades en pdf AQUÍ

1º ESO - A ARTE NA PREHISTORIA

A finais do Paleolítico, os homes e as mulleres comezaron e crearon as primeiras mostras de arte no interior das covas, que se coñecen como arte rupestre (das covas).
Nas paredes destas covas realizaron múltiples pinturas (arte parietal). Tamén esculpiron e gravaron obxectos de pedra, óso e hasta (arte mobiliar).
ARTE PARIETAL: pinturas feitas nas paredes das covas. 
  • As pinturas rupestres máis antigas, de hai 30000 anos, teñen unha técnica naturalista.
  • Representan animais soltos (bisontes, cabalos, cervos, mamuts, rinocerontes, etc.) con moitos detalles e aproveitan os saíntes das rochas para dar sensación de volume.
  • Aínda que máis escasos, tamén existen perfís de mans e estraños símbolos xeométricos.
  • As cores utilizadas con máis profusión son o vermello, o ocre e o negro. A miúdo a figura está contornada cun trazo negro.
INTERPRETACIÓN DAS PINTURAS RUPESTRES 
Maxia de caza. A pintura formaba parte dun ritual máxico propiciatorio da caza. Representábanse os animais que desexaban cazar.
Santuarios. Como as pinturas están nas paredes profundas e máis escuras das covas, que non eran habitadas, crese que constituían santuarios nos que se realizaban as cerimonias rituais dirixidas por un mago ou chamán.
Algunhas pinturas representan figuras humanas que poderían asociarse cun feiticeiro.
As pinturas rupestres máis antigas da Península Ibérica atópanse na cova de Altamira. No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación. 

Se queres facer unha visita virtual á cova de Lascaux (Francia) fai click AQUI
ARTE MOBILIAR: obxectos  feitos en soportes variados en osos de animais, marfil e decorados con animais gravados ou pintados. Trátase de bastóns de mando, propulsores, colgantes... Tamén esculpiron pequenas figuras coñecidas como Venus paleolíticas que se asocian co culto á fertilidade. 

ACTIVIDADES: 

Depois de revisar o libro de texto (pax. 168-169) fai as actividades 1,2,3 e 4 da pax 169. 

viernes, 27 de marzo de 2020

ESA



TEMAS

I Guerra Mundial
Crack do 29 
Fascismos
II Guerra Mundial
II Repúblic, Guerra Civil e Franquismo
Guerra Fría

MATERIAIS

APUNTES E VÍDEOS 

Nazismo: El ascenso de Hitler parte 1 parte 2
2ª Guerra Mundial: apocalipsis: II GM
Guerra civil: España dividida
Franquismo: Franco, la vida del dictador

(Os vídeos pódense ver facendo click no título correspondente) 

PELICULAS RECOMENDADAS

Senderos de Gloria
1917
Stalingrado
Cortina rasgada
Mientras dure la guerra
La voz dormida
O lapis do carpinteiro

1º BACH - A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL NO CINEMA


Nos últimos anos o cinema está sendo utilizado por moitos docentes coma un recurso didáctico que facilite o ensino da historia. Son moitos os filmes que recrean unha época ou uns acontecementos pasados concretos, o que permite o seu uso nas aulas para reforzar o proceso de aprendizaxe das alumnas e alumnos.

O ensino da Historia mediante o cinema require unhas habilidades por parte do alumno/espectador para poder aproveitar este recurso. É necesario que haxa uns coñecementos mínimos previos dos "feitos históricos" para que non se produza unha visión distorsionada da realidade. A fin de contas, non podemos esquecer que os filmes son "recreacións" (mirada particular do director) do pasado  (feito histórico) efectuadas dende o presente (actualidade) 

Con todas estas precaucións, presentamos unha listaxe de películas históricas (son só algunhas) que retratan o tema que estamos a estudar. Espero que vos axuden a levar un pouco mellor esta cuarentena e que vos faciliten a comprensión do conflito bélico máis tráxico de toda a historia da humanidade. 

-El Gran dictador (Dir. Charles Chaplin, 1940) ver
-Los doce del patíbulo (Dir. Robert Aldrich, 1967) -guerra en Europa- ver
-El submarino 'Das Boot', (Dir. Wolfgan Petersen, 1981) -guerra en Europa-trailer
-La tumba de las luciérnagas  (Dir. Isao Takahata,  1988) -guerra no  Pacífico- ver
-Stalingrado (Dir.Enjott Schneider, 1993) -guerra en Europa-ver
-La lista de Schindler (Dir. Stiven Spielberg, 1993) -holocausto- trailer
-La delgada línea roja (Dir. Terrence Malick, 1998) -guerra no Pacífico- trailer
-Salvar al soldado Ryan (Dir. Stiven Spielberg, 1998) -guerra en Europa- trailer
-Enemigo a las puertas (Dir. Jean Jaques Arnaud, 2001) -guerra en  Europa- trailer
-El pianista (Dir. Roman polanski, 2002) -guerra en Europa/holocausto- trailer
-El hundimiento (Dir. Oliver Hirschbiegel, 2004) -guerra en Europa- trailer
-Cartas desde Iwo Jima (Dir. Clint Eastwood, 2006)-guerra no Pacífico- trailer
-Valkiria (Dir. Bryan Singer, 2008) -guerra en Europa- trailer
-El niño con el pijama de rayas ( Dir. Mark Herman 2008) -holocausto-  trailer
-El hijo de Saúl (Dir. László Nemes, 2015) -holocausto- ver
-Operación anthropoid (Dir, Sean Ellis, 2016) -guerra en Europa/resistencia- trailer
-Dunkerque (Dir. Christopher Nolan, 2017) -guerra en Europa- trailer
-El fotografo de Mathausen (Dir. Mar Targorona,  2018)  -holocausto- ver
-Midway (Dir. Roland Emerich, 2019) -guerra no Pacífico- trailer


2º BACH (ARTE) - CARAVAGGIO E A PINTURA BARROCA


O concilio de Trento estableceu a necesidade didáctica da arte para combatir a reforma protestante, amosando as verdades inmutables do catolicismo. A pintura relixiosa non escapará desta premisa e elabora unha linguaxe realista, sinxela e didáctica que puidese chegar clara e directamente ó fiel.

Froito deste naturalismo xurde unha nova iconografía que fomenta a Igrexa: florecen os martirios as penitencias e os santos en éxtase para inducir á devoción dos fieis. Esquécese a sublimación idealizante do século anterior e extráense da realidade novas categoría coma o feo e vulgar para achegar así a imaxe ós  humildes (modelos populares). 

Os trazos desta pintura barroca son os seguintes:
a) Realismo e naturalismo (modelos vulgares).
b) Iconografía, sobre todo, relixiosa contrarreformista. 
c) Uso “escenográfico” da luz con contrastes entre zonas de forte luminosidade (foco diagonal que entra normalmente por unha esquina do cadro) e outras zonas escuras  que crean efectos de claroscuro que o tenebrismo usa maxistralmente para dramatizar as escenas
d) Composicións desequilibradas (contrarias á orde clasicista) con diagonais e escorzos para dinamizar as imaxes.
e) Nova perspectiva, diferente á renacentista: o primeiro plano deixa de acaparar a atención cobrando maísimportancia do resto  cadro.

Michelangelo Merisi, alcumado il CARAVAGGIO (1571-1610) é , sen lugar a dúbidas, o principal representante da corrente tenebrista. Podes acceder ó comentario da súa obra no seguinte LINK
Se queres ver a súas pinturas  AQUÍ

A continuación un breve comentario da "vocación de San Mateo" de artehistoria.


2º BACH (XEOGRAFÍA) - ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DO ESTADO ESPAÑOL


Neste tema non hai pregunta teórica na ABAU 2019

Dende os seguintes enlaces podes acceder ó VOCABULARIO

Podes facer prácticos de provincias e comunidades autónomas AQUÍ

2º ESO - EVOLUCION DA POBOACIÓN MUNDIAL



A cantidade total de poboación mundial ao longo da historia non deixou de aumentar. Ata o século XIX fíxoo de forma lenta, despois cada vez máis rápido.

Na segunda metade do século XX alcanza o seu maior crecemento por iso falamos de explosión demográfica.

En 1750 había 800 millóns de habitantes, en 1800 1000 mills., en 1850 1200 mills., en 1900 1600 mills., EN 1950 2500 mills., en 2000 6.000 mills. e en 2011 7.000 mills. .

A maior parte da poboación vive en Asia (59%) seguida de África (18%) América (12%) Europa

(10%) e Oceanía (1%).
A causa da explosión demográfica foi a revolución industrial e os cambios asociados a ela (revolución agrícola e melloras sanitarias). Para ver mellor a evolución da cantidade da poboación úsase unha gráfica lineal.

Os réximes ou modelos demográficos son as situacións de natalidade e mortalidade que se dan nunha zona nun momento determinado da historia. Os máis importantes son estes:

A) Réxime demográfico antigo preindustrial: altas taxas de natalidade e mortalidade, lento crecemento natural. É característico de países cun alto índice de pobreza e sen recursos

sanitarios, situación que se daba en Europa antes do século XIX.
B) Réxime demográfico de transición, ten dúas etapas:

- 1: descenso da mortalidade por melloras sanitarias e na alimentación, pero a

natalidade segue alta. Alto crecemento natural.
- 2: descenso da natalidade grazas á mellora no nivel de vida. Como a poboación quere mantelo fai uso de métodos anticonceptivos. Redúcese a pobreza, polo que a clase baixa decrece e a clase media pasa a ser a máis numerosa. Fréase o crecemento natural.

C) Réxime demográfico moderno: baixas taxas de natalidade e mortalidade, sen apenas crecemento da poboación.
Para analizar os réximes demográficos adóitase usar unha gráfica lineal na que se ve a evolución da natalidade e a mortalidade ao longo do tempo.


ACTIVIDADES 
Despois de  revisar o libro de texto fai as actividades 5,6 e 7 da pax. 183. 

4º ESO - O CRACK DE 1929

Tras a I Guerra Mundial os Estado Unidos de América iniciaron un crecemento económico norteamericano que se prolongou durante os dez anos que seguiron ó fin da contenda (1918-1929). Foi unha década de prosperidade, os chamados "felices anos vinte" na que a porsperidade parecía non ter límites. 

Sen embargo, o incremento da especulación bursatil, xunto con outro desequilibrio propiciou que en outubro de 1929 a Bolsa de Nova York se colapsase no coñecido como "crack do 29". 
 Todo comezou o 24 de outubro de 1929 (Xoves Negro) cando unha grande ondada vendedora afectou a Bolsa de Nova York. De súpeto, todo o mundo quería vender as súas accións e ninguén desexaba mercalas. O valor caeu en picado, desencadeando o crack bolsista. 

Milleiros de investidores arruináronse e o pánico espallouse entre os cidadáns, que acudiron aos bancos para retiraren os seus cartos. Estes víronse obrigados a pechar por falta de fondos, xa que non lles puideron cobrar os préstamos a particulares e a empresas arruinadas. O crac da Bolsa precipitou a creba de moitos bancos. 

En poucos anos, a crise espallouse a todos os sectores da economía (industria, comercio e agricultura) e provocou unha recesión económica xeneralizada (Gran Depresión) conm peche de fábricas e aumento do paro.

A dependencia das economías europeas dos créditos e investimentos norteamericanos fixo que en pouco tempo a crise se extendese polo vello continente, propiciando a ascenso de movementos totalitaris como o nazismo en alemania. 

No seguinte vídeo podes ver en menos de sete minutos un resumo do crack de 1929. 


ACTIVIDADES 

Depois de ler o libro de texto (pax. 168-171) fai as seguintes actividades: 

Pax. 169: 1,2,4 e 5. 
Pax. 171: 1,2 e 3. 

jueves, 26 de marzo de 2020

1 BACH - A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (II) - O IMPERIALISMO XAPONÉS

Despois da Revolución Miejii (1868) Xapón emerxeu como unha gran poténcia no sureste asiático.  A vitoria de 1905 na guerra ruso xaponésa consolidou este status e marcou o incio dun predominiono baseado en ideais militaristas e nacionalistas. 

Os efectos económicos da crack do 29 marcaron o comezo dunha política imperialista en Asia e o Pacífico. que pertendía acadar o seu “espazo vital”. A invasión de Manchuria (China) en 1931 é o feito que marca o incio desta fase. Posteriormente, en 1936 prodúxose un achegamento a Alemaña Nazi tras firmar o Pacto Antikomitern (contra a URSS).

A partir de 1937, a creación dunha gran flota de guerra supuxo o comezo do dominio do Pacífico onde se chocará cos intereses dos Estados Unidos. En 1941 EEUU, GB e Holanda comezaron un embargo de petróleo a Xapón, temerosos polo seu podería militar e en decembro dese memo ano tivo lugar ataque xaponés á base militar de Pearl Harbor (Hawai) que supuxo a entrada de EEUU e Xapón na II Guerra Mundial.

No seguinte vídeo podes ver a recreación do bombardeo que Michael Bay fixo no filme homónimo (Pearl Harbour, 2001)


ACTIVIDADES: 
Despois de ver o vídeo e revisar o libro de texto fai as actividades 1,2,3 e 4 da paxina 223 do libro (Docs, 1,2,3 e 4) relativas ó imperialismo xaponés. 

1º ESO - MEGALITISMO


O térmo megalitismo procede das palabras gregas mega (μεγας) grande y lithos (λιθος). Os megalitos  eran construcións feitas con grandes lousas de pedra que proliferan pola europa atlantica a partir do V milenio a.C. e perviven   durante case tres mil anos.


TIPOLOXÍAS E FUNCIÓNS 

Menhir

É unha gran pedra chantada verticalmente sobre o solo.
Crese que os menhires podían ser conmemorativos ou unha marca territorial.

Dolmen

Baixo o nome de dolmen agrúpase unha gran diversidade de monumentos caracterizados por ter unha cámara formada por grandes pedras verticais que sosteñen unhas lousas que o cobren.
Algúns posúen unha única cámara, e outros, un corredor que desemboca nunha cámara.
É posible que todos estivesen cubertos e protexidos por montículos de pedras e area chamdos túmulos. 

Crómlech

Está formado por un conxunto de pedras verticais e lousas horizontais dispostas formando un círculo.
Todo parece indicar que sería lugares cerimoniais ou rituais relacionados con algún culto agrario ou solar.


Construción
As sociedades que construíron estes monumentos debían ser capaces de organizar o traballo de forma colectiva e de desenvolver complexos sistemas de construción. 
roceso construtivo dun megalito comezaba na canteira onde se extraían os grandes bloques de pedra. De alí transportábanse (1) sobre troncos e ramas ata o lugar elixido. Neste lugar deixábanse caer os bloques verticais nun estreito foxo previamente escavado (2) e despois axustábanse ata deixalos en posición vertical, tras o cal enchíase o foxo para fixalos firmemente. No caso dos menhires o proceso quedaba terminado, pero para a erección dun dolmen continuábase coa tarefa máis difícil, consistente en colocar o bloque ou bloques horizontais. Para iso facíanse terrapléns a ambos os dous lados dos ortostatos, ata alcanzar a mesma altura que estes. A través destes terrapléns transportábase o bloque horizontal (3) ata deixalo colocado correctamente, tras o cal cubríase todo de terra, dando lugar ao túmulo (4)
SABÍAS QUE.... no concello de Xinzo hai un menhir, a pedra alta (anta ou antela) que lle deu o nome á lagoa. Podes ler máis información facendo click no seguinte LINK

ACTIVIDADES
Despois de ler o a publicación e revisar o libro de texto (pax.166-167 e pax. 173 fai as actividades) responde as seguintes preguntas:
A) Qué eran os megalitos?
B) Que tipoloxías existán? Explica a función de cada unha delas.
C) Existe algún monumento megalítico preto do lugar no que vives? Explica de que tipo é.