Tras a I Guerra Mundial os Estado Unidos de América
iniciaron un crecemento económico norteamericano que se prolongou durante os
dez anos que seguiron ó fin da contenda (1918-1929). Foi unha década de
prosperidade, os chamados "felices anos vinte" na que a porsperidade
parecía non ter límites.
Sen embargo, o incremento da especulación bursatil, xunto con outro desequilibrio propiciou que en outubro de 1929 a Bolsa de Nova York se colapsase no coñecido como "crack do 29".
Todo comezou o 24 de outubro de 1929 (Xoves Negro) cando unha grande ondada vendedora afectou a Bolsa de Nova York. De súpeto, todo o mundo quería vender as súas accións e ninguén desexaba mercalas. O valor caeu en picado, desencadeando o crack bolsista.
Milleiros de investidores arruináronse e o pánico espallouse entre os cidadáns, que acudiron aos bancos para retiraren os seus cartos. Estes víronse obrigados a pechar por falta de fondos, xa que non lles puideron cobrar os préstamos a particulares e a empresas arruinadas. O crac da Bolsa precipitou a creba de moitos bancos.
En poucos anos, a crise espallouse a todos os sectores da economía (industria, comercio e agricultura) e provocou unha recesión económica xeneralizada (Gran Depresión) conm peche de fábricas e aumento do paro.
A dependencia das economías europeas dos créditos e investimentos norteamericanos fixo que en pouco tempo a crise se extendese polo vello continente, propiciando a ascenso de movementos totalitaris como o nazismo en alemania.
No seguinte vídeo podes ver en menos de sete minutos un resumo do crack de 1929.
ACTIVIDADES
Depois de ler o libro de texto (pax. 168-171) fai as seguintes actividades:
Pax. 169: 1,2,4 e 5.
Pax. 171: 1,2 e 3.
No hay comentarios:
Publicar un comentario