sábado, 28 de marzo de 2020

1º ESO - A ARTE NA PREHISTORIA

A finais do Paleolítico, os homes e as mulleres comezaron e crearon as primeiras mostras de arte no interior das covas, que se coñecen como arte rupestre (das covas).
Nas paredes destas covas realizaron múltiples pinturas (arte parietal). Tamén esculpiron e gravaron obxectos de pedra, óso e hasta (arte mobiliar).
ARTE PARIETAL: pinturas feitas nas paredes das covas. 
  • As pinturas rupestres máis antigas, de hai 30000 anos, teñen unha técnica naturalista.
  • Representan animais soltos (bisontes, cabalos, cervos, mamuts, rinocerontes, etc.) con moitos detalles e aproveitan os saíntes das rochas para dar sensación de volume.
  • Aínda que máis escasos, tamén existen perfís de mans e estraños símbolos xeométricos.
  • As cores utilizadas con máis profusión son o vermello, o ocre e o negro. A miúdo a figura está contornada cun trazo negro.
INTERPRETACIÓN DAS PINTURAS RUPESTRES 
Maxia de caza. A pintura formaba parte dun ritual máxico propiciatorio da caza. Representábanse os animais que desexaban cazar.
Santuarios. Como as pinturas están nas paredes profundas e máis escuras das covas, que non eran habitadas, crese que constituían santuarios nos que se realizaban as cerimonias rituais dirixidas por un mago ou chamán.
Algunhas pinturas representan figuras humanas que poderían asociarse cun feiticeiro.
As pinturas rupestres máis antigas da Península Ibérica atópanse na cova de Altamira. No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación. 

Se queres facer unha visita virtual á cova de Lascaux (Francia) fai click AQUI
ARTE MOBILIAR: obxectos  feitos en soportes variados en osos de animais, marfil e decorados con animais gravados ou pintados. Trátase de bastóns de mando, propulsores, colgantes... Tamén esculpiron pequenas figuras coñecidas como Venus paleolíticas que se asocian co culto á fertilidade. 

ACTIVIDADES: 

Depois de revisar o libro de texto (pax. 168-169) fai as actividades 1,2,3 e 4 da pax 169. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario