Nos últimos anos o cinema está sendo utilizado por moitos docentes coma un recurso didáctico que facilite o ensino da historia. Son moitos os filmes que recrean unha época ou uns acontecementos pasados concretos, o que permite o seu uso nas aulas para reforzar o proceso de aprendizaxe das alumnas e alumnos.
O ensino da Historia mediante o cinema require unhas habilidades por parte do alumno/espectador para poder aproveitar este recurso. É necesario que haxa uns coñecementos mínimos previos dos "feitos históricos" para que non se produza unha visión distorsionada da realidade. A fin de contas, non podemos esquecer que os filmes son "recreacións" (mirada particular do director) do pasado (feito histórico) efectuadas dende o presente (actualidade)
Con todas estas precaucións, presentamos unha listaxe de películas históricas (son só algunhas) que retratan o tema que estamos a estudar. Espero que vos axuden a levar un pouco mellor esta cuarentena e que vos faciliten a comprensión do conflito bélico máis tráxico de toda a historia da humanidade.
-El Gran dictador (Dir. Charles Chaplin, 1940) ver
-Los doce del patíbulo (Dir. Robert Aldrich, 1967) -guerra en Europa- ver
-La lista de Schindler (Dir. Stiven Spielberg, 1993) -holocausto- trailer
-Valkiria (Dir. Bryan Singer, 2008) -guerra en Europa- trailer
-El niño con el pijama de rayas ( Dir. Mark Herman 2008) -holocausto- trailer
-El hijo de Saúl (Dir. László Nemes, 2015) -holocausto- ver
-Operación anthropoid (Dir, Sean Ellis, 2016) -guerra en Europa/resistencia- trailer
-Operación anthropoid (Dir, Sean Ellis, 2016) -guerra en Europa/resistencia- trailer
-Dunkerque (Dir. Christopher Nolan, 2017) -guerra en Europa- trailer
-El fotografo de Mathausen (Dir. Mar Targorona, 2018) -holocausto- ver
-Midway (Dir. Roland Emerich, 2019) -guerra no Pacífico- trailer
-Midway (Dir. Roland Emerich, 2019) -guerra no Pacífico- trailer
No hay comentarios:
Publicar un comentario