A pirámide de poboación é unha gráfica que
mostra a cantidade da poboación dun lugar por sexos (homes á esquerda e
mulleres á dereita) e por grupos de idade con barras horizontais. Pode usar
datos absolutos ou pode usar porcentaxes.
Segundo a súa forma hai tres tipos de pirámides:
a) de forma triangular con base ancha (predominio da
poboación nova de 0 a 14 anos, característica dos países pobres)
b) de forma de furna con base estreita (predominio de
poboación adulta de 14 a 64 anos e anciá de máis de 64 anos, característica dos
países ricos)
C) forma de campá (transición desde unha triangular a
unha de urna).
No seguinte vídeo podes ver como se elabora unha pirámide de poboación:
ACTIVIDADES:
Despois de ver o vídeo, revisa o libro de texto (paxs. 177 a 179) e elabora unha pirámide de poboación no teu cuaderno cos datos que figuran a continuación. Empregade regla e tratade de ser o máis precisos posibles nas porcentaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario