martes, 28 de abril de 2020

2º BACH (ARTE) - KANDINSKY E A ABSTRACCIÓN


A abstracción é unha corrente pictórica que consiste na eliminación total dos elementos figurativos da obra da arte, reducíndose esta a unha combinación de formas e cores que pouco teñen que ver coa realidade. Supón, polo tanto, a culminación do xiro linguístico que a mediados do século XIX iniciaran pintores como Turner ou Monet, e que continúan a comezos de XX os outros movementos de vangarda como por exemplo o cubismo.

Sen embargo, nestes movementos, aínda que o tema quedase reducido aos seus elementos mínimos, a referencia figurativa sempre se podía recoñecer. O paso definitivo cara a abstracción darao Kansdinsky; a el atribúenselle as primeiras obras abstractas cara a 1910 cando pinta a "primeira acuarela abstracta". 

Con todo, a abstracción non será un movemento unitario, senón unha tendencia desenvolvida por diferentes correntes e artistas, que  rexeitan a figuración usando linguaxes e estilos diferentes que podemos englobar en dúas tendencias: 

-A chamada abstracción lírica ou cromática, desenvolvida por artistas coma Kandinsky, que experimenta en base á forza expresiva da cor. 
-A abstracción xeométrica, que seguen trala Primeira Guerra Mundial  movementos como o Suprematismo o Neoplasticismo ou o construtivismo, baseados na busca de valores esenciais na arte a través da simplicidade n ouso de formas e cores. 

KANDINSKY

Vasily Kandinsky  Compón as súas primeiras obras abstractas a partir de manchas de cor de contornos irregulares e liñas de formas libres, que combinadas harmonicamente han de ser capaces de expresar e transmitir emocións, estimulando a sensibilidade do espectador. A arte afástase definitivamente da representación da realidade e pasa a ser unha operación estética cuxa finalidade é comunicarse co espectador e transmitirlle emocións. En 1912 Kandynsky publica “Do espiritual na arte”, onde expón as súas ideas artísticas, nas que establece unha forte relación entre a pintura e a música. Tralo seu contacto coa arte da vangarda rusa, nos anos vinte evolucionará cara a abstracción xeométrica.

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación dos rasgos que definen a abstracción pictórica. 


1º BACH - A GUERRA FRÍA


Ó rematar a Segunda Guerra Mundial, o mundo estivo dividido en dous bloques antagónicos, que representaban dúas formas opostas de organizar a sociedade: ou bloque capitalista, liderado polos Estados Unidos, e o bloque comunista, dirixido pola URSS.

A este período, coprendido entre 1945 e 1990, coñécese co nomede Guerra Fría. A súa característica principal é a rivalidade entre as dúas superpotencias que venceron na Segunda Guerra Mundial.

A tensión entre a URSS e os EEUU supuxo unha posibilidade apocalíptica: si ambas usaban o seu arsenal atómico, a terra faríase inhabitable, sería a apocalipse, o fin do mundo. Esta situación nunca chegou a facerse efectiva pero viviuse un estado de tensión permanente con numerosas crises e sí se enfrontaron indirectamnte en outros pasíses nos denominados conflitos periféricos como os de Corea, Vietnam, Afganistán, etc...

A continuación descarga o tema coas actividades correspondentes para traballar competencias facendo click AQUÍ

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 10 minutos.



TRABALLO DE COMPETENCIAS:  ELABORACIÓN DUN GLOSARIO. 
Un glosario é unha recompilación de definicións ou explicacións de palabras que versan sobre un mesmo tema, ordenados de forma alfabética.

Despois de ler os apuntes elabora un glosario  cos seguintes conceptos, acontecementos e protagonistas da guerra fría. Se é preciso completa a información en internet a través da páxina https://www.artehistoria.com/

Conceptos: telón de aceiro, OTAN, Pacto de Varsovia, guerras periféricas, disuasión nuclear, CIA, KGB, caza de bruxas, Plan Marshall, Estado do Benestar, perestroica, glásnost, Sputnik, Apolo 11, guerra das galaxias.
Protagonistas: Stalin, Truman, McCarthy, Tito, Yuri Gagarin, Kruschev, Kennedy, Ho Chi Ming, Fidel Castro, Ernesto Che Guevara, Mao Zedong, Ronald Reagan, Gorbachov, Boris Yeltsin.

Acontecementos: Crise dos Misís de Cuba, Guerra de Vietnam, Muro de Berlín (contrucióne caída), Golpe de estado de Chile, Crise da Canle de Suez, Guerra de Afganistán,


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o mércores 6 de maio


1º ESO - AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS I: MESOPOTAMIA


Mesopotamia significa terra entre dous ríos. Foi precisamente nos vales fertiles do Tigris e o Eufrates onde, hai 5.000 anos,  algúns pobos asentados aprenderon a a aproveitar os recursos hidráulicos  coa construcción de  diques e canles, o que lle permitiu un desenvolvemento sen precedentes da agriucultura.  O  aumento da produción agrícola estimulou o aumento da poboación. As aldeas neolíticas medraron e convertéronse en cidades. A sociedade fíxose máis complexa e xurdiron as primeiras formas de Estado, desenvolvéndose tamén a artesanía e o comercio.  Finalmente levouse a cabo a invención da escritura... En definitiva, foi o nacemento da Civilización




A continución descarga o tema coas actividades correspondentes para traballar competencias facendo click AQUÍ

No seguinte vídeo podes ver unha entretida explicación dos aspectos máis relevantes da civilización mesopotámica: 


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o mércores 6 de maio

lunes, 27 de abril de 2020

PROXECTO: MULLERES CON HISTORIA 2020


Durante o mes de marzo, co gaio da conmemoración do día da muller, o departamento de xeografía e historia  puxo en marcha, no marco do plan de igualdade do centro e da biblioteca escolar, o proxecto "mulleres con historia" co fin de visiblizar o papel das mulleres na historia. 

A idea era que as alumnas e alumnos, dende 1º da ESO ata 1º de BACH,  se achegasen ás biografías de moitas mulleres e elaborasen, grupalmente, unha manualidade consistente nun televisor de cartón que lle devolvese o protagonismo que, en moitos casos, non se lles da nos libros de historia ás  María Patiño, Valentina Tereshkova, Rosa Parks, Nancy Wake, Calpurnia Abana, Clara Campoamor, María Pita, Simone de Beauvioir, Frida Kalho, Lydmica Paulichenko ou Artemisa Ghentilleschi, entre moitas outras.

A súbita aparición da epidemia do COVID-19 impediu a exposición pública destes estupendos traballos pero o resultado foi, tal e como se pode apreciar nas fotografías, espectacular. É por iso que dende aquí queremos trasmitir os nosos máis sinceiros parabéns a todas e todos os participantes.  

Á espera de recuperar a normalidade, e poder facer unha exposición pública no instituto, amosámosvos algunhas fotografías e enviámosvos unha aperta enorme a todas e todos. 








4º ESO - DA RESTAURACIÓN Á GUERRA CIVIL


Dende as primeiras décadas do século XX, baixo o reinado de Alfonso XIII, os problemas do réxime da Restauración agraváronse de xeito progresiva . A  incapacidade para recoller as demandas de sectores sociais aos que non se permitía a representación política acabou por derrocar o réxime.
Tras a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), etapa de reaparición do exército en primeiro plano político coa conformidade da monarquía, levouse a cabo a proclamación da a Segunda República, despois da derrota dos partidos monárquicos nas elección municipais do 14 de abril de 1931 .  
Aos intentos dunha verdadeira democratización que tiveron lugar durante este período, respondeuse con resistencias insalvables por parte dos sectores máis conservadores do país. Estes activaron un golpe de Estado (18 de xullo de 1936) cuxo fracaso fixo que a situación se convertese nunha guerra civil de tráxicas consecuencias para España.

Descarga o tema facendo click neste LINK
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación desta convulsa etapa da naosa historia: 


2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA) - A TRANSICIÓN I


1973. Ano que marca o inicio da fin do franquismo e, así mesmo a porta de entrada da transición. O atentado de ETA contra Carrero Blanco é o punto de inflexión.

A nível mundial este importante ano está marcado pola grande crise económica como consecuencia da espectacular suba dos prezos do petróleo, e a retirada de USA de Vietnam.

A continuación podes ver o primeiro capítulo da serie documental de TVE coa voz de Victoria Prego, que narra a Transición Española  entre os anos 1973 e 1977.




2º BACH (ARTE) - PICASSO E O CUBISMO


O ano 1907 é considerado o punto de partida dun dos movementos máis importantes de todos os tempos: o cubismo. Nese ano  Picasso pinta As señoritas de Avignon, e George Braque L`Estaque, rompendo coas convencións espaciais tradicionais e inaugurando un modo novo de representación espacial. 

Picasso e Braque, crean un linguaxe artístico completamente novo que en pouco tempo se converte nun referente. O seu punto de partida é a obra de Cezanne, pola combinación de puntos de vista pero sobre esta base, o cubismo representa unha revolución na linguaxe formal e unha ruptura clara e definitiva co sistema de representación espacial (visión monofocal...) herdado do Renacemento, e supón unha nova maneira de entender e representar a realidade.  As principais características formais son: 
-Desaparición da perspectiva, renunciando ao intento de representación da profundidade espacial. 
- Representación simultánea dun obxecto dende varios puntos de vista (por exemplo, unha figura de fronte e de perfil), rompendo cun punto de vista único e a referencia a un espazo fixo e inmutable. As figuras fragméntanse en múltiples planos interrelacionados. -Incorpórase unha dimensión temporal (a cuarta dimensión) , xa que na mesma obra se representan aspectos correspondentes a momentos distintos. 
-As cores, aplicadas arbitrariamente, son apagadas e austeras, e predominan os verdes, ocres e grises. 

Neste movemento distínguense dúas etapas: 

a) Cubismo analítico (1908-11), nos que Picasso ou Braque  multiplican os planos de descomposición dos obxectos, explorando a construción da forma e a relación co espazo. Empregan cores apagadas. 

b) Cubismo sintético (1912-14), etapa na que se reduce os obxectos ás súas formas e planos esenciais, e se incorporan elementos da realidade obxectual, como papeis e outros materiais, comezando a técnica do collage. 

Xunto aos tres grandes artistas do movemento (Picasso, Braque e Juan Gris), o método cubista será empregado por outros pintores, como Fernande Léger, Robert Delaunay. Aínda que a duración temporal do cubismo é curta, este movemento exercerá unha grande influencia noutros movementos e vangarda como o futurismo, o neoplasticismo, o construtivismo, e na abstracción. 

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 5 minutos:


A Obra de Picasso. 

Pablo Ruíz Picasso, non só foi o máis importante pintor cubista senón o creador máis notable da arte contemporánea. A súa pintura non perdeu contacto cos acontecementos do século e en termos artísticos amosa unha indomable creatividade e liberdade artística contra todo convencionalismo. 

Malagueño de nacemento, terá unha etapa inicial de formación académica desenvolvida entre A Coruña e Barcelona. Posteriormente trasloudase a París no 1900, e alí as dúas primeiras etapas da súa obra de madurez, o chamado período azul, no que emprega tonalidades frías que transmiten de maneira expresiva a sensación de desamparo e soidade e o período rosa, no que suaviza os tons e utiliza a temática circense. 

A partir deste particular expresionismo dos períodos rosa e azul Picasso chegará ó Cubismo. A exposición de Cezane de 1907 dalle o pulo definitivo para acometer as Señorítas de Avignon, obra que marca o punto do novo estilo.

Comeza a traballar con George Braque na descomposición sitemática das formas no denominado cubismo analítico ó que correspónden obras como Moza con mandolina, ou Retrato de Ambroise Vollard.  En 1912, Picasso elabora Natureza morta con silla de reixa, na que utiliza un elemento, a reixa, que se engade fisicamente, igual ca o marco, que é unha corda real; inaugúrase así unha nova técnica, o collage, da que arranca a fase coñecida como cubismo sintético, na que os planos xeométricos simplifícanse.  

Tras 1925 a influencia doutra vangarda, o surrealismo, abre unha etapa na que cubismo e surrealismo se funden nunha obra persoalísima na que a figura humana se metamorfosea cun forte sentido expresivo; tralo estalido da Guerra Civil en España, o artista aceptará o encargo do goberno da República e pintará o Guernica (1937); aquí Picasso pinta unha escena con forte carácter dramático, no que cada figura concentra expresividade e simbolismo. Despois da Segunda Guerra Mundial, a súa última etapa volve de novo a un mundo optimista, no que reflexiona pictoricamente sobre obras mestras do pasado (As Meninas). 

No seguinte vídeo podes ver un documental que analiza a traxectoria artística de Picasso.  



3º ESO - O NACEMENTO DO MUNDO MODERNO

Os séculos XV e XVI foron de gran dinamismo para Europa. A idade Media deixa chega ó seu fin e comeza un novo perído: a Idade Moderna (S. XVI-XVIII).

Os inicios desta nova etapa teñen que ver con dous grandes acontecementos: o nacemento do humanismo renacentista e a reforma protestante. 

Renacemento nace en Italia e caracterízase pola recuperación do pensamento da antigüidade greco-latina (Grecia e Roma). Poñíase fin ao  teocentrismo anterior (deus como centro de todas as cousas) e púñase ao home como  centro do pensamento (antropocentrismo), a isto chamouse humanismo.

Na difusión do humanismo foi transcendental a aparición da imprenta. Inventada por Gutenberg (1440), permitiu editar gran cantidade de libros.

Pola súa banda, a Reforma protestante  iniciouse en 1517, cando o monxe Martín Lutero revélase  contra a igrexa  pola súa corrupción. É entón cando publica as 95 teses contra as indulxencias  (venta de perdón). Este acontecemento suporá o fin da unidade do Cristianismo. 

ACTIVIDADES: 

Ler no libro os apartados 2 e 5 do tema e facer as actividade 4 da pax 191 e a 3 e 7 da 199. 

jueves, 23 de abril de 2020

2º BACH (ARTE) - O EXPRESIONISMO


O expresionismo foi un movemento cultural xurdido en Alemaña a principios do século XX, que se plasmou nun gran número de campos: artes plásticas, arquitectura, literatura, música, cinema, teatro, danza, fotografía, etc. A súa primeira manifestación foi no terreo da pintura, coincidindo no tempo coa aparición do fauvismo francés, feito que converteu a ambos os movementos artísticos nos primeiros expoñentes das chamadas vangardas históricas.

O termo expresionismo úsase para denominar aquelas obras de arte a través das cales  o artista  tenta expresar os seus sentimentos. Como en todos os movementos de vangarda,  os artistas expresionistas  rexeitan o pasado artístico inmediato e utilizan unha linguaxe formal nova, caracterizada, neste caso, por unha pintura figurativa pero antinaturalista,  agresiva nas liñas e cores, e dura nas formas. 

A primeira xeración impresionista ten o seu mellor representante no noruegués Eduard Munch (1863-1944), que para algúns autores é considerado o pai desta corrente. A súa pintura terá como tema recorrente a representación da soidade e da angustia do ser humano; os aspectos formais remarcarán a idea de dramatismo, na que prima a expresión subxectiva. Obras destacadas son O Berro, ou A danza da vida,  Caracterizadas formalmente por: 
-Debuxo case inexistente. 
-As formas constrúense con cores, irreais, fortes, ferintes e contrastadas de maneira violenta.
-Predominio das liñas curvas, que reflicten a axitación da natureza 

A partir de 1905 apareceron en Alemaña sendos grupos que impulsarán o desenvolvemeto do expresionismo. trátase de Die Brücke (A Ponte) fundado en dresde  por Ernst Ludwig Kirchner  e en Munich  Der Blaue Reiter (O Xinete azul) en torno a Wasily Kandinsky. 

O estoupido da Primeira Guerra Mundial,  truncou a carreira de moitos destes artistas. Na posguerra e Otto Dix ou Georg Grosz, entre outros. desenvolveron un expresionismop pesimista que se reflicte nos temas, nos que a indixencia de persoas marxinadas é a protagonista. 

No seguinte vídeo podes ver un vídeo que explica as principais características do facuvimo en menos de 5 minutos



miércoles, 22 de abril de 2020

2º BACH - MATISSE E O FAUVISMO


O fauvismo é considerado o primeiro movemento de vangarda do século XX. Xurde en torno a un grupo de pintores que expoñen as súas obras nos Salón de Outono de 1905 en París, onde a crítica os chama fauves (feras, en francés) pola intensidade coa que usan as cores. Non constitúen un grupo homoxéneo, nin comparten un ideario artístico preconcibido, pero en todos presentan unha serie de influencias dos pintores postimpresionistas (Van Gogh e Gaugin), dos simbolistas e da arte africana. A vida do grupo será efímera xa que partir de 1908 estes pintores continúan a súas traxectorias por separado. 
Entre os trazos comúns cabe destacar: 
 -O elemento fundamental é a cor, aplicada de maneira arbitraria e subxectiva, en tintas planas e con fortes contrastes, cun carácter fortemente antinaturalista. 
- En consecuencia rexeitan a paleta de tons naturalistas a favor das cores violentas para crear unha maior énfase expresiva.
- Empregan unha pincelada directa e vigorosa, con toques grosos, evitando mesturar as cores. - As figuras son reprentadas con formas elementais e están contornadas por liñas grosas.
- Renuncian á perspectiva clásica, ao claroscuro e ao modelado dos volumes. - Os seus temas son retratos, naturezas mortas, personaxes en interiores, paisaxes fermosas.
 
Os fauvistas desenvolven unha pintura figurativa pero antinatural, co que se evidencia a autonomía do cadro fronte á representación da realidade e o seu carácter creativo fronte ao imitativo nun momento no que medios como a fotografía  xa desenvolvían ese papel. 

O autores fauvistas máis destacados son André Derain, Maurice Vlaminck (As árbores vermellas)  e Henri Matisse, considerado o guía do grupo. Algunhas das súas primeiras obras como "A Alegría de vivir", "muller con sombreiro" ou "a raia verde" son conisderadas auténticas obras-manifesto da nova pintura ao reivindicar o uso subxectivo da cor, aplicado de maneira contrastada e en tintas planas, e o uso da liña para delimitar formas simples e planos de cor. Tras 1908, emprenderá unha traxectoria persoal coa que experimentará co principio da cor única (Gran Interior vermello), ou a simplificación das formas, e o uso da liña curva (a danza).

No seguinte vídeo podes ver un vídeo que explica as principais características do facuvimo en menos de 5 minutos


2º BACH (ARTE) - AS VANGARDAS DO S. XX


Partindo dos antecedentes de finais do século anterior (Van Gogh, Cezane, Gauguin, etc.), na primeira metade do século XX xorden novas propostas artísticas, que suporán unha ruptura radical coas premisas básicas da tradición artística occidental, non só na súa vertente temática senón tamén na súa linguaxe formal e na reflexión sobre o valor da propia obra de arte.

Os concuvulsos acontecemento desta época (primeira guerra mundial, revolución rusa, crack do 29, auxe dos fascismo, etc...)  marcarán  un ritmo  acelerado de cambios que vai paralelo a aparición  de novas propostas  artísticas, a miúdo de corta duración pero de gran forza innovadora.  Son as denominadas VANGARDAS que abrirán novas vías á creación artística. 

As Vangardas, a pesar das diferencias, compartirán un espírito de renovación que pasa por unha ruptura coa tradición artística do pasado, o rexeitamento aos valores establecidos polas elites socioculturais, e a concepción autónoma da obra da arte (o obxectivo das artes plásticas xa non é a representación da realidade). 

París será a gran capital cultural de priincipios de século e alí inícianse no ano 1905 as vangardas coa aparición do Fauvismo; ao mesmo tempo xurdirá en Alemaña o Expresionismo e tras eles, o Cubismo (1907), o Futurismo (1909) e, posteriormente, a Abstracción (1910), o Dadaísmo (1924) e o Surrealismo; estes movementos sucédense ás veces paralelos no tempo e no espazo, e escapan á traxectoria dalgúns grandes artistas  que participarán de varios deles sen renunciar á súa propia linguaxe artística. 

Será o tempo dos Picasso, Kandinsky, Munch, Matisse, Dali e compañía... 

No seguinte vídeo podes ver podes ver unha  breve explicación do espíritu rupturista destes movementos artísticos: 


martes, 21 de abril de 2020

2º ESO - ENQUISA POBOACIÓN



Unha enquisa consiste en aplicar un cuestionario a un grupo de persoas para poder obter información sobre un tema.

A información difúndese por medio dun reporte que consta de:
Introdución, que explica para que se fixo a enquisa.
Desenvolvemento, que representa os resultados mediante táboas e gráficas
Conclusións, que resume a información obtida.

Unha enquisa realízase facendo unha serie de preguntas. Estas poden ser:abertas ou pechadas, as preguntas abertas dan a liberdade de dar calquera resposta. As preguntas pechadas contéstanse a partir de varias opcións.
Os resultados dunha enquisa pódense presentar en táboas ou gráficas.
As Táboas axudan a organizar os datos solicitados, as gráficas permiten representar os datos numéricos mediante liñas ou superficies.

                                                     Táboa

Gáfica

Os cuestionarios compóñense de preguntas, que se escriben con signos de interrogación  ao final, nas preguntas úsanse os pronomes interrogativos que? quen? como? onde? cal? cando?

Para presentar as conclusións dunha enquisa, é necesario explicar, comparar e demostrar os datos obtidos. As palabras máis, menos, igual, algúns, outros, tan, que, como e as frases tanto como, mentres que, en cambio, menos que, igual que, máis que, maior que e menor que se usan en repórtelos de enquisas para expresar comparación.

As enquisas poden ser cara a cara, vía telefónica, por correo ou por Internet.

CAL VAI A SER O NOSO TRABALLO?
Imos a facer unha mini enquisa aos nos@s familiares para recabar datos sobre a Taxa de fecundidade e a Idade de maternidade, para ver como a idade de maternidade cada vez se retrasa máis e tamén ver como o número de fillos por parellas cada vez é menor.

Recoméndovos facer a enquisa aos vosos pais, avoas, tías etc. (obviamente via telefónica/correo electrónico). 

A enquisa ven con preguntas abertas, onde cada persoa responderá o que estime oportuno. Nos non imos a realizar nin gráficos nin táboas xa que para iso teríamos que facer moitísimas enquisas en con máis preguntas.
Debedes extraer e explicar as conclusión que sacades tras a realización das enquisas.

Douvos eu a plantilla neste link e dous exemplos de enquisa. Podedes descargala facendo click AQUÍ

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes día 28. . 

lunes, 20 de abril de 2020

2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA) LIBRO: LA LISTA NEGRA. LOS ESPÍAS NAZIS PROTEGIDOS POR FRANCO


O xornalista José María Irujo ven de publicar o  libro “La lista negra. Los espías nazis protegidos por Franco y la Iglesia” que fala da conexión e complicidade do franquismo con criminais de guerra nazis fuxidos tras a caida do III Reich. Moitos nazis foron considerados esenciais dende o punto de vista económico e disfrutaron dun exilio dourado na Espoaña franquista. Situación semellante ocurriu en Arxentina, Brasil ou EEUU onde foron claves na refundación da CIA, a carreira espacial e as políticas de control de masas. 
No seguinte podcast podes escoitar (a partir do minuto 13) ó autor falando do tema.  Podes escoitalo facendo click AQUÍ

2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA) - EXAMENES ABAU


Modelos exames ABAU da dictadura de Franco. 

Para descargar fai click en cada link: 

Composición nº 1

Composición nº 2

Composición nº 3

domingo, 19 de abril de 2020

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS: COMENTARIO DE TEXTO


"Os seguintes textos deben permitiorche facer unha composición histórica sobre o fascimo italiano na que debes tratar os seguintes aspectos: O xurdimento do fascismo italiano. A toma de poder. Eliminación da democracia, represión política e establecemento do estado Fascista. Poderes de Mussolini" 

TEXTO 1
"Dígovos con toda solemnidade: ou se nos entrega o Goberno ou o tomaremos marchando sobre Roma"
B. Mussolini. Discurso do 22 de outubro de 1922.

TEXTO 2
"O fascismo nega que o número, polo só feito de ser número poida dirixir as sociedades humanas, nega que este número poida gobernar grazas a unha consulta periódica. Afirma a desigualdade indeleble, fecunda e benfeitora dos homes, que non é posible nivelar grazas a un feito mecánico e exterior como o sufraxio universal. Pódese definir aos réximes democráticos como aqueles que dan ao pobo, de tempo en tempo, a ilusión da soberanía (...). O fascismo rexeita da democracia a absurda mestura convencional de igualdade política, o hábito da irresponsabilidade colectiva, o mito da felicidade e do progreso indefinido."
B. Mussolini."A doutrina do fascismo", 1923.

TEXTO 3
“El (Mussolini) é nomeado polo rei ante o cal é responsable da orientación da política xeral do goberno; é a encarnación suprema do poder executivo(...). Quenquera que atenche contra a vida, a integridade física ou a liberdade do xefe do goberno será merecedor dunha reclusión cuxa duración non será inferior a quince anos, e en caso dun atentado fatal, castigaráselle coa pena de morte. Quenquera que ofenda con actos ou palabras ao xefe do goberno será castigado cunha pena de reclusión de seis a trinta meses.”
Lei do 24 de decembro de 1925.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).

2º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA TEMÁTICO

Como xa sabedes, un mapa é a representación da superficie esférica da Terra sobre un plano, a tamaño reducido e de forma simplificada.

Os mapas son nunha ferramenta básica para o estudo xeográfico onde é moi habitual atoparnos con mapas temáticos, representacións dun fenómeno xeográfico concreto: climas da terra, a poboacón mundial, desenvolvemento urbano, etc...

Á hora de analizar un mapa temático debemos realizar os seguintes pasos:

A) Identificar o aspecto xeográfico que representa: Hai que ter en conta o título do mapa
B) Espazo xeográfico ao que se refire : debemos realizar unha localización espacial (se é preciso coas diferenciación de áreas e características de cada unha delas)/delas).
C) A forma de proporcionar a información: Fixarémonos na lenda e nos símbolos e/ou ou información que se recolle (poden aparecer de diferentes xeitos: puntos, liñas, cores, tramas, etc.)

A partir aquí habería que explicar a información que nos traslada, analizando os valores que nos proporcionan, as diferencias e relacións entre distintas zonas do mapa (establecendo agrupacións por comunidades, por puntos cardinales, interior-costa...), causas e consecuencias de dita situación, etc. 

No seguinte vídeo, podes ver unha breve explicación de tres minutos:


ACTIVIDADE:

Elabora unha comentario do mapa da distribución española (ano 2017) indicando:

A) Tipo de mapa
B) Localización (espazo xeográfico que abrangue o mapa)
C) Fenómeno xeográfico representado (explicación neste caso da densidade de poboación) D) Características da súa distribución: diferenzas entre áreas máis e menos poboadas, características de cada unha delas, posibles causas



DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).

1º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO

En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.

O obxectivo desta práctica é aprender a a lelos. A extraer información deles. A entender todo aquilo que poidan contarnos.

Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:

1.- Ler o título ou pé de ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa. 
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. mapa normalmente representará un espazo xeográfico maior que o verdadeiramente implicado, polo que teremos que centrarnos no afectado polos feitos ou fenómenos representados.

Hai que ter presente que un mapa pode ben representar feitos que suceden nun
momento determinado (ano, década, século) ou ben ao longo do tempo (anos, décadas,séculos).

O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezanrepresentadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.

En segundo lugar, O TEMPO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.

É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente.

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación de como analizar a información dun mapa histórico. 


Tendo en conta a explicación, a continuación imos a facer a ANÁLISE DO SEGUINTE MAPA HISTÓRICO:

Debes indicar os seguintes aspectos: 
A) Tema representado:
B) Espazo xeográfico que representa:
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Descripción da distribución xeográfica dos elementos descritos na lenda (podes ampliar o mapa facendo click sobre a imaxe)

E) Por último, revisa o libro ea entrada correspodente do blog (AQUÍ) e fai unha breve explicación do que foi o megalitismo.

Podes ver un exemplo de mapa comentario facendo click no seguinte LINK

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).